8 oct 2012

Obradoiro Peche Planificación Estratéxica

O vindeiro 19 de outubro, venres,  de 17 a 21 no aula de proxectos da ETSE, Campus Sur de Compostela, celebrarase o obradoiro de peche da planificación estratéxica 2013-2016.

 É fundamental que acuda a máxima xente da base social de ESF Galicia (persoas voluntarias, socias..) dado que neste obradoiro decidirase a visión (cómo nos vemos e en que esperamos que se convirta a asociación dentro duns aniños ) así como, presentaranse as liñas estratéxicas nas que traballaron os distintos grupos de ESF. É dicir, veremos en que imos traballar e cómo. Xunto cas liñas estratéxicas veranse os resultados, actividades asi como indicadores e fontes de verificación, todo isto vai condicionar a  forma de traballar (en qué, cándo, cómo) dos vindeiros anos polo que é moi moi importante que estea consensuado por toda a asociación!!!

Aqui deixamos o programa:


- 17:00-17:45. Visión. 45 min.

Dinámica sobre a visión da organización (aconsellable ter visto MATRIX ;DDDD).
Presentación dos resultados da enquisa personal.
Peche da visión.

- 17:45-18:45. Comunicación. 1 hora

O grupo de comunicación co apoio de expertas en comunicación para o desenvolvemento nos contarán brevemente as bases filosóficas da comunicación para o desenvolvemento, de cara a desenvolver liñamentos específicos para ESF Galicia de aquí a decembro.

- 18:45-19:00. Descanso. 15 min.

- 19:00-21:00. Liñas estratéxicas.

Presentarase de xeito áxil as liñas estratéxicas e resultados enviadas polos distintos grupos, comentando as dúbidas que poidan traer as persoas participantes no obradoiro (non dará tempo a leer as liñas, resultados, indicadores e actividades, senón que as dúbidas terán que traerse preferiblemente tras ler o documento de consolidación das liñas previamente enviado).

Estamos na recta final e necesitamos estar tdxs para completar este proceso!!!

2 comentarios:

alicia dijo...

O obradoiro de comunicación vai ser importante para toda a asociación porque nas liñas estratéxicas do grupo de comunicación se fala de transversalizar moitas resonsabilidades comunicativas. Trátase polo tanto dunha aposta que nos implica a todas as persoas voluntarias, polo que é importante que traballemos conxuntamente sobre a proposta xa que, pode ser que non esteamos de acordo en facelo así! Intentaremos vestir o debate cun traxe dunha hora!!!!

Anónimo dijo...

Ahhhh que buena pinta! Que rabia no poder estar =( Besitos desde Dresden ;)