Non
se pode dicir que exista unha motivación única que faga que unha
persoa decida facerse voluntaria, de feito cada unha ten as súas
propias aínda que se pode considerar que a maioría das persoas que
fan voluntariado teñen unha maior sensibilidade cara as inxustizas
do seu redor e sobre todo un plus de proactividade que lle fai pasar
a acción. Aínda así, as organizacións que xestionan voluntariado
deben ter en conta cales son as perspectivas polas cales esa persoa
se achega, para non defraudar e sobre todo, debido a que ao piar no
cal se fundamenta a acción voluntaria é a motivación persoal,
mantela ou mesmo achegar novas motivacións para que esta
colaboración perdure. Non hai que esquecer que ao igual que a
voluntaria ou voluntario vai evolucionando a nivel persoal, as súas
motivacións tamén van evolucionando. Polo tanto, manter viva esa
motivación será fundamental para ter persoas voluntarias implicadas
e comprometidas, porque hai que recordar que o voluntariado ademais
de dereitos ten obrigas. E que o compromiso vai máis alá do
compromiso formal ou por escrito que se firma entre ela e a
organización. Isto só se se consegue se existe unha correcta
integración no día a día da organización, para o cal ten que
haber sintonía ca mesma, é dicir, a persoa coñece cal é o
obxectivo da súa labor, como está contribuíndo a misión da
organización e sentir que comparte os seus valores e polo tanto o
seu xeito de traballar. Aquí xoga un papel fundamental a formación,
xa que esta non só debe estar orientada as tarefas, que tamén, se
non que hai que ter en conta que así mesmo son espazos de encontro,
de transmisión de valores, de recoñecemento. Ademais, a
organización debe establecer mecanismos de seguimento das persoas
voluntarias, tanto de xeito formal como informal, para evitar ou
detectar factores desmotivadores e ser capaces de reconducir a
situación, evitar situacións de saturación, rutina ou aburrimento,
fallos de integración, ausencia de recoñecemento, malas prácticas,
etc
O
voluntariado a parte de ser unha actitude en si mesma tamén conleva
o desenvolvemento dunha serie de habilidades que si non
imprescindibles, si son necesarias, e que polo tanto, debemos de
adestrar ou desenvolver para levar de forma axeitada a acción
voluntaria. Hai que ter en conta que é unha actividade social onde
están implicadas outras persoas voluntarias, a propia organización
e as persoas beneficiarias da nosa actividade, polo que debemos
desenvolver certas habilidades sociais (asertividade, empatía),
comunicativas (escoita activa, coidar a comunicación non verbal) ou
relacionais (resolución de conflictos, negociación, traballo en
equipo, liderazgo) para que esta relación sexa óptima, positiva e
evitar conflitos innecesarios. O noso obxectivo como asociación é
que a persoa voluntaria estea cómoda, motivada e polo tanto a
relación perdure no tempo.
1 comentario:
Genial Patri! :)
Publicar un comentario