10 ene 2012

Resumo blogueiro mensual: decembro 2011

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Nicaragua
  • Blogue Honduras
  • Blogue materia de cooperación da UDC
  • Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
  • Outros canais ISFeros
  • Outros enlaces de interese
  • Novas publicacións en papel
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA


Este último mes de 2012 escomezaba co anuncio do inminente Curso de desenvolvemento rural, comercio xusto e soberanía alimentaria que ía celebrarse en Lugo (e que foi un éxito de público, con máis de 50 persoas). Tamén se colgou o posicionamento de ESF en tema de auga e saneamento, así como o enlace para poder ver os relatorios do curso de verán Un Mundo Desigual que houbo en setembro en Vigo (por se volos perdestes). Tamén están os enlaces ao podomatic esfeiro das entrevistas de radio que lles fixeron a Sabela, Marcos e Tomás respectivamente (un mes moi "mediático"). Houbo tempo para a reflexionar sobre se nos sentimos guerrilleiros, ou a autocensura no peche do Congreso Estatal de Voluntariado que foi en Coruña e alí estivemos... O punto informal foi a orixinal crónica do magosto de Compostela (que seguro que se convertirá nunha tradición!) e a benvida a Adela como nova coordinadora da sede de Compostela. E non nos esquezemos dos debates do mes (aínda abertos, podedes opinar nos comentarios!): seguridade e hixiene na agricultura ecolóxica, as TIC tamén poden ser verdes? e campañas e modelos de comunicar


BLOGUE NICARAGUA


Este mes non se rexistrou movemento neste blogue tras ter ido pechando as actividades neste país, se ben algunha que outra entradiña aínda se irá facendo antes de pechalo indefinidamente.



BLOGUE HONDURAS

En Honduras foi un mes de traballo forte para o peche de ano e logo con merecidas vacacións das entidades coas que traballamos. O blogue non rexistrou actividade xa sen os nosos PCR no terreo, pero pronto se retomará.



BLOGUE DA MATERIA DE COOPERACIÓN DA UDC


Continuou a inactividade neste blogue, co grupo recargando as pilas para o inicio do novo curso.



OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • Páxina de Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
  • DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo e participade!!
  • Slideshare ESF Galicia. Ven de cumprir un ano de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre temáticas de interese de ESF.
  • Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
  • Blogue de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que compartan información, experiencias, etc.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
  • Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
  • Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.


OUTROS CANAIS ISFEROS



OUTROS ENLACES DE INTERESE

Auga

Por un modelo público de agua

Comunicación para o (como) desenvolvemento

La escalera de la participación aplicada a proyectos en internet

Consumo responsable

Ethica, un juego de mesa para descubrir, conocer y aprender el impacto social y ambiental de las actividades bancarias, las inversiones y los negocios

Cooperación e ONGD

Unha cooperación cativa para os máis pobres

Educación para o desenvolvemento

Manual digital EpD
Curso Un Mundo Desigual de ESF na Universidade de Vigo en vídeo.
José Félix Lozano. "No se nace siendo ético: eso lo determina el entorno"
La sorprendente verdad sobre lo que motiva a tus alumnos

Iniciativas

Permacultura Louro

Investigación para o desenvolvemento 

DESTACADO. El estado de los recursos de tierras y aguas en el mundo. Informe FAO.
Fundación para las Relaciones Internacionales y el Diálogo Exterior (FRIDE)
Informe La Privatització de la guerra, Violència i Empreses militars de seguretat privades (inglés e catalán). Nova Innovación Social

Sensibilización

Peru Sasia | Director de Banca Etica Fiare «Hemos dado el paso de fusionar Fiare con la Banca Popolare de Italia en 2012»

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Proyecto de cooperación "nuevos horizontes" cultivando oportunidades

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Base social, redes sociales: ¿cómo lo haremos en 2012?
 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Manifiesto del Día Internacional del Voluntariado 2011
El voluntariado hoy: compromiso, participación y acción transformadora



NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podes solicitalas para préstamo).

  • El abastecimiento de agua a La Coruña. El papel del servicio de aguas en la construcción de la ciudad
  • Aguas de La Coruña 1903-2003. Cien años al servicio de la ciudad.
  • Golfo de Fonseca, a loita por un futuro sostible. Libro de fotografías. AGARESO, Amigos da Terra.
  • A propósito do 7º Obxectivo do Milenio. Arquitectos Sen Fronteiras. Con CD da curtametraxe "Pedra Papel".
  • Historia del movimeinto de lucha por la tierra del Pueblo de mam de Cajolá, Guatemala. Arquitectos Sen Fronteiras.
  • ABC del agua y su situación en Nicaragua. Enacal.
  • Falta Aigua o sobra mineria? Implicacions de la Raw Materials Initiative de la Unió Europea a Amèrica Llatina. En catalán. ESF Catalunya.
  • Risc Energètic. El Juego de la compraventa de petróleo y su consumo mundial. En catalán. ESF Catalunya.

Volver


E NO PRÓXIMO MES ...


2012, Ano Internacional da Enerxía Sustentable para Todos
2012, Ano Internacional das Cooperativas

Para máis info sobre cursos e eventos consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD



A ESF-RASE DO MES

Por enriba de todas as fronteiras, por enriba dos muros e valados, se os nosos soños son iguais, coma un irmán che falo.
Celso Emilio Ferreiro

No hay comentarios: