- Obradoiro de Hardware Libre: Deixando á marxe a discusión de se esta liña de traballo se enmarca ou non dentro do que se coñece como electrónica ética, todos estamos dacordo en que se trata dunha liña moi interesante e que da que nos morremos de gañas por aprender. O hardware libre, ou alternativas libres para a base física dos aparatos electrónicos, é algo que nos gustaría traballar nun instituto ou ben na escola de Telecomunicacións.
- Electrónica ética: un clásico donde os haxa na sede de Vigo. A idea é facer charlas centrándonos no público máis xove (que cremos que é o máis aberto a aprender e o mais sensible), os adolescentes e mesmo nenos para que coñezan os inconvintes do modelo predominante en consumo electrónico. A gran novidade está en centrarnos en este novo público, xa que ESF non ten traballado apenas sobre eles.
- Sensibilización na rúa sobre Dereito á Auga: outra idea que calou bastante e a de incidir sobre a poboación chamando a súa atención na rúa mesmo. Un plan de sensibilización dos clásicos sobre un tema clásico, pero ao parecer non suficientemente repetido á xente. Temos algunhas ideas para atraer a atención, ideas innovadoras que non podemos revelar por aquí por risco de perderen o factor sorpresa.
- Existe tamén a idea de facer mini-obradoiros ao estilo dos que se estiveron facendo en Compostela. Trátase de cursiños breves, de una hora e media e duns 15 asistentes que permiten darnos a coñecer axilmente, que son sinxelos de organizar e que tratan temas tan xugosos como cosméticos naturais e ecolóxicos, nocións básicas de mantemento de bicicletas, enmendamento de roupa, mermeladas, fornos solares... A idea tivo moito éxito e sábese que tamén nas sedes de Ourense e Lugo, tamén coñecidas como Tomás, queren importar a idea.
12 dic 2013
Novos tempos en ESF Vigo
Novas caras, novos voluntarios, PCRs retornados, algunha migración, unha carga de motivación e máis algunha que outra actividade de vertebración: unha receta electrizante que está facendo posible unha nova etapa en ESF Vigo. En vísperas do peche da planificación anual, vou facer un repaso das ideas que circulan polas nosas mentes, expetantes de convertirse en realidades ao longo do ano que ven:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario