2 dic 2016

BOLETÍN OFICIAL ESFEIRO: decembro 2016

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    Novembro foi un mes con moitas actividades na asociación. Comenzamos con recomendacións, a do libro O pequeno é grande. A agricultura familiar como alternativa e as películas Noviembre e Carancho. Tamén temos a crónica da charla sobre "Miradas ecofeministas para transitar un mundo xusto e sostible" impartida por Yayo Herrero en Vigo. Ademais, anunciáronse distintos eventos que tiveron lugar en novembro, como as presentacións de ESF en Compostela e Lugo (con 6 novas persoas interesadas en colaborar en ESF), os faladoiros sobre electrónica ética e obsolescencia programada en Coruña e Vigo colaborando con Amigos da Terra, a Xuntanza da base social de ESF Galicia (facemos dúas ao ano) e a axenda das actividades que tiveron lugar na segunda quincena do mes. Tamén podes escoitar ao noso vogal de comunicación na Radio Galega falando sobre ESF e electrónica ética e disfrutar do relatorio e a comunicación sobre "Infraestructuras enerxéticas, muller e desenvolvemento que a nosa compañeira Sonia presentou no congreso ArcaDia4. Remata o mes Iria, participante no Programa de Coñecemento da Realidade 2016, que ampliou a súa estancia en Nicaragua pola súa conta e nos conta a súa experiencia cunha admirable asociación de mulleres: As Venancias.


BLOGUE HONDURAS

    En Honduras estase a traballar intensamente no peche de 3 proxectos que rematan a finais de ano, dous dentro do noso programa de desenvolvemento rural (un financiado pola Xunta de Galicia e outro pola Unión Europea), e outro dentro programa de promoción do dereito á auga financiado pola Xunta. No marco do programa de desenvolvemento rural continuamos colaborando coa Misión Biolóxica de Galicia no programa de mellora participativa de sementes. Ademais, temos a boa noticia da concesión dun pequeno proxecto dentro tamén do programa de desenvolvemento rural, financiado polo Concello de Lugo, no que tivemos a dificultade de ter que executalo moi rapidamente dado que o Concello resolveu o 15 de novembro e obligaban a rematar e entregar a documentación xustificativa o 30 de novembro do mesmo ano. Pensamos que non son boas prácticas na xestión dos cartos públicos traballar con estes prazos e que podería terse resolto moito antes. Esperamos que o ano que vén non volva pasar.




ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable



Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 



Mundo



Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas



PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

   Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:
  • Documental. Formación de mulleres como mestras e animadoras en Honavar (India). Con guía didáctica. Intered Galicia.
  • El impacto del Prestige. Análisis y evaluación de los daños causados por el accidente del Prestige y dispositivos para la regeneración medioambiental y recuperación económica de Galicia.
  • Resumen informe Alimentos kilométricos. Las emisiones de CO2 por la importación de alimentos al Estado Español. Amigos de la Tierra.
  • De agricultor a consumidor: apoyo ciudadano a los alimentos de producción local y sostenible. Amigos de la Tierra Europa.


E NO PRÓXIMO MES ...

    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.



A ESF-RASE DO MES

Na última década, caracterizada por un masivo repunte da cantidade e a sofisticación do control de internete, os rexímenes autoritarios demostraron ser moi creativos á hora de reprimir a disidencia grazas a medios non necesariamente tecnolóxicos. Como tal, a maioría dos cortalumes que deben destruirse son de naturaleza máis social e política que tecnoloxica.
Eugeny Morozov (do libro O desengano de internete).

No hay comentarios: