9 oct 2015

Historia vivida por unha persoa voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras

O gran erro sería non contalo
O gran acerto foi escribilo

Gracias a todas por vivila comigo


Por Miño Guerreiro
---------------------------------------------------------------------------

Este é un conto sobre a miña experiencia dentro de Enxeñería Sen Fronteiras, para compartila coas persoas que a forman no presente e no futuro. Nela intento recoller erros propios do Grupo de Sensibilización e Incidencia Política. Pasando os anos, se cadra lle sirva a alguén para mellorar e que non se volvan a cometer.

A idea era facer un informe aséptico dos erros para telos documentados e se explicasen as solucións adoptadas para solventalos, caso de as haber. Vaia por diante que, na miña opinión, o feito de estar escribindo este informe e unha solución en si mesma para todos e cada un dos erros que aquí se explican.

Comezou sendo un Informe de Erros, pero converteuse nunha experiencia vital, unha experiencia de erros, si, pero tamén algún que outro acerto dentro do proceso.

É unha historia de aprendizaxe, cooperación e amizade.





1 comentario:

Anxo dijo...

Por favor doe leer tantas veces a verba erro. Por favor é unha aprendizase e os error é algo relativo a perspectiva human.
Moitas grazas pola entrada moi boas lembranzas