Dende este ano 2016 estamos colaborando co CEXEF
(Centro de estudos de
Xénero e Feministas) da Universidade da Coruña nun proxecto de
Educación para o Desenvolvemento financiado pola Xunta de Galicia.
Dentro desta colaboración, péchase o
curso de Historia da Teoría Feminista, cun peche institucional e a
última conferencia do curso a cargo de Sophie
Bessis (una super-crack!!!). Terá lugar o vindeiro luns 19 de decembro,
ás 18:30h. no espazo Cubo da Normal (Paseo de Ronda, 47), e podedes acercarvos por alí.
Ademais, o vindeiro venres 16 de decembro, o CEXEF organiza unha xornada con moi boa pinta de
"As desigualdades nos usos e repartos de tempos e traballos".
Máis
info en http://istoenormal.org/gl/actividades/xornada-as-desigualdades-nos-usos-e-repartos-de-tempos-e-traballos
No hay comentarios:
Publicar un comentario