O vindeiro
19 de outubro, venres, de 17 a 21 no aula de proxectos da ETSE, Campus Sur de Compostela, celebrarase o obradoiro de peche da planificación estratéxica 2013-2016.
É fundamental que acuda a máxima xente da base social de ESF Galicia (persoas voluntarias, socias..) dado que neste obradoiro decidirase a visión (cómo nos vemos e en que esperamos que se convirta a asociación dentro duns aniños
) así como, presentaranse as liñas estratéxicas nas que traballaron os distintos grupos de ESF. É dicir, veremos en que imos traballar e cómo. Xunto cas liñas estratéxicas veranse os resultados, actividades asi como indicadores e fontes de verificación, todo isto vai condicionar a forma de traballar (en qué, cándo, cómo) dos vindeiros anos polo que é moi moi importante que estea consensuado por toda a asociación!!!
Aqui deixamos o programa:
- 17:00-17:45. Visión. 45 min.
Dinámica sobre a visión da organización (aconsellable ter visto MATRIX ;DDDD).
Presentación dos resultados da enquisa personal.
Peche da visión.
- 17:45-18:45. Comunicación. 1 hora
O grupo de comunicación co apoio de expertas en comunicación para o
desenvolvemento nos contarán brevemente as bases filosóficas da
comunicación para o desenvolvemento, de cara a desenvolver liñamentos
específicos para ESF Galicia de aquí a decembro.
- 18:45-19:00. Descanso. 15 min.
- 19:00-21:00. Liñas estratéxicas.
Presentarase de xeito áxil as liñas estratéxicas e resultados enviadas
polos distintos grupos, comentando as dúbidas que poidan traer as
persoas participantes no obradoiro (non dará tempo a leer as liñas,
resultados, indicadores e actividades, senón que as dúbidas terán que
traerse preferiblemente tras ler o documento de consolidación das
liñas previamente enviado).
Estamos na recta final e necesitamos estar tdxs para completar este proceso!!!
2 comentarios:
O obradoiro de comunicación vai ser importante para toda a asociación porque nas liñas estratéxicas do grupo de comunicación se fala de transversalizar moitas resonsabilidades comunicativas. Trátase polo tanto dunha aposta que nos implica a todas as persoas voluntarias, polo que é importante que traballemos conxuntamente sobre a proposta xa que, pode ser que non esteamos de acordo en facelo así! Intentaremos vestir o debate cun traxe dunha hora!!!!
Ahhhh que buena pinta! Que rabia no poder estar =( Besitos desde Dresden ;)
Publicar un comentario