15 dic 2013

Cósmica Madrid 2013

Os pasados días 1, 2 e 3 de novembro tivo lugar a Cósmica 2013 en Madrid na que se celebrou a terceira asamblea federal do 2013. Desta nada menos que 10 persoas voluntarias de ESF Galicia (tanto primeirizos coma repetidores) acudiron en representación do sector galaico da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras.

Un dos puntos mais falados desta convocatoria xa se comentaba polas listas semanas antes do evento, cando, con non moito marxe, houbo que reorganizar a fin de semana tras saber que non se ia poder celebrar en Sevilla como quedara fixado na anterior Cósmica 2012 en Barcelona. Decídese realizala en Madrid por motivos xeográficos e cabe destacar o bo traballo de organización que realizaron os nosos compañeiros e compañeiras de ISF Madrid tendo en conta o número de persoas que hai que xestionar para unha Cósmica sen ter excesivo tempo para elo. A pesares disto a organización foi excelente e todo transcuriu según o planeado.

A crónica comeza con dous coches poñendo rumbo á capital con 9 ocupantes en total un vernes de mañá, a 10ª persoa uníase ó grupo unha vez chegados ó albergue onde ian ter lugar os talleres e actividades.


 
Programa da fin de semana

Un dos temas que se pronosticaban mais peliagudos era a presentación do plan federal de comunicación, que pretende aunar os métodos e vías de comunicación empregadas polas ISFs. Este plan levaba anos de traballo, con pouco avance e interés por parte das asociacións, pero si con un sentimento de que debería existir unhas pautas comunes de comunicación nas asociacións se estamos a transmitir a mesma mensaxe. O tema debatiuse nas semanas previas a través das listas de correo, sendo a postura de ESF Galicia contraria a varios puntos do plan considerando que afectava directamente á nosa maneira de comunicar e incluso á nosa filosofía do voluntariado. Unha das cousas quemais nos afectaban era a creación dun perfil de Facebook e unha conta de Twitter comunes a tódalas ISF, eliminando as contas das ISF, e a creación da figura don "comunity manager" encargado de xestionar esas contas, posicionamento moi contrario á actitude de ESF galicia na que se pretende que a comunicación sexa un elemnto transversal e que sexa o propio voluntariado o encargado de xerar e divulgar material a través das redes sociais (facebook, Twitter e blogues).

Taller de comunicación
Previo á asablea realizouse un taller de comunicación co fin de axilizar o debate no tema na asamblea, onde se puxeron en común os contrapuntos e as propostas debatidas nas listas de correo. Antes de continuar quería recalcar os meus parabens ó grupo de comunicación federal e os dinamizadores do taller do comunicación por como conseguiron, a apartir dun tema que xa estaba desgastado e que se pensaba que ía ser moi discrepante, un taller que además de ameno e ilustrativo conseguimos acordar entre todos uns mínimos e unhas prioridades nas que poñerse a traballar, cousa que non se había conseguido antes. Entre estes acordos figuran o manter as contas nas redes sociais a nivel autonómico e aunar as webs nunha única onde haberá apratados das diferentes ISF, implicar o voluntariado nas actividades de comunicación facendoa un elemento transversal inda que contando con grupos e responsables en comunicación que actúen como elementos dinamizadores non como responsables. tamén refacer por completo a intranet tratándo de convertela nunha ferramente verdadeiremente útil para as asociacións. Non quedou moi definido cómo xestionar os blogues pero parece que gusta o modelo proposto dende ESF de crear unha "blogosfera" cos diferentes blogs das asociaciós e persoas colaboradoras. Todo un avance nos esforzos por fomentar a comunicación externe a aunar ás asociaciós nun modelo de comunicación.

Ademais deste tema, outro dos protagosnistas tratado en Interjuntas e na Asamblea Federal foi a non realización da Cósmica 2013 por parte de ISF Andalucía e o pouco marxe que quedou para reubicala. Os membros de ISF Andalucía alí presentes explicaron a problemática recente da súa asociación, que por motivos económicos e de falta de recursos estivo a piques de desaparecer, conseguindo manterse a flote gracias a un sobreesforzo das persoas voluntarias pero que lles deixou sen capacidade para adicarse a outros temas. Presentaron as súas disculpas e dende as demais ISF alegrámonos de que foran quen de solventar a situación.

Durante a asamblea federal
Como temas principais tratados na asamblea están:

  • Cambio de sede de Federación, que pasa a ser o local de ISF Cataluña. 
  • Aprobación da política de despido federal (como plan de contixencia ante a situación de ter que despedir ó persoal federal), non sin certo debate e algo de reticencia por parte de ESF Galicia. Parte do presuposto federal pasará a engordar unha bolsa finiquitos, primeiramente tratarase de asegurar a indemnización de 20 días por ano traballado que obliga a lei actual e unha vez conseguido, de ser pòsible, intentaríase chegar ata o máximo dos 45 días de indemnización que indicaban a anterior lei. Apróbase reservar ata un máximo do 15% (en oposición a un 20%) do presuposto federal anual para esta bolsa.
  • Aprobada renovación de cargos da Junta Federal.
A Junta Federal
  • Non se aprobou o documento de colaboración con entidades privadas da Federación presentado, comenzando debate para reformulalo e aprobalo na seguinte asamblea.
  • Apróbase presentarse ós indicadores de transparencia e bo gonberno da CONGDE a nivel federal, comprómenténdonos a aprobar antes de fin de ano as políticas federais que faltan para poder facelo. 
  •  Revisión das cuotas federales para o 2014. A cuota deste ano recalculouse respecto a como se facía normalmente pola mala situación económica que afrontaban algunhas ISF. Para o 2014 mantélense as cuotas pagadas este anos polas asociacións salvo Cataluña e valencia que a aumentan e Aragón que solicita disminuila.

 Finalizada a asamblea desfrutamos de unha amena xornada vertebrativa non sen faltar algunha que outra dinámica con test incluido poñendo a proba os coñecementos dos asistentes sobre hitoria(s) da Federación.

Xa de domingo á mañá mais relaxados, e pasadas as tarefas "gordas" da Cómica, participamos nos talleres de agua, enerxía e xénero.

Un momento do taller de xénero
Dase a continuación por finalizada a Cósmica 2014 entre abrazos e despedidas ata que nos volvamos a ver entre ISFs. Unha boa maneira de pasar a ponte na que se pecharon cousas e avances, aprendimos algunha que outra cousa nova, se estreitaron lazos entre o voluntariado mais aló das fronteiras autonómicas e (que me corrixan se me equivoco) as persoas novas de ESF nisto dos espacios federais apredenron un pouco mais sobre o funcionamiento internos da federación e as asociacións.

Representantes de ESF Galicia pechando a Cósmica2013
e a punto de embarcar rumbo a casa

Ah, e para a Cósmica 2014 non hai excusa para perdela xa que será ESF Galicia a anfitriona da que un ano mais será a reunión anual de voluntarios e voluntarias das asociacións dispersadas a nivel nacional ¡Búscase voluntariado motivado para organizala!

1 comentario:

Patricia Iglesias dijo...

haberá que buscar unha boa comisión de festas :-)