28 ene 2014

De xuntanza en xuntanza

Xa pasou tanto tempo da última Xuntanza como queda para a próxima! Pero ninguén se queda contento sen a entradiña no blogue reflexando o infinito contento co que todos quedamos á volta da última. Así, que nada, aquí a tendes: crónica da Xuntanza de Novembro-Decembro 2013 de ESF!
Vertebración e máis vertebración. Así poderíamos resumir este encontro. Como xa é ben sabido somos xente seria e non nos gusta abusar das bebidas espirituosas, excepto algunha, que se ve na foto, que ven a ser a excepción que confirma a regla. Polo demais, encontro comedido, distendido, relaxado e sosegado. Nunha palabra: vertebración.

Pero tamén tivemos que poñernos serios nalgún momento, como o da reunión. O fin de semana enteiro de festa non podía ser. Así pois, sentámonos todos en círculo e fixemos como que falábamos de cousas serias. Na miña opinión quedou bastante creible. Ata eleximos un novo secretario! É o afortunado que se ve na foto: Dani Vila, pero non o de Vigo, o outro. O de Coruña. É que por se nos falta un, temos dous.
Aí temos como se sacou a foto do cambio de secretario. María Vázquez cédelle a súa carteira á Dani Vila. Isto non é máis que un preludio do que acontecerá na próxima Xuntanza: a renovación de cargos. A tensión pálpase no ambiente. Cada vez que un fala, outros cuchichean. Hai un murmullo de fondo. E é que a renovación de cargos non é moco de pavo. Que soamente pasa cada dous anos! É dicir, cada catro xuntanzas e cada dúas cósmicas, por usar unha medida do tempo máis común. Ata o de agora contamos cun equipo que é do mellor. Por un lado está Adri, que é o que saca a foto nesa foto. Aí apréciase a calidade do equipo. E logo está Sandra, experta en estratexias vertebrativas. Noutra cousa non sei, pero niso...

Sen embargo, esta Xuntanza, destacouse por algo máis. Tivemos a sorte de contar cos invitados especiais de Asturias, entre os que estaba o presi federal. Demostráronnos o que é saír de festa de verdade... E así, entre unhas cousas e outras, tiñamos alí ao presidente honorífico, á xunta directiva de Galicia e ao presi federal; todo un conxunto de peces gordos que animou moito o encontro. Na foto vése ao presidente honorífico facendo alarde da súa filosofía de vida, que todos tratamos, como humildemente podemos, de imitar.

E polo demais, todo moi normaliño. Se fixo unha posta en común das experiencias en Honduras, veu un rapeiro a falarnos de Chiapas para aprender un pouco (estivo moi interesante!) e outro señor veu a facer que nos abrazaramos efusivamente ou amorosamente, e tamén fixo que xiraramos uns por enriba dos outros. Todo moi normaliño.

E así! Tal é maxia lograda polos anfitrións de ESF Lugo, Tomás, (como foi que dixo cando cada un estaba dicindo unha frase?), María e compañía. A eles debémoslle dar as gracias por tan máxicos momentos. De momento, aínda temos pilas ata marzo, a próxima e elecrizante Xuntanza de ESF!!!



1 comentario:

Anónimo dijo...

Genial Miguel! Una entrada muy divertida :) Ahh, qué pena a veces estar tan lejos :( Me perdí los abrazos... jeje Me hace gracia que hablaseis de Chiapas porque justo hace una semana fui a ver una peli sobre Chiapas en Dresden - telepatía! ;)