A defensa dos dereitos humanos non ten fronteiras. Nin nacionais, nin entre niveles de goberno, nin, por descontado, entre departamentos xestores de políticas públicas. Tan importante é a defensa dos dereitos dende a Concellería/Consellería/Ministerio de Servizos Sociais como dende Interior, Xustiza, Defensa, Medio Ambiente, Infraestruturas ou Relacións Exteriores (por non dicir Sanidade ou Educación). Isto é o que chamamos "coherencia de políticas".
Así que, aquí podedes ver as propostas de ESF, que se integraron nas propostas do sector galego das organizacións que traballamos polo desenvolvemento das persoas e os Dereitos Humanos en todo o mundo organizadas na Coordinadora Galega de ONGD (pronto veredes todas as propostas do sector).
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
1. Dentro das
directrices para loitar de forma efectiva contra o cambio
climático:
- promover o concepto de espazos para as persoas, con modelos de planificación urbanístico que devolvan o espazo público ás persoas
- facilitar ordenanzas para redución do tráfico
- promover espazos peonís na cidade
- promover o transporte público e/ou colectivo e os medios de transporte máis sustentables como a bicicleta ou o desprazamento a pé
- promover experiencias en bioconstrución con materiais locais para mobiliario urbano e outras construcións
- reducir a xeración de residuos a través da concienciación da cidadanía en materia de redución, reciclaxe e reutilización de residuos.
- adoptar sistemas de xestión dos residuos para reducir a compoñente de incineración con puntos comarcais de valorización e reciclaxe, a promoción da compostaxe caseira, etc. Tamén coa posta en marcha de campañas de sensibilización e con medidas correctoras na recollida municipal do lixo que faciliten ese cambio de modelo de xestión.
2. En aplicación do dereito humano á auga,
pedimos a implementación da xestión do subministro con criterios de
calidade, equidade social nas políticas tarifarias, boa gobernanza e
transparencia. Para iso, resulta fundamental garantir:
- Unha dotación mínima (no contexto mundial está entre 60 e 100 litros por persoa e día) e o compromiso de non cortar o subministro en caso de que se dean casos de impagos xustificados socialmente.
- Como en calquera servizo básico, non lle chega con asegurar o acceso. É preciso promover novas formas de control social e de democracia participativa que garantan transparencia e participación cidadá efectiva e proactiva, tal e como estableceu á Convención de Aarhus, trasposta á normativa europea pola Directiva 2003/35/CE, de 26 de maio de 2003, e á normativa española pola Lei 27/2006, de 18 de xullo, reguladora dos “dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente”. No eido da auga, consideramos que a administración local ten un papel principal na boa gobernanza e transparencia.
- Establecemento dunha batería de indicadores significativos para os distintos ámbitos da xestión (técnicos, financeiros, sociais, ambientais, patrimoniais), accesibles a través de internet, comprensibles para a cidadanía e que se cumpran sexa quen sexa o provedor de servizos (empresas públicas, mixtas ou privadas).
- Compromiso de impulsar campañas de fomento da auga de "billa" e de consideración da auga embotellada como unha opción de consumo a través de información sobre os impactos ecolóxicos relacionados. Farase a través de iniciativas de información públicas de consumo de auga de billa e de bos hábitos no uso da auga; dun maior esforzo para garantir a calidade da auga; da utilización da auga da billa en centros públicos e, por defecto, en actos públicos da administración local; e da mellora das redes de fontes públicas de auga potable.
3. No eido das tecnoloxías de información e comunicación (TIC),
consideramos que o software libre debe ter un papel
predominante nas estruturas TIC das administracións locais.
Para iso, se elaborarán plans de soberanía dixital municipal onde
se contemple a progresiva implantación de software libre nos equipos
de xestión das administracións, acompañadas de formacións e
actualización pertinentes ao persoal contratado. En 4 anos, se
acadará polo menos un 50% de uso de software libre (incluíndo
subcontratas de servizos TIC, mesmo aplicacións específicas para a
administración en cuestión), o cal redundará no aforro
en licenzas de programas privativos, ademais da redución da
dependencia tecnolóxica da administración local. Tamén terá
efecto sobre a potenciación do tecido local de empresas
de servizos para o desenvolvemento e mantemento das infraestruturas
TIC.
Ademais, todo software desenvolvido
directamente por algún servizo dependente dos concellos, ou ben
indirectamente a través dunha contrata, ten que ser de software
libre. Deste xeito, as ferramentas informáticas desenvolvidas para
as necesidades dos concellos son tamén postas a disposición da
sociedade.
4.
Na acceso á enerxía, outro dos servizos básicos para unha vida
digna, compromiso coa erradicación da pobreza enerxética
ante as normativas de carácter autonómico e nacional.
Promoveranse
axudas compensatorias nesta liña nos casos de impago xustificado
socialmente, tratando de eliminar os casos de corte de subministro
eléctrico e de gas por razóns de vulnerabilidade social,
especialmente nos casos de unidades familiares monoparentais e/ou con
menores de idade. Ademais, incluirase nas posibles axudas a reformas
e novas construcións (e nos pregos de condicións para obras da
administración local) criterios de eficiencia enerxética
(superando aos xa incluídos na lexislación vixente) e facilidades
para o auto abastecemento enerxético a baixa escala a
partir de tecnoloxías que xa existen coa promoción de axudas e
ordenanzas reguladoras correspondentes explorando os límites que
permiten as leis.
Tamén
se promoverá o “asociacionismo enerxético” como poden ser as
cooperativas de consumo de enerxías renovables (promovendo que as
propias institucións da administración local participen nelas).
Levaranse a cabo campañas de consumo responsable de enerxía nas
propias institucións, mediante boas prácticas. Ademáis,
traballarase para declarar ao concello “100% autosuficiente
enerxicamente” (cando se produce máis da que se consume) e,
idealmente, “concello 100% autosuficiente de enerxías renovables”.
Todo isto respectando escrupulosamente a planificación urbanística
correspondente ás zonas sensibles a determinados tipos de
infraestruturas de xeración de enerxía.
5.
Promocionar ordenanzas a prol de circuítos curtos de
comercialización para produtos alimentarios locais, especialmente
artesanais e ecolóxicos;
patrocinar o consumo consciente, sá e de proximidade. Apoio a través
de formacións e obradoiros a persoas produtoras locais sobre algúns
condicionantes de seguridade alimentaria e etiquetaxe dados pola
lexislación actual, que
está de costas a este tipo de
produtos.
6.
Declaración de concello libre de
transxénicos. O
concello rexeitará
que se experimente e se cultiven este tipo de cultivos
nos seus terreos. Actualmente, son
unhas poucas empresas multinacionais as que se benefician da
industria da manipulación xenética de alimentos, de xeito que se
promove un modelo de desenvolvemento económico non baseado no
beneficio social e ambiental. Este tipo de cultivos, que contan con
sementes con patente, interactúan co resto de cultivos (e das
persoas) sen que se coñezan as consecuencias do seu cultivo e
consumo na saúde dos corpos e da terra.
Ademais,
o concello promoverá e facilitará a produción de variedades
endóxenas (con feiras de sementes, formacións a labregos e labregas
e/ou convenios con centros de investigación como a Misión Biolóxica
de Galicia).
7.
Promoción de actividades de cara a formación de cidadanía
crítica e responsable. Para iso poñeranse
en valor as infraestruturas (moitas delas moi pouco utilizadas
durante gran parte do tempo, como pavillóns, centros socioculturais,
teleclubes, bibliotecas, casas do pobo ou outras construcións de
propiedade da administración local) para desenvolver actividades que
estimulen a reflexión, a crítica, a creatividade, o "faino ti
mesm@". Tamén se facilitará o asociacionismo.
8.
Promoción do acceso aberto e a transparencia radical
en datos públicos, con acceso sinxelo tamén a datos de estatísticas
municipais (incluíndo datos en bruto que facilite a elaboración de
investigacións), sen esquecer a facilidade de acceso para
persoas con discapacidade
(páxinas web que cumpran os estándares para persoas con problemas
de visión, e posibilidade de acceso para persoas cegas con “lectores
de pantalla”).
9.
Recuperar as iniciativas municipais de Internet sen cables que
asegure un mínimo acceso á rede a toda a veciñanza. Tamé se
participará nos grupos de negociación e presión coas operadoras
para pechar a fenda dixital en
Galicia (incluíndo iniciativas de redes alternativas). É
especialmente importante a promoción da alfabetización dixital da
cidadanía, no que tamén ten un papel importante a administración
local.
No hay comentarios:
Publicar un comentario