O
pasado venres 12, como todos os meses o grupo Agro ESF reunímonos a
través das novas tecnoloxías coa organización socia local en Honduras, CODEFFAGOLF.
Na reunión falouse das novas iniciativas, inquedanzas e sensacións
por parte da socia local. Ademáis se trataron as posibles dúbidas
das PCR que no próximo mes viaxarán a honduras, interesante que
puidexen contactar coa socia local, xa que será con eles con quen van a
traballar e convivir na súa próxima experiencia e ninguén mellor para solventar as súas inquedanzas.
Reunións
como esta son necesarias en ESF para dinamizar o grupo , estar ó día
e motivar, por exemplo ás novas incorporacións de persoas voluntarias. É
ademáis unha boa forma de integración e poder coñecer un pouco
máis como traballa ESF. As novas tecnoloxías permiten que a
comunicación entre as persoas voluntarias e a socia local sexa posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario