28 oct 2014

Motivación e necesidade do próximo debate sobre a base social de Enxeñería sen Fronteiras Galicia



Hola!
Dende o grupo de xestión de persoas socias queremos lazar un debate sobre a base social. Si xa sabemos que e un debate vello pero, nunca se abordou de xeito formal. Por isto na lista xeral, proximamente propoñerase este debate entorno as preguntas que se desprenden do seguinte argumentario, que xustifica a motivación e necesidade do mesmo. Na asemblea xeral do próximo día 9 de novembro, continuaremos coas achegas que se fagan por correo e esperamos sacar ao menos as primeiras conclusión que nos dean as directrices básicas do futuro traballo coas persoas socias.

Antecedentes e motivación do debate sobre a base social de Enxeñería sen Fronteiras Galicia.

Actualmente as obrigas das persoas socias segundo os nosos Estatutos son:
  1. Someter os Estatutos e os acordos que no ámbito das súas respectivas competencias tomen os órganos reitores da asociación
  2. Satisfacer as cotas que se establezan
  3. Secundar el cumprimento dos fines da asociación e respectar a libre manifestación de pareceres
Este artigo, está practicamente copiado da lei estatal que regula as asociacións sen ánimo de lucro. Non existe tampouco un regulamento interno que o desenvolva, nin foi obxecto de revisión ou debate formal en ESF.
Precisamente a obriga número 1, invita á asociación a realizar una regulación da base social de ESF. Este punto, esta pensado para que cada asociación poida dar un valor diferencial a súa base social e establecer as esixencias de compromiso que estime adecuadas, para que garden as persoas socias, segundo carácter particular de cada asociación.
Sobre o punto 3, cabe recordar que os fins de ESF tamén aparecen nos Estatutos e son, como é normal, unha xeneralidade. Polo tanto este punto non deixa de ser unha obviedade que simplemente require un aliñamento básico e xeral da persoa para formar parte da asociación.
O punto 2 chama a atención porque é totalmente innecesario, pois podería englobarse no punto 1. Polo tanto, a súa existencia é simbólica e tamén práctica. Simbólica porque redunda en que a persoa socia ten que gardar un especial cumprimento por un dos acordos en particular, entre todos os que pode tomar os órganos reitores da asociación: o pago dunha cota. E práctica porque a falta dunha regulación da base social noutros aspectos, que desenvolva as xeneralidades establecidas nos estatutos, o acceso a formar parte da mesma limítase, ao menos, a este requisito de pago de cota, que é o único explicitamente citado.
Con esta estrutura construíuse en ESF unha base social caracterizada polo feito de que as únicas cousas que comparten os seus membros son o pago dunha cota e un obxectivo común xenérico e pouco matizado. Para dar seguimento a estes dous compromisos, o único indicador é o propio pago da cota, xa que logo, asúmese que a persoa que continuan apoiando economicamente a ESF o fai por que secunda os seus fins.

Cabe destacar que nos Estatutos tamén defínense os dereitos das persoas socias:
  1. Asistir ás Asembleas Xerais con voz e voto, desenvolvendo en as mesmas as actividade que lles corresponda, segundo os estatutos.
  2. Participar nas distintas comisións e nas actividades da Asociación.
  3. Ser elector e elixible para ocupar cargos directivos fóra do dito no artigo 32.
  4. Expresar libremente as súas opinións en relación cos asuntos que se discutan, así como formular propostas e peticións.
  5. Estar informado das actividades da Asociación, sempre que así o solicite á Xunta Directiva.
  6. Ser escoitado con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias con el e a ser informado dos feitos que dean lugar a tales medidas, debendo ser motivado o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
  7. A impugnar os acordos dos órganos da Asociación que estime contrarios á lei ou aos Estatutos.
Respecto a todas estas directrices, tanto respecto a dereitos como a obrigas, a Asemblea Xeral só pronunciouse ata agora, no referente a contía da cota. Polo que xurde a primeira cuestión a debate:
Consideramos que pagar unha cota e ter un aliñamento xeral cos obxectivos de asociación, son requisitos suficientes para facultar a unha persoa na toma de decisións sobre o futuro da asociación, ou máis aínda, ser propietaria desta?

Por outro lado, xa dende un punto de vista mais práctico, debemos decatarnos de que a a xeneralidade con que os Estatutos resolven o acceso e caracterización dos membros da asociación, fai que na actualidade ESF teña unha base social caracterizada unicamente pola vinculación económica dos seus membros coa asociación, como se expuxo anteriormente.
A maior parte das persoas socias, non practican os seus dereitos: a asistencia a asemblea, participación na asociación, información, etc... Das 200 persoas membros, tan só un 20%, no mellor dos casos, asiste á Asemblea Xeral con certa regularidade, porcentaxe que se corresponde aproximadamente co número de persoas socias que participan de outro modo na asociación, e son contados os casos nos que unha persoa socia require información sobre algún aspecto o actividade da asociación.
Hai que ter en conta que a asociación é fundamentalmente os seus asociados e asociadas, polo que a actual base social proxecta unha visión moi negativa da propia asociación. Baseándonos nas persoas que a forman, a nosa asociación está maioritariamente desinteresada polo seu propio devir, ou polo cumprimento dos seus obxectivos. É preciso entender que cada unha das persoas socias son en si unha parte da asociación e debe proxectar a esta o seu carácter diferencial. Unha persoa asociada nunca pode sentirse como se ESF non fora en parte propiedade súa, ou como se a súa xestión non fora tamén responsabilidade súa.
Ademais, estritamente falando, a escasa participación da base socia pode xera unha sensación de ilexitimidade pois de cotío o 20% da asociación  toma decisións que afectan á toda a asociación e particularmente a súa base social.
Pero en xeral os que leen este documento seguramente non teñan a percepción nin de que exista ilexitimidade nin que non exista interese na asociación, e isto débese a que as persoas máis vinculadas a ESF aceptamos oficiosamente que os realmente asociados son o 20% que participa e non o 80% que non o fai. O que da pé a formular unha segunda pregunta:
Queremos unha asociación formada por 200 persoas das que o 80% non participen dos seus dereitos como socio ou socia, ou unha formada por 40 persoas na que participe o 100%?

Qué diferenza existe agora, en ESF, entre os benefactores e os socios e socias que só paga a súa cota?


A planificación de ESF ten marcados como obxectivos respecto á base social:
  1. Conseguir unha maior implicación das persoas socias.
  2. Conseguir a través da base social unha maior independencia económica
Para levar a cabo o obxectivo número 2 hai, sóamente, dúas opcións: aumentar a contía das cotas ou aumentar o número de cotas. En calquera caso este obxectivo pode entrar en conflito co primeiro, pois o simple pago dunha cota é un requisito máis laxo que o pago de cota e maior implicación na asociación. É dicir, podo buscar cotas e que algunha persoas das que paga se implique, ou podo buscar persoas que se implique e que podan chegar a pagar unha cota. O segundo proceso é máis longo, e non tan inmediato como comprometer simplemente o pago dunha cota. Pero aínda que se faga deste xeito seguirá existindo a posibilidade de que existan persoas na base social que só queiran participar en ESF co pago dunha cota.
Así que, en caso de conflito, que obxectivo se prioriza con respecto á base social? o dito doutra maneira, aceptamos a posibilidade de que unha acción aumente a base social con persoas que só paguen unha cotas?



Isto é todo, que para un primeiro debate xa é bastante.

Esperamos a participación de todos nos debates da lista xeral e vémonos na Xuntanza para sacar algunha conclusión!.



Un abrazo




27 oct 2014

Persoas coordinadoras, cal é a súa función na asociación?

Se Enxeñería Sen Fronteiras é unha organización horizontal, entón por que son necesarias as persoas coordinadoras nos grupos? Pola nosa forma de traballar e de organizarnos, con 5 sedes e traballando en distintas áreas que fai que en cada sede poida haber distintos grupos, os cales deben estar coordinados entre si, tanto dentro da súa sede como na súa área para poder crear sinerxias, aproveitar mellor os recursos e como non, facer cousas en conxunto.

Entón, que é unha persoa coordinadora? É un enlace, un portavoz, un facilitador. Cada grupo establecerá as suas funcións que ao igual que pode haber un responsable de voluntariado, económico, etc pero para facilitar a comunicación interna e que as canles de comunicación sexan conocidas por todas e todos, será necesaria a figura do coordinador/a, sen máis nin menos poder de decisión dentro do grupo e tendo moi claro que exerce un papel de representación. Esto debe ser extensivo ás vogalías da Xunta Directiva, onde salvo os cargos estatutarios (ainda que esto tamén se debería discutir), o resto son cargos de representacións dos grupos da base social, das persoas voluntarias que traballan nas distintas áreas, tanto nas básicas como nas transversais ou de xestión.

Polo tanto unha verdadeira persoa coordinadora e as vogalías deben ser esencialmente un enlace tanto a nivel horizontal como vertical, esto sempre no contexto da funcionalidade a nivel xeral dentro da asociación. Outro debate é se esa persoa debería ter cualidades de liderazgo ou cales poderían ser outras funcións específicas dentro do propio grupo.

24 oct 2014

Crónica das Xornadas de Pesca Sustentable Galicia-Centroamérica: mar de todas, mar de ninguén.



El 19 de Septiembre de 2014 tuvo lugar en el Castillo de Santa Cruz, en Oleiros (A Coruña), sede del Centrode Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia(CEIDA), las “Xornadas de Pesca Sustentable Galicia-Centroamérica . Mar de todas, mar de ninguén”.

Este evento, organizado por Enxeñería Sen Fronteiras y Amigos da Terra, cofinanciado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia y con el apoyo del CEIDA, tuvo como objetivo el intercambio de experiencias y la toma de contacto entre diferentes actores de Galicia y del Golfo de Fonseca caracterizados por apostar y promover una gestión y explotación sostenible de los recursos pesqueros y el respeto por los ecosistemas marinos, buscando nexos comunes en el trabajo que llevan a cabo en ambas zonas y tratando de poner de relieve la globalidad de la problemática a la que se enfrentan.

Panorámica del inicio de las jornadas, con Laura (Amigos da Terra) y Sergio (ESF Galicia) presentando y agradeciendo los apoyos y asistencia

En la primera mesa de debate se reunieron el Subdirector Xeral de Investigación e Apoio Científico-Técnico de la Consellería do Medio Rural e do Mar, un experto en comercialización y pesca en Centroamérica y un asesor sobre política oceánica de Greenpeace Internacional. El primero de ellos, José Molares, destacó la importancia de invertir en la extracción de datos precisos sobre el estado de los recursos y las máximas capacidades renovables disponibles, para que la inversión y la explotación se ajusten a esa renovación; esta información no suele ser de fácil recolección y acceso para la pesca artesanal y de bajura. José Manuel Pérez, por su parte, ofreció una visión del sector en el Golfo de Fonseca en la que sobresale el sesgo existente entre las multinacionales y los pescadores artesanales, donde las primeras son las que facilitan los medios y por ello disponen de todo el poder para establecer los precios; por ello la solución disponible está en las agrupaciones y el cooperativismo, buscando además un valor añadido en la calidad. Por último, Sebastián Losada pone de relieve la casi exclusiva representatividad de la pesca industrial y el sector del procesado en los espacios de decisión de las políticas pesqueras en Europa; sin embargo, observa incongruencias en dichas políticas, ya que, si se concluye que es necesario reducir la actividad, tendría sentido preguntarse, a la hora de priorizar el acceso a los recursos, que flotas son las que generan más empleo por Kg. capturado, las que contribuyen en mayor medida al desarrollo de las comunidades locales o las que pescan más selectivamente.

De izquierda a derecha: Sebastián Losada y José Molares

En la segunda mesa de debate intervino una representante del Centro Tecnológico del Mar (CETMAR), un investigador del Laboratorio de Recursos Marinos y Pesquerías de laUniversidade da Coruña (UdC) y tres representantes de ONGD gallegas que trabajan en temas de pesca en Centroamérica (Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, Amigos da Terra Galicia y Asamblea de CooperaciónPola Paz-AGARESO). Guadalupe Martín, del CETMAR, destacó la importancia de la coordinación y la colaboración entre los distintos agentes, a la hora de elaborar estudios que indiquen acciones a abordar para la promoción de la pesca artesanal. Duarte Vidal, de la UdC, hizo hincapié en la necesidad de que haya una buena regulación y supervisión en cuanto al manejo de los recursos pesqueros en la pesca artesanal, siendo lo ideal que esta regulación fuese establecida a nivel comunitario, previo conocimiento del estado de los recursos, y teniendo en cuenta así la diversidad de variantes en las artes de pesca utilizadas en cada área. Por su parte, desde las ONGD, tanto Yolanda, como Laura y Carmen apuntan a la necesidad del asociacionismo para poder fortalecer el sector pesquero artesanal desde la base, fomentando iniciativas que logren además favorecer la independencia de las mujeres, y tratando de frenar las importantes amenazas que sufre el sector procurando su intervención en niveles cada vez más altos de decisión.

De izquierda a derecha: Duarte y Guadalupe

Finalmente, ya por la tarde (y tras una comida que sirvió para degustar productos de pesca artesanal y hablar relajadamente y no tan formal), en la mesa de intercambio de experiencias desarrollada durante la tarde intervinieron tres mujeres representantes de Cooperativas pesqueras artesanales de El Salvador, Nicaragua y Honduras, una bióloga marina de la Cooperativa O Canto da Balea de Lira, una bióloga ambiental de la Fundación Lonxanet para la Pesca Sostenible y el presidente y la secretaria técnica de la Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (ASOAR-ARMEGA). Estas 7 personas relataron la experiencia específica desarrollada en sus respectivas entidades, por la promoción de la dignidad del sector pesquero artesanal, y de búsqueda de alternativas dentro del mismo, con visión de sostenibilidad. En sus intervenciones se apuntaron premisas como el esfuerzo colectivo; la educación medioambiental y defensa de los ecosistemas; la necesidad de romper la brecha entre pescadores/as, instituciones y sector científico; el enfoque de abajo-arriba con iniciativas que partan de las propias comunidades pesqueras, actuando como acompañantes los otros actores (como señalaba Elena Vázquez, de la Fundación Lonxanet); la introducción de actividades innovadoras como por ejemplo en relación con el turismo marinