21 abr. 2012

Ciclo de Cine "Realidades sen ficción" (I)

Vaian pasando señoras e señores!

Vaian pasando!
Entren a saborear o noso menú cinematográfico
Que se alce a lanterna máxica!
Imaxe e son! A ilusión da vida!
Un pracer para os sentidos
da vista, oído e gusto!
Para degustación do público presente
e en primicia neste recuncho do mundo!
Veñan a saborear as caldeiradas de poder.
O caldo dos recursos a esgalla!
Os cachelos soberanos enmudecidos en salsa verde
A auga colorada e olorosa.
Natureza ao espeto!
Parrillada de empresas, grandes e moi grandes!
Nas vosas pantallas
o mundo recollido nun prato único!
Prezos populares!
Só para estómagos de pedra.

(Alicia Fariña, adaptado do libro "Patas arriba" de Eduardo Galeano)

No hay comentarios: