O Foro Internacional da Auga xurde coa vontade de ser un espazo de encontro no que se debata e reflexione sobre as distintas vertentes que engloban ao dereito humano á auga.
Para isto convidamos a catro integrantes dos socios locais cos que temos traballado no pasado e traballamos actualmente.
La Cuculmeca foi socio local entre o 2008 e o 2010, a través dos proxectos de boas prácticas agrarias, en comunidades rurais de Jinotega, Nicaragua.
Aracely Herrera, integrante desta asociación, viaxou ata Galicia para compartir a súa experiencia na cooperación ó desenvolvemento. A súa mensaxe, nun minuto:
ACUA, o Asociación Comunitaria Unida pola Auga e a Agricultura, é unha organización que traballa cun enfoque integral para mellorar a xestión do recurso hídrico e a agricultura sustentable en El Salvador.
Oscar Ortiz, responsable de Auga e Saneamento desta asociación, fálanos da lexislación das augas neste país. A súa mensaxe nun minuto:
1 comentario:
Una de las cosas que más me gustó del FIA es haberle podido poner cara a las copartes y poder aprender con ellas! Gracias por recogerlo en estas entradas! :) Fue una bonita e interesante visita :)
Publicar un comentario