30 sept 2013

Curso de Voluntariado USC finiquitado

    Esta fin de semana, o sábado pola tarde, no salón de actos da facultade de matemáticas, estabase producindo unha axitación no pensamento duns 80 estudantes da USC. E ''axitación'' ou ''cambio'' en grego dise ''crise'', de aí o nome de pensamento crítico, o pensamento que cambia as cousas, ou a súa maneira de representalas. Polo menos, iso foi o que lles dixen eu. Se se produxo pensamento crítico ou non, non o podemos saber a ciencia certa, pero se facemos un repaso polas estatísticas, eu creo que podemos quedar satisfeitos:

  • Estudantes conformes coa educación bancaria: 1.
  • Voluntarios de ESF griposos: 2.
  • Candidatos a meterse no voluntariado de ESF Santiago: 3
  • Persoas coa boca aberta escoitando o relato do PCR de Yolanda: Ao redor de 80, aínda que as autoridades elevan a cifra a varios centos de miles.
     Todo un éxito. A charla de Educación para o Desenvolvemento dada por Belén, Yolanda e un servidor (Miguel) tivo o seu impacto nos estudantes. Para iso, foi necesario preparar unha boa presentación con Prezi (Presentación EpD 2013), pero tamén foi necesaria unha enorme apertura para escoitar as intervencións dos estudantes. Este ano non podemos dicir nin de lonxe que non foran participativos. Ao principio de todo, puxémoslles o vídeo ''O perigo dunha soa historia'' (ver aquí: El peligro de una sola historia), e pola metade, deixou de funcionar ben. Pois ben, xa nese momento lles animamos a compartir os seus pensamentos, e xa se produciu un verdaeiro intercambio. O noso propio guión viuse rapidamente modificado pola espontaneidade do público.


 

    O punto máis álxido das intervencións acadouse na discusión entre a educación bancaria e a transformadora. Os estudantes reflexionaban sobre cómo estes conceptos podían aplicarse a educación universitaria que recibían (a meirande parte opinaba que era de carácter bancario). Tamén surxiu unha interesante discusión tratando de discernir se era adecuada unha comunicación totalmente horizontal entre profesor e alumno ou se mais ben era útil que o profesor conservara parte da autoridade, tal como di José Antonio Marina.




  Pero houbo máis que discusión nesta charla. Durante o descanso, varios dos asistentes acercáronse a nós con interese polas nosas actividades como voluntarios en ESF. Mantivemos breves e agradables conversacións con eles, e despois, volvimos á carga.

    A última parte da charla ocupouna Yolanda contándonos a súa experiencia en Honduras no Programa de Coñecemento da Realidade. Como ela mesma dixo, aínda non acaba de aterrizar, e todavía estaba comenzando a darse conta do impactante que lle resultou a experiencia, i esa sensación foi a que nos transmitiu cando falou. Estaba tan metida no que dicía que todo o mundo a atendía sen parpadear; ela contaba como ir aló rompíache os esquemas; como para comprender á xente de alí facía falta una empatía brutal, pero sobre todo como era moi difícil aprender a respetar profundamente o que alí atopabas. O público a escoitaba, sumido no seu relato, ao igual que Belén e máis eu.

    Finalmente, os estudantes nos dedicaron un forte aplauso. Eu creo que podemos estar satisfeitos. O noso obxetivo era darnos a coñecer, contar o que facemos, espertar un pouco ás conciencias críticas e, xa pensando nun efecto máis directo, animar a novos voluntarios. Creo que podemos dar estes obxetivos por cumplidos. No grupo de Educación para o Desenvolvemento de Santiago, esperamos volver a ter oportunidades similares pronto. Mentres tanto, seguiremos falando do mundo nalgunha cervexería do casco vello, maquinando ideas para as futuras presentacións.

  

5 comentarios:

Patricia Iglesias dijo...

jo...lendo a cronica queda ca pena de non haber asistido a charla. Sodes grandes!!

Patricia Iglesias dijo...

jo...lendo a cronica queda ca pena de non haber asistido a charla. Sodes grandes!!

Sergio dijo...

Xenial!!!! 80 persoas que reflexionaron e debateron sobre educación... (que na miña opinión na universidade é totalmente bancaria polo sistema, por máis que algún dxs docentes intente facer as clases doutro xeito...). Agora toca a reflexión interna en ESF sobre como queremos seguir traballando este tema!!

tomás dijo...

noraboa compays!!!

maría dijo...

Encantoume!!!!
Esto ademáis incrementa a nostalxia destes días...
É incríble, pero ESF cambia a vida das persoas!!