11 abr 2012

Programa Xuntanza 14-15 de Abril

Dúas veces ao ano ESF Galicia celebra a Xuntanza, este é o lugar de encontro de todo o voluntariado e as socias e socios de ESF Galicia. Este 14-15 de abril será en Vigo, en Gondomar no Albergue Nornas Hostel (Barrio de la Iglesia, n15) e teremos talleres de formación e outras actividades super chulas para tod@s! Aqui vai o programa:

Venres 13
Quen non queira madrugar o sábado xa pode ir o venres para vertebrar e/ou durmir en Vigo. Ademais haberá unha reunión dos responsables de voluntariado das distintas sedes de ESF Galicia a que está todo o mundo invitado, o punto de encontro é a estación de tren as 20 horas!

Sábado 14
Comenza a Xuntanza propiamente dita..

  • 10:00-14:00 Formación en traballo en equipa.
A través de distintas dinámicas e xogos a empresa especializada en formación Qcoach intentará que reflexionemos cómo se debe traballar en grupo. Se o tempo acompaña farase ao aire libre.

  • 16:30-21:00 Asamblea Xeral de Socias/os
A Asamblea tamén está aberta a todas as persoas voluntarias de ESF Galicia, onde terán voz (aínda que non voto) e sobretodo é unha forma excepcional de ver como funciona a asociación. Os puntos da orde do día son:

0. Modificacións e aprobación da orde do día
1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Acta anterior
2. Resumos de vogalías e grupos de traballo
2.1 Vogalía de programas internacionais de cooperación ao desenvolvemento
2.2 Vogalía de educación para o desenvolvemento
2.3 Vogalía de voluntariado
2.4 Vogalía de sistemas de información e comunicación
2.5 Vogalía de planificación estratéxica
2.6 Situación económica e financeira da asociación

######## Descanso ########

3. Modificacións na Xunta Directiva
3.1 Modificacións na estrutura da Xunta Directiva
3.2 Presentación do grupo candidato e as súas liñas de traballo
3.3 Aprobación da nova Xunta Directiva de ESF Galicia
4. Ratificación de acordos adoptados pola Xunta Directiva e Votacións
5. Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras
5.1 Resumo da última asemblea federal
5.2 Resumo do Foro Alternativo Mundial da Auga (FAME)
5.3 Plan de traballo e participación de ESF Galicia
6. Plano Estratéxico de ESF Galicia
6.1.Estado actual e plan de traballo
7. Rogos e preguntas


  • 22:00-... Cea e vertebración

Domigo 15
  • 10:30-14:00 Obradoiro sobre Planificación Estratéxica
Posta ao día do estado da Planificación estratéxica de ESF Galicia e realización de obradoiro baseado no traballo en grupos da asociación nas anteriores semanas.
Fundamental a participación da base social de ESF para poder definir cara onde queremos ir nos vindeiros anos.


Simplemente engadir que é unha oportunidade excepcional para que as novas persoas voluntarias conozan cómo funciona ESF e recordar que a vosa participación activa na mesma, leves o tempo que leves é básica para decidir entre tod@s que camiño queremos seguir como asociación! =) Aproveita estes espacios comúns de debate, de coñecernos uns aos outros, de pensar, de compartir... e, en definitiva, de cambiar o mundo, empezando polo cambio persoal!

Asique animádevos a participar! o tempo que poidas, unha maña, unha tarde, unha vertebración.. para apuntarte enche a seguinte enquisa, para que os compañeiros da sede de Vigo poidan organizar a loxística (aloxamento, transporte e comidas)

https://docs.google.com/spreadsheet/viewform?formkey=dGxXMkpPMzdHS19qdjhSUHhBMk82aFE6MQ


Intentade empregar o transporte público ou compartir coches nos vosos desprazamentos!!

No hay comentarios: