Se Enxeñería Sen Fronteiras nos definimos como unha asociación independente sen ánimo de lucro baseada no voluntariado, que busca construír unha sociedade mundial xusta e solidaria mediante a Cooperación para o Desenvolvemento e poñendo a Tecnoloxía ao servizo do Desenvolvemento Humano, a tecnoloxía, é un concepto clave. Pero entendida nun senso amplo e fuxindo dos seus usos máis frecuentes asociado a aparatos, maquinaria ou a novas tecnoloxías. E, asimilándoa a un conxunto de coñecementos, unha forma de pensar, de solucionar as dificultades que se nos presentan.
Tendo en conta que a tecnoloxía está presente en cualquera actividade humana hoxe en día, é un dos medios para contribuir ao seu desenvolvemento, pero dun xeito sostible e proporcionando novas capacidades. De aí xurde o plantexamento destes obradoiros para estimular o pensamento crítico e concienciar sobre a problemática dos residuos, a reciclaxe e o emprego doutro tipo de enerxías. Así, a través dunha metodoloxía participativa e co emprego dunha serie de técnicas e ferramentas prácticas preténdese a implicación tanto a nivel personal como colectiva das persoas participantes e xerar maior conciencia acerca da importancia das nosas accións e os impactos que estas xeran.

No primeiro obradoiro levarase a cabo a construcción de fornos solares caseiros empregando como material base, entre outros, simples caixas de cartón. No segundo explicarase a posibilidade de empregar aceite usado doméstico como biodiesel, mesturándoo con combustible convencional para conseguir non só un importante aforro económico senon unha diminución do seu impacto ambiental. E xa por último, levarase a cabo un obradoiro de cosméticos a través do emprego e reciclaxe de productos naturais.
As actividades están a abertas a todo o público en xeral.
Obradoiros prácticos de Tecnoloxia Apropiada
1º Obradoiro: como realizar un forno solar caseiro.
Mercores 27 de febreiro
19 horas
Aula de proxectos, ETSE (Campus Vida)
Santiago de Compostela
(O material necesario será proporcionado no mesmo obradoiro)
3 comentarios:
que buena pinta!:)!
genial!
ten boa pinta!!!
vénme un pouco cedo...pero publico para difundir e cando quede libre chamo a ver se ainda andades por aí!
;)
Publicar un comentario