Estes días fai un ano dende a celebración do Foro Mundial Acceso á Terra e aos Recursos Naturais, que tivo lugar en Valencia. Alí estivo Maria José Enríquez como participante no Programa de Coñecemento da Realidade en Redes de ESF Galicia (moi ben acompañada e coidada polas compas de ISF Valencia), co financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, e fíxonos un completísimo e moi interesante informe que podedes ler aquí. Ademais, xa se poden consultar as sínteses dos obradoiros que se desenvolveron no Foro.
Para ESF Galicia é moi importante ter persoas da base social participando de primeira man nestes eventos, de xeito que se poida estar en contacto coa realidade más actual e as tendencias nas temáticas de traballo da asociación. Neste ano transcorrido tralo Foro, conseguiuse poñer en marcha un grupo de persoas asesoras sectoriais no eido da soberanía alimentaria e o desenvolvemento rural, coa idea de ir compartindo debates e ideas sobre este tema, tanto a a través da internete como con encontros periódicos presenciais como o de decembro. O próximo, como non, queremos que sexa sobre acceso á terra. Estade atentas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario