29 sept 2016

Curso de Historia da Teoría Feminista


Dende o Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña (CEXEF) teñen en marcha a IV edición do Curso de Historia da Teoría Feminista, que se celebrará os luns do 10 de outubro ao 19 de decembro en horario de 18:30h a 21:30 na NORMAL (Paseo de Ronda 47, A Coruña). Este curso entra dentro da colaboración de  ESF co CEXEF (con financiación a través de Cooperación Galega da Xunta de Galicia), na nova liña de traballo de ESF Galicia de xénero e desenvolvemento. 

Como en edicións anteriores o curso desenvolverá unha aproximación de valor aos movementos, autoras e obras do feminismo desde o s.XVIII até a actualidade.
Este ano no programa terá un peso especial de Feminismo e Multiculturalismo. Unha temática que será desenvolvida por dúas relatoras de excepción: Sophie Bessis (http://www.iris-france.org/chercheurs/sophie-bessis/a quen estará a cargo a sesión de clausura) e Nazanin Armanian (http://www.nazanin.es/).

Para inscribirse no curso cómpre enviar un e-mail a cexef@udc.es [indicando os vosos datos: nome e apelidos, documento de identidade, situación laboral -ocupada/o, desempregada/o, estudante, pensionista/o, etc.-, e unha dirección postal a onde remitir o certificado]. O custo da matrícula é de 100€, cunha cota reducida de 60€ para estudantes e persoas desempregadas. De balde para voluntariado de Enxeñería Sen Fronteiras (indicar no email de inscrición a súa pertenza, que será necesario acreditar).

No hay comentarios: