21 jul 2011

Eu non sei nada...

Ao chegar unha persoa nova a ESF, cando se lle anima a participar/opinar a resposta é case sempre a mesma... pero eu acabo de chegar así que eu non sei nada!

Pois atopei algo que di Sydney Brenner, premio novel de medicina e fisioloxía, para o cal a ignorancia constitúe un activo necesario para analizar calquera problema. Si se sabe demasiado sobre un tema dirás simplemente que non funciona; mentras que si un é "ignorante" vai intentando cousas, e por suposto vai descubrindo cousas novas polo feito de estar intentándoo. O bo de ser unha persoa nova ou recén chegada, e que se é moi afortunado porque é ignorante da maior parte das cousas. De maneira que as mellores oportunidades para facer algo novo e, por tanto innovar, é xustamente simplemente facelo. As veces cando sabes demasiado convírteste nun "inutil", deixas de intentar, de facer, porque xa se probou e non funcionou ou non se puido facer. Asique xa sabedes que argumentar cando vos volvan dicir eso de que "eu non sei nada", porque xa se lle poderá engadir, afortunadamente... claro está que tamén despois hai que ter en conta onde estamos, cal é a nosa visión e misión como asociación, pero a creatividade ben dirixida pode ser un gran activo que non debemos desperdiciar. Non o creedes??

19 jul 2011

CURSO DE VERÁN DA USC: ESF participará nunha mesa redonda!!

Este mércores día 20, na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida de Santiago, lévarase a cabo un dos cursos de verán que oferta a USC. Nel terá representación ESF mediante a participación da voluntaria María Vázquez (coordinadora do grupo SensiCom Compos)nunha mesa redonda.

CURSO DE VERÁN DA USC
"O compromiso social da xuventude. Participación e aprendizaxe-servizo"

MESA REDONDA:
"Aprendizaxe-servizo na universidade: innovación e boas prácticas"


Intervención nunha mesa redonda sobre as experiencias da participación do voluntariado, sobretodo no eido universitario.

"A miña intervención consistirá en explicar a función de ESF en relación ao tema da mesa, como implicamos aos voluntarios (sobretodo universitarios) e que sentido ten iso na súa formación profesional e persoal".


Nova posta no xornal web da USC:
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2011_07/noticia_0075.html

Pode ser unha formación interesante, polo que todos aqueles que esteades por Santiago ou poidades achegarvos ata a Facultade de CC da Educación (ao lado de Psicoloxía, un pouco máis arriba da ETSE) non dubidedes en facelo. Dita intervención terá lugar ás 18.00h na aula Sarmiento.

Dinámicas moi construtivas... (sobre o traballo) II

Na mesma reunión de sede de maio, fixemos outra dinámica constructiva aproveitando que estamos co 800 aniversario da catedral de Compostela, pois alá nos decidimos a facer unha... pero non tiñamos non claro o estilo.

Asique nun primeiro momento apostamos polo seguro, o estilo románico, dúas ringleiras de persoas de xeonllos unha fronte ó outra, facendo de columnas para o cal unian as mans levantando os brazos para formar unha “bóveda”. Así obtivemos unha obra moi sólida e estable, moi axeitada tameń para os comezos, é dicir, para estructuras pequenas.




Pero... quixemos evolucionar e empregar outro estilo máis ambicioso, máis amplo e elevado, o gótico. Para eso as persoas agora póñense de pé, formando unha bóveda máis alta e espectacular, para o cal se teñen que estirar o máximo posible e así deixar o corpo a peso sobre as mans unidas coas da persoa que esté enfrente. Este novo estilo é máis cansado para os piares... asique reformulamos o proxecto, e tras cada “piar” sitúase unha persoa, que fará de contraforte. Esta nova disposición, piares e contrafortes, fai que o peso está máis repartido. E de feito se un dos piares falla, mentres se repara, o resto pode soportar a estructura.





Algunhas das reflexións que tivemos foi que a nosa estructura deben adaptarse a súa funcionalidade e se queremos evolucionar o deberemos ter en conta para adaptarnos, xa que para medrar necesitamos tamén máis xente e novas funcións.
Se a estructura medra, os piares non poden con todo o peso, polo que son necesarios os contrafortes. Tamén nos demos conta de que non todos podemos/queremos ser piares.
O deseño debe adaptarse a capacidade da asociación e se este é axeitado aínda que un piar teña que ser reparado, o resto pode aguantar do peso da estructura. Pola contra se temos poucos piares, a estructura será facilmente derribable e incluso se falta algún fará que o resto non poida con todo o peso.

