6 oct 2015

Cósmica en Bilbao

O vindeiro fin de semana, entre os días 9 e 12 de outubro, terá lugar o encontro da base social da Federación Ingeniería Sin Fronteras (ISF), da cal ESF Galicia forma parte. Este encontro, mais coñecido como Cósmica, ten lugar cada ano nun sitio diferente, sendo a do ano pasado a Cósmica de Allariz, da cal gardamos os esfeiros e esfeiras galegos un moi bó recordo.

Este ano, a Cósmica terá lugar en Bilbao. E non só iso, senón que ademais coincidirá coa entrega dos premios de Enxeñería Solidaria que ISF, sobre os que vos podedes informar mellor aquí. E ainda que a Cósmica deste ano non sexa en Galicia, ESF mandará unha boa expedición de persoas voluntarias a facer acto de presenza: 11 persoas asistirán dende Galicia, e unha mais dende Madrid, asegurándonos de que durante o encontro, entre o murmullo xeral sempre se escoite algo de galego.

Os compañeiros de ISF Euskadi titularon a esta cósmica ''Euskósmika'', e podedes encontrar toda a información aquí, e ademais en 5 idiomas: bable, galego, euskera, catalán e castelán. É unha pena non ter unha asociación nas Canarias para poder facer outra versión en silbo. En calquer caso, esta cósmica leva por tema ''tejiendo voluntariado'', e así tratará de fomentar a participación, a reflexión colectiva e o activismo social con diversos obradoiros e formacións cunha pinta estupenda. E, por suposto, estará tamén a Asamblea federal, que se celebrará en paralelo a moitos obradoiros e que é moi importante para que a nosa benquerida federación siga adiante chea de enerxía positiva e motivación.

Atopámonos cheos e cheas de enerxías e gañas de participar neste novo encontro da Federación ISF, dispostos a dalo todo, a aprender, a aportar e a crecer xuntos na cósmica de Bilbao, a Euskósmika!

No hay comentarios: