Para ESF Galicia, era importante explorar esta ferramenta de denuncia moi baseada na experimentación en primeira persoa de problemáticas (neste caso concretamente en xénero e auga, nas que ESF quere profundizar) de cara a coñecer moitas das barreiras existentes para a resolución (relacionadas con cultura e relacións de poder). Deste xeito, se podería chegar a empregar de forma habitual nas campañas de ESF Galicia, se se consigue un grupiño de xente con certos coñecementos e motivado para empregalo, mesmo cunha pequena obra sobre temas de auga e xénero.
As primeiras sesións foron de "coñecemento teatral" do grupo...
...e algúns exercicios e xogos para irse soltando (este libro é un clásico xa para este tipo de teatro, "Xogos para actores e non actores", de Augusto Boal)
Ao final saíron un par de mini obras que seguiremos pulindo e
algunhas poesías, aquí abaixo vedes algunha delas collida ao chou, eran
todas chulísimas!!!
Se creou moi bo rollo no grupo, aquí están as participantes na "segunda tanda", en abril. A que son teatreiros??
ALGUNHAS VALORACIÓNS DE PARTICIPANTES
Que foi para ti o mellor do taller?
Sen
dúbida o contacto humano. Salvar a fría distancia entre os emisores
e receptores, que se pode atopar noutras actividades, ainda sendo de
traballo comunitario. Sentinme en todo momento [...] arroupado e mimado polo resto de participantes, sin
tensións de ningunha clase, e aberto á creatividade.
Que botaches en falta?
Que
non durase toda a semana :D
Botei
en falta máis do que se fixo ó final, sobre o traballo na proxección
de futuro de establecerse coma ferramenta. Pero quizáis non polo
modo de realización do propio curso, senon pola falta de enmarcalo
nunha planificación máis grande, a participación de máis
integrantes de ESF. De seguro que vai continuar e se pode atopar no
futuro esa profundización temática, para rematar constituindo a
obra
Ao final, quedounos un regaliño ben chulo na pizarra do local de A Coruña
Esperamos incorporar esta ferramenta as nosas campañas, xa que xenera un auténtico torrente de empatía coas persoas oprimidas do tipo que sea, sendo un dos xeitos máis potentes de sensibilización, para logo (ou mentres) pasar á acción. Cando sentes o que senten se entende mellor para denunciar máis forte (velaquí un exemplo)
No hay comentarios:
Publicar un comentario