En prol da equidade e da xustiza social o próximo 8 de marzo, día das mulleres, ESF organiza un Obradoiro de Novas Masculinidades de oito horas de duración (de10h a 14h e de 16h a 20h).
O obradoiro, que conta coa colaboración de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, terá lugar na Escola de Camiños, Canais e Portos na cidade da Coruña. Está aberto a todas as persoas que desexen participar.
As prazas son limitadas e o prezo da matrícula é de 5 euros que se abonarán o día do obradoiro.
PROGRAMA
1. O SISTEMA SEXO-XÉNERO
Que é o sexo? Que é o xénero?
Cales son os espazos de socialización
da desigualdade?
Currículum oculto e explícito.
2. HISTORIA DOS FEMINISMOS
Precursoras, sufraguistas e filósofas.
Feminismo da igualdade. Feminismo da diferenza.
Novas tendencias do feminismo actual:
Ecofeminismo, Ciberfeminismo e Feminismo Queer.
3. A IGUALDADE DE XÉNERO DENDE A ÓPTICA
DA MASCULINIDADE
Implicacións dos condicionantes de
xénero nas condutas dos varóns: prover, procrear e protexer.
A esferas de socialización nos varóns:
Produtiva, reprodutiva e comunitaria.
Breve historia dos homes ante as
desigualdades patriarcais.
4. QUE É SER HOME NO SECULO XXI ?.
A construir no obradoiro.
Para formalizar a inscrición é preciso cubrir a enquisa desta ligazón.
3 comentarios:
Cal sería o horario do curso? Grazas.
Entregarase, ao finalizar o curso, algún tipo de acreditación que probe a asistencia, a efectos de poder incluila no currículum? Moitas grazas.
o horario é de 10h a 14h e de 16h a 20h.
Si que haberá acreditacións de asistencia
Publicar un comentario