12 feb 2012

Resumo blogueiro mensual: xaneiro 2012

CONTIDOS


  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Nicaragua
  • Blogue Honduras
  • Blogue materia de cooperación da UDC
  • Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
  • Outros canais ISFeros
  • Outros enlaces de interese
  • Novas publicacións en papel
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA


Neste primeiro mes de xaneiro do 2012 abriuse o prazo de matrícula para o curso online de Introducción aos sistemas de información xeográfica (SIX) para a cooperación ao desenvolvemento.

Podes tamén atopar unha crónica das
Conversacións con Arcadi Oliveres en Compostela, economista coñecido tamén como activista pola paz e a xustiza social. Moi interesante tamén a entrada Reflexionando sobre as capacitacións en equidade de xénero, sobre o traballo que estamos levando a cabo nas capacitacións en equidade de xénero en Centroamérica

O pasado 23 de decembro celebrouse en Cacheiras (Teo) un encontro entre a Selección galega de fútbol e
a R.A.S.D. (República Árabe Saharaui Democrática), a crónica do cal tamén se incluiu no blogue en ESF no Galiza - RASD.

Despois dun tempo con pouca actividade na sede de Ourense, realizouse unha charla de Faltas Ti, na que Anxo explicou a súa experiencia PCR en Nicaragua o cal podemos ver na entrada de prometedor título:
Arrancando en Ourense.

En relación ós obradoiros para a elaboración da nova Planificación Estratéxica na pasada Xuntanza de novembro de 2011 dicir que estas tiveron 2 partes diferenciadas, unha primeira de intercambio de experiencias e outra de reflexión sobre o que estamos realizando nas tres grandes áreas de traballo: educación, sensibilización e proxectos internacionais, o cal podemos ver nas seguintes entradas: Obradoiro Xuntanza Novembro 2011: Intercambiando experiencias (I) e Intercambiando experiencias (II). Na segunda parte dos obradoiros da Xuntanza, promoveuse a reflexión sobre o que decimos que facemos e o que realmente estamos facendo: Reflexionando sobre a Educación.

Tamén podedes ver o
resumo de decembro e novembro dos temas que se tratan na lista de correo da Xunta Directiva (XD).



BLOGUE NICARAGUA


Este mes non se rexistrou movemento neste blogue tras ter ido pechando as actividades neste país, se ben algunha que outra entradiña aínda se irá facendo antes de pechalo indefinidamente.



BLOGUE HONDURAS

Neste mes de xaneiro pódese acceder ao interesante informe de avaliación final do proxecto de soberanía alimentaria na microcunca do Río Laure, finalizado en novembro de 2012. Ahí se pode coñecer todo o que se realizaou no proxecto dende o comezo a mediados de 2011, xunto co socio local CODDEFFAGOLF e tamén os nosos socios Amigos da Terra e Cartolab, así como as leccións aprendidas e propostas de melloras para o futuro (que as houbo, e moitas).


BLOGUE DA MATERIA DE COOPERACIÓN DA UDC

Continuou a inactividade neste blogue, co grupo recargando as pilas para o inicio do novo curso, que comeza xa en febreiro e pronto se poderá ver o programa.


OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • Páxina de Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Xa somos 500!
  • DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo e participade!! Xa pasamos dos 300!
  • Slideshare ESF Galicia. Ven de cumprir un ano de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre temáticas de interese de ESF.
  • Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
  • Blogue de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que compartan información, experiencias, etc.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
  • Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
  • Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.



OUTROS CANAIS ISFEROS


Volver

OUTROS ENLACES DE INTERESE

Auga

Saneamiento, ¿tan difícil es?

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Qué es la ley SOPA, cómo va a cambiar Internet y por qué no nos mola
20 Buenas Prácticas para la página de Facebook de tu ONG
Algunos obstáculos hacia la incorporación de las TIC en las ONL

Consumo responsable

Especial 2011 "LA ECONOMÍA DE LA SONRISA"
300 Anos de COMBUSTÍVEIS FÓSSEIS em 300 Segundos. Vídeo [Inglés sub Portugués] 5min 38seg
Consumo colaborativo: ¿Cuántas cosas poseemos?

Cooperación e ONGD

El antidiccionario de las ONGD
David Sogge: “La Ayuda Oficial al Desarrollo es uno de los principales vehículos de transmisión de la ideología neoliberal”
Quiero ser cooperante: ¿Por dónde empiezo?


Educación para o desenvolvemento

Como criar um POVO IDIOTA. Curtametraxe (en portugués). 9min 56seg
Celso Emilio Ferreiro, la voz de la Galicia beligerante

Iniciativas

Soy pública (defendiendo la educación pública)

Investigación para o desenvolvemento 

Informe IGADI WW 2012: We in the World-  Nós no Mundo "Un modelo de acción exterior crible para encarar á crise". IGADI


Mundo

El Sahara Occidental una vergüenza española

Políticas e modelos de desenvolvemento

La cooperación internacional española (AECID): ¿instrumento para beneficios de los pobres o ganancias de los ricos?
Decrecimiento justo o barbarie
DESTACADO Apostar por el desarrollo no sólo es lo más justo, sino también lo más inteligente

Sensibilización

Cifras de la campaña de Objeción Fiscal al Gasto Militar 2011 en el estado español
Las claves del nuevo activismo social
Las dos caras de las empresas pesqueras (galegas)

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Soberanía alimentaria, una perspectiva feminista
Informe El Gran Robo de la Leche. GRAIN.
DESTACADO. Hay que transformar el carro de la compra en un carro de combate. Entrevista
Redefinir la soberanía alimentaria

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Caso GoDaddy: 5 claves para conseguir el boicot perfecto
Sobre brecha digital, Internet, Cuba y la banda ancha
Mapa interactivo: las naciones unidas de la vigilancia (en inglés).


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

DESTACADO. O desafío de ser voluntario. Debate no programa Falámolo TVG coa participación de ESF. 31min



NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podes solicitalas para préstamo).

  • Decálogo para a transversalización do xénero nos proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Comisión de Xénero CGONGD.
  • DT 2. Unha cooperación cativa para os máis pobres. CGONGD.
  • 15 anos de andaina, a rede solidaria do municipalismo galego. FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE


E NO PRÓXIMO MES ...


Aberta matrícula de cursos online da Federación ISF, con descontos para socios e colaboradores de ESF: soberanía alimentaria e sistemas de información xeográfica e cooperación

Para estar ao tanto das actividades de ESF podes consultar o novo calendario na páxina web. Para máis info sobre cursos e eventos consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD





A ESF-RASE DO MES


Se hai camiños os seguiremos, se non os hai nolos inventaremos.
Amilcar Barca

No hay comentarios: