19 abr 2012

Sede de Vigo... nova etapa, novas ilusións

Tras un tempo de pouca actividade, a sede de Vigo comezou hai pouco máis de dous anos unha andaina sen retorno. Os primeiros pasos foron máis ben tambaleantes pero pouco a pouco foron cambiando as tornas ata converterse en firmes e decididos. Atrás quedan os bós e duros momentos marcados polas Xornadas de Enerxía e Desenvolvemento Humano ou a campaña Apaga o Candil. Lonxe quedan tamén aquelas primeiras reunións nas que non sabiamos que facer. Pasou tamén unha nova edición do curso Un mundo desigual e incluso o PCR sobre Enerxías de Eric! Cantas cousas!!

Máis recentemente, xa máis organizados pero coas mesmas forza, vemos de deixar lista a nova edición de Un mundo desigual 2012 (xa aprobada pola Universidade), que virá cargada de novidades como un novo horario ou novos poñentes e charlas como ás relativas á industria armamentística, sobre enerxías a cargo de Pedro Gómez ou a análise da situación actual por conta de Arcadi Oliveres.

A auga, dereito fundamental das persoas, terá tamén cabida proximamente. A campaña de sensibilización sobre o acceso á mesma, nos países ricos como nos empobrecidos, así como cuestións tranversais como xénero, educación e impacto medioambiental serán tratadas.

A cabra tira ao monte! Así que tendo en conta que unha parte das persoas voluntarias da sede estudamos Teleco, está na nosa mente realizar actividades no campo TIC (tecnoloxía da información e comunicación). Ademáis das xa tradicionais charlas de software libre, plantéxase a organización dun taller sobre hardware libre, empregando Arduino como plataforma base. Ademáis, nesta sociedade tan extremadamente tecnificada (e/ou tecnoviciada) na que vivimos non nos podiamos esquecer do impacto do masivo uso das últimas tecnoloxías, como teléfonos, no medio ambiente e no desenvolvemento humano. Por este motivo, realizaremos unha campaña de sensibilización que profundice neste interesante tema.

Por último, froito da colaboración iniciada coa Delegación de Alumnos de Teleco, plantéxanse novas actividades como unha limoada solidaria, facendo fincapé na importancia do consumo de productos de tempada e locais ou a organización de charlas na escola.

Pero todo isto non sería posible sen a colaboración de todas as persoas voluntarias da sede, da "piña de Vigo". Froito deste proceso de madurez na sede, acabamos de acordar unha nova estructura repartindo ás responsabilidades, para que todos nos sintamos a gusto pero sen agobios. Aí van:
  • Coordinador de sede: Ton Ríos (para os vellos do lugar: si, líchedes ben). A súa misión é organizar reunións de sede unha vez ao mes. Por defecto serán o mércores máis próximo ao día 15, pero días antes acordarase entre todas a data máis axeitada. Nestas reunións reservaranse uns minutiños para tratar un tema en boga nesa data a nivel de ESF Galicia, resolveranse ás dúbidas sobre o estado de cada unha das actividades e se fará unha formación aberta.
  • Responsable de comunicación: Antonio Martínez. Responsable da publicación no blogue dalgunha nova sobre Vigo alomenos unha vez ao mes. No caso de existir algunha actividade en marchar será o encargado de lembrar aos participantes na mesma a importancia da súa difusión.
  • Responsable de voluntariado: Andrés Estévez. Labores de presentación de ESF a novas persoas interesadas, seguimento e formación.
  • Responsable Auga: Rubén Suárez. Tirar do carro da campaña de sensibilización de auga.
  • Responsables Un mundo desigual: Cristina López/Andrés Estévez. Tirar do carro do curso "Un mundo desigual"
  • Responsable TIC: Jorge Muñoz. Lanzar a línea de traballo en TIC

Ademáis, Adrian Castro, novo Vicepresidente da Asociación e Daniel Vila, membro do GSI (grupo sistemas e información) de ESF.

Afastados desta "puestitis" o resto do equipo, da piña, a conforman Mau, María, Antón, Santi, Iria, Emmanuel e todas aquelas e aqueles que compartíchedes momentos con nós!

E ti, non te apuntas?

7 comentarios:

Bea dijo...

Cuantos recuerdos me trae esto!
Me alegro mucho que siga la actividad en Vigo con nuevos proyectos e ilusión! Y que traigais a Arcadi Oliveres!
Mucha suerte con esta nueva etapa!

adri c dijo...

Dónde está el botón de "me gusta"?

El panorama pinta bastante bien. Mucho ánimo a toda la sede, tanto a los afectados de "puestitis" como a los que no que la sede somos tod@s.

Sandra dijo...

NORABOA!!
Por esta nova etapa e pola piña que trasmitides e ser !!
Moitos ánimos e que sigades con esta ilusión!!
Biquiños.

Dani Vila dijo...

Que ben quedou a entrada! Vamos, que estamos en marcha!

Sabela dijo...

Qué guay lo de TIC y lo de sabia nueva y experimentada junta ;) Se siente el entusiamo, a seguir así!!

Roberto Roget Antelo dijo...

Que sede máis riquiña... Saúdos ao 'xalleiro'! ;D

Lara dijo...

me uno a Bea sobre los buenos recuerdos que me habeis trasmitido... mucho ánimo, que aprendais un montón y disfruteis más!