Estas son algunhas pinceladas do que se pode aprender pero anímosvos a que o fagades e saquedes as vosas propias conclusións...

15 jul 2011

Crónica do Curso de TCpDH 2011 (II)

SEGUNDA FIN DE SEMANA

A perspectiva de xénero na cooperación (Vanessa Míguez)

  • Foi un tema que me tocou moi de preto e sobre o que apenas me sentira afectada, pois como estudante nunca me sentín en segundo plano por ser muller, aínda que si posiblemente máis nun ámbito familiar/social.
  • Gustoume saber que o feminismo promove a igualdade e non a superioridade da muller e impresionoume bastante o panorama exposto sobre a situación de vulnerabilidade da muller no mundo en moitos máis ámbitos dos que nunca soubera.


O papel da agricultura no desenvolvemento no Sur (Francisco Solano)

  • Hai que estar informados do que consumimos e a partires de aí tomar unha decisión ética.
  • Nun momento como o actual, no que a crise económica nos brindou a posibilidade de pensar que tipo de desenvolvemento queremos, falar de soberanía alimentaria é fundamental.

O modelo actual de desenvolvemento e a pobreza (Manuel González)

  • Os beneficios da globalización son asimétricos, e os países que ao longo da súa historia seguiron estratexias propias tiveron máis éxito.


A comunicación como ferramenta no desenvolvemento (Alba Miranda)

  • Idea errónea de que cantos máis datos saibamos máis informados estamos.
  • É tan importante o que se conte como o que se escolle non contar.
  • Vemos o mundo como nos ensinaron a velo, e agora é cousa nosa cambiar a perspectiva.

A educación para o desenvolvemento: EpD (Francisco Vallverdú)

  • Quédome cun concepto: Estados Unidos é un país desenvolvido e subdesenvolvente.
  • O plantexarse outro mundo ten que nacer da base da indignación cara o que vemos neste.


O modelo enerxético actual e alternativas (Antón Román)

  • Os países canto máis avanzados, menos enerxía precisan para crear riqueza.


O concepto de Tecnoloxías apropiadas (José Manuel Vázquez)

  • A “tecnoloxía apropiada” debe ser sostible, adaptable ao medio e respetuosa co ser humano. As nosas tecnoloxías non son necesariamente aplicables ao resto de culturas. Cada cultura necesita as súas propias tecnoloxías.
  • As culturas sempre consideran as súas tecnoloxías como as mellores. Intentamos realizar as nosas utopías nos sitios onde axudamos.
  • O etnocidio: a xente é respetada, pero morre a súa cultura.
  • As tecnoloxías segundo como se empreguen poden servir para o desenvolvemento ou o subdesenvolvemento humano.

Diñeiro, banca e economía, unha cuestión ética? (Natalia Fernández)

  • Moitas veces o erro da cooperación en materia económica non está na indiferenza, senón máis ben na inconsciencia.
  • Debemos recuperar o noso título de cidadáns. Non somos consumidores senón persoas.


Novas perspectivas do desenvolvemento humano nas comunidades indíxenas de América Latina (Germán Vargas)

  • “A miña individualidade ten sentido dentro do colectivo, senón estou condeada a falecer”.


Ferramentas na cooperación. Os proxectos (Dinorah Batallán, Pepe Vara, Roberto Roget)

  • Erradicar o mal é máis importante que facer o ben.

A avaliación (Helena, José Ríos, Carmiña)

  • Ningún acto sen avaliar é un acto completo.

12 jul 2011

Recortes en Cooperación aprobados por la Xunta de Galicia

Más de 20 ONGD gallegas recurren los recortes en Cooperación aprobados por la Xunta de Galicia

ESF Galicia presentó un recurso ante la Consellería de Presidencia como parte de una acción conjunta que muestra el rechazo a las medidas adoptadas por el gobierno

El pasado 4 de julio, ESF Galicia presentó en conjunto con otras 20 ONGD gallegas, un recurso administrativo contra las órdenes aprobadas el pasado 24 de mayo por la Consellería de Presidencia de la Xunta de Galicia. Con motivo de estas resoluciones, la cooperación para el desarrollo de Galicia ha visto reducida la mitad de su presupuesto para llevar a cabo proyectos en los países empobrecidos.

La decisión de llevar a cabo está acción de protesta por vía legal fue tomada en la Asamblea Extraordinaria de la Coordinadora Gallega de Cooperación al Desarrollo (CGONGD) celebrada el pasado viernes 1 de julio. Las actividades aprobadas para hacer frente a esta preocupante situación fueron principalmente, la presentación del recurso administrativo, la elaboración de una carta conjunta al Valedor del Pueblo con una media de 120 quejas, así como continuar con la incidencia política a través de reuniones con representantes de las distintas fuerzas políticas de Galicia.

Reunión de la CGONGD con Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia

En la línea de las acciones de incidencia, una representación de la Coordinadora Gallega se reunió el pasado 5 de julio con el conselleiro de Presidencia, Administraciones Públicas y Justicia, Alfonso Rueda. En dicha reunión, la Coordinadora le manifestó la preocupación del sector ante los sistemáticos recortes y le solicitó una explicación de lo ocurrido, así como un posicionamiento claro sobre el futuro de la cooperación gallega.

La falta de recursos de la Consellería ha sido el argumento principal expuesto por Rueda para justificar la aprobación de los recortes; al mismo tiempo que reconocía un error por parte del gobierno al no haber sabido comunicar al sector la decisión adoptada. Así mismo, Alfonso rueda declaró que las medidas aprobadas se traducirán en la incapacidad de cumplir los objetivos de cooperación establecidos en el II Plan Director de cooperación gallega al desarrollo 2010-2013.

Contexto actual

La Consellería de Presidencia, Administraciones Públicas y Justicia de la Xunta de Galicia, aprobó, sin previo aviso, dos órdenes que continúan la tónica general de las actuaciones políticas en materia de Cooperación al Desarrollo: la eliminación de la convocatoria de acción humanitaria (300.000 €) y la reducción de la mitad del presupuesto de las convocatorias de proyectos en el exterior (1.974.901 €).

La reducción total contemplada en las dos órdenes aprobadas el pasado 24 de mayo en el Diario Oficial de Galicia es de 2.274.901 euros: 991.215 en 2011; y 1.283.686 en 2012. Estos datos muestran que los recortes aprobados para este año respecto al presupuesto ejecutado en 2010 son del 34 %, es decir, de 3.671.178 euros.

En los últimos años, la Xunta de Galicia ha reducido un 48% el presupuesto dedicado a la lucha contra la pobreza. En 2012, los recortes serán todavía mayores ya que se ha aprobado una reducción de, al menos, 1.283.686 €.

Alicia López
Grupo Comunicación ESF Galicia

Crónica do Curso de TCpDH 2011

PRIMEIRA FIN DE SEMANA

Políticas e axentes da cooperación (Xosé Luis Pastoriza, Guillermo Otero, Ernesto Gómez e Alba Miranda)

  • O maior problema para a cooperación é a falta de sensibilización por encima da falta de recursos.
  • O cambio social ten que partir da educación.


Precedentes históricos das relacións Norte - Sur. O colonialismo (José Antonio Martínez)

  • Se o mapa das colonias de 1870 coincide co dos países nos que se coopera hoxe en día, será porque algo ten que ver.
  • O capitalismo é a extensión do imperialismo colonial.

Movementos sociais no Sur (Eva Gil)

  • Chamáronme moito á atención o gran número de movementos sociais que existen na nosa comunidade e os exemplos ilustrados cos vídeos. O caso das presas en Brasil e, sobre todo, o das mulleres en loita pola recuperación da súa fábrica: “As fábricas poden continuar sen donos, pero non sen traballadores. Iso é o que lle doe aos xefes, aos políticos, ao imperialismo, ao capitalismo”.
  • Cooperar non só debe ser a acción dun fluxo de solidariedade.


Alternativas ao desenvolvemento actual. Que é o desenvolvemento sostible? (Miguel Pardellas)

  • O decrecemento é o camiño a seguir para obter unha sociedade máis igualitaria.
  • Esta charla serviu para entrar máis en materia, coñecer a malversación que se fai do concepto de Desenvolvemento Sustentable.

Ordenación territorial e fortalecemento institucional (Sergio Fernández)

  • Quédome sobre todo con que planificar unha ordenación é moi complexo e implica a moitos factores.


Participación social, sensibilización e incidencia política. O caso do Sáhara Occidental e os campamentos de refuxiados (Grupo de Sensibilización e Comunicación de ESF)

  • Pareceume impactante coñecer a existencia do “muro invisible” formado polas minas antipersoa que mantén recluído ao pobo saharauí.
  • Animoume a interesarme máis na causa saharauí. Quédome co feito de que casos como o do Sáhara deberían interesar moito máis ao goberno español, e que é competencia súa facer presión para que a situación cambie.
  • Destacaría en primeiro lugar o vídeo de presentación por que resultou realmente unha proba resumida e visible do traballo que fan e tamén me gustaría destacar a actividade que realizamos onde obtivemos bastantes ideas que poderían aproveitarse na organización.

A pobreza no norte ou cuarto mundo (Felipe Noya)

  • A xente que actualmente pertence ao 4º mundo e que vive na rúa encóntrase en peores condicións e cunha menor esperanza de vida cá media de habitantes de Guinea Bissau.
  • Somos animais sociais, pero cada un ten que asumir a súa responsabilidade individual.


Tecnoloxías de información para a Comunicación (TIC´s). O caso do Software Libre (Andrés Estévez e Jorge Muñoz)

  • Interesante temática e de actualidade. A charla non se axustou aos tempos pero a importancia do tema e a maneira entretida de tratalo fixo esquecer este “contratempo”. O exemplo da receita de cociña rematou resultando clarificadora.
  • O software libre non ten porque ser gratis.

O acceso á auga como dereito universal (Pablo Martínez)

  • Existen 1.000 millóns de persoas sen acceso á auga potable, 2.600 millóns sen acceso a saneamento básico e 6.000 persoas que morren cada día por falta de auga potable e por unha hixiene deficiente. Por outra parte, a maioría das marcas de auga pertencen a Coca-cola, Nestlé, Danone e Pepsi-cola.
  • Estivo ben saber que a auga embotellada é pouco máis que auga da billa.


Acción participativa no Sur. Caso práctico (Manuel de Dios, Roberta, Leónidas, Jacinta e Walter)

  • A realidade é que en moitas ocasións, a pesares de que o terreo cumpra as condicións axeitadas para levar a cabo un proxecto, este non pode concebirse sen ter en conta a aqueles que se beneficiarán del. Falar con eles e coñecer a súa realidade é crucial para saber o que precisan, e se serán capaces de ocuparse do proxecto unha vez rematado.

Enfoque medioambiental no desenvolvemento (Judith Sing)

  • Nun proxecto de cooperación hai que plantexarse que tes que causar o menor dano posible, e se o podes causar hai que replantexarse se compensa coa obtención do beneficio.
  • Basear a cooperación ao desenvolvemento no seu simple financiamento é facer un discurso pobre e baleiro.

Implicación persoal na cooperación para o desenvolvemento humano (Adrián P. Fernández)

  • Quédome cunha anécdota: Ao comezo da charla o poñente pregunta quen sabe algo de banca ética, erguen a man 3 persoas. Ao remate da explicación un dos compañeiros pregunta por que a xente non aposta pola banca ética.


Consecuencias da desigualdade Norte – Sur: o feito migratorio (Mª Carmen Puga)

  • Os inmigrantes cando chegan son invisibles para o bo (dereitos) e visibles para o malo (racismo, policía).

9 jul 2011

Dinámicas moi construtivas... (sobre o traballo en equipo) I

Na reunión de sede de Maio, foi unha presentación en sociedade de moita xente nova da sede de Compostela, concretamente Paula e Carmen, do grupo Agro e Elena Mahía de EpD. Ademáis de asistir Felipe, que viña a curiosear de cómo era unha reunión deste tipo tras un primeiro contacto co proxecto Rios. Tamén contamos de novo con Adelita, que tras a súa estancia en Portugal, xa a temos de volta, eso sí, en proceso de "desintoxicación" da vogalía de EpD.

Tras o repaso das cousas que están a facer ou planificando os distintos grupos pasamos a formación interna. Aproveitando que había xente nova, qué mellor que unha formación sobre cómo debemos traballar en equipo en ESF...
Primeiro fixemos unha dinámica baseada nun video que puxera Cris Sesto no seu blogue, unha variante de confianza e equilibrio ben interesante..

As sillas humanas

Descripción dinámica: 4 persoas sentadas en cadeiras sen respaldo ou co respaldo de lado. As persoas sentadas deben estar perto unhas de outras e de xeito que se poidan sentar cos pes no chan e tumbarse no regazo da persoa sentada a súa dereita (ver video). Unha vez ben asentadas unha no regazo da do seu lado, quítanse as cadeiras. Debería manterse a figura tal cual, suxeitandose uns aos outros.





se vos fixades a xente só está apoiada nos seus compañeiros.




Algunhas conclusións tras a realización da dinámica:
- as veces a cousa no funciona a primeira, pero se non nos damos por vencidos, analizamos os nosos puntos fracos, podemos redistribuir as forzas e conseguilo.
- o grupo debe basarse na confianza mutua e aínda que non nos conozcamos, se somos francos, podemos!
- moitas veces o máis importante é relaxarse e desfrutar para que o grupo funcione ben.



6 jul 2011

Resumo blogueiro mensual: xuño 2011

CONTIDOS


* Blogue de Vida Asociativa
* Blogue Nicaragua
* Blogue Honduras
* Blogue materia de cooperación da UDC
* Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
* Outros canais ISFeros
* Outros enlaces de interese
* Novas publicacións en papel
* E no próximo mes ...
* A ESFrase do mes



BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA


Neste blogue o mes empezou forte en Vigo coa asistencia á presentación a cargo de AGARESO e Amigos da Terra do Documental Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible, sobre a zona na que traballamos (e que tamén pasamos en Compostela), así como coa crónica da Campaña Apaga o Candil en Vigo. Houbo tempo para a formación das persoas participantes no Programa de Coñecemento da Realidade en 2011 e chamar a atención sobre a importancia de asistir a Asemblea Extraordinaria de ESF para avanzar no traballo na Planificación Estratéxica. Seguindo con crónicas de campañas está a de Compostela "Achégate a coñecer outras realidades" e as actividades de Comercio Xusto e Economía Responsable (coa exposición e xornada de relatorios) en Ferrol. Houbo tamén un par de reflexións sobre o estado da política galega de cooperación ao desenvolvemento tralo enorme recorte do orzamento para programas internacionais de cooperación e o inicio do proceso de trasladar a lexislación de xestión de subvencións estatal a Galicia (esperemos que nos próximos anos haxa algo que xestionar...).  Tamén se pode ver a xornada (pasada por auga) no Proxecto Ríos que tivo lugar en maio e, como non, debates, neste caso sobre a Política Agraria Común e un dos que máis opinións suscitou na historia esfeira, o movemento 15M.




BLOGUE NICARAGUA


Este mes poderedes consultar o Informe de Evaluación da terceira fase do Programa Río Sasle co que se pecha esta etapa de actuación de ESF Galicia en Nicaragua. No informe atoparedes as leccións aprendidas que servirán para mellorar as actuacións de desenvolvemento que ESF Galicia está a realizar en Honduras desde o 2010, e para que FIDER e A Cuculmeca, os nosos socios en Nicaragüa, continúen a traballar na zona xa sen a actuación de ESF Galicia. Mais sempre continuará o contacto con eles para denunciar os problemas e as súas causas e para presionar desde Galicia na súa resolución. Esto non é un adeus, e só un ata logo…



BLOGUE HONDURAS

En xuño tivo lugar a segunda reunión proposta polo Consello Nacional de Auga e Saneamento (CONASA), á que asistimos cos nosos socios locais Save the Children Honduras e a Alcaldía de Marcovia para presentar, debatir e reformar as propostas da política de auga do país. Un dos puntos máis controvertidos foi o de considerar as Xuntas e Auga como Empresas. É verdade que as Xuntas de Auga deben ser autosostenibles mediante una xestión de tipo empresarial, mas non podemos esquecer que as Xuntas de Auga son asociacións sen ánimo de lucro.




BLOGUE DA MATERIA DE COOPERACIÓN DA UDC


Neste mes o grupo desfruta dunhas merecidas vacacións tras un novo curso académico da materia de Introducción á Cooperación para o Desenvolvemento.





OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • Páxina de Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
  • DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo!!
  • Slideshare ESF Galicia. Ven de cumprir un ano de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre temáticas de interese de ESF.
  • Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
  • Blogue de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que compartan información, experiencias, etc.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
  • Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
  • Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.




OUTROS CANAIS ISFEROS




OUTROS ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD


Iniciativas


Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 



NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podes solicitalas para préstamo).





E NO PRÓXIMO MES ...





Para máis info sobre cursos e eventos consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD






A ESF-RASE DO MES

 "Aprendemos a voar coma os paxaros, a nadar coma os peixes, pero non aprendemos a arte de vivirmos xuntos, coma irmáns".
Martin Luther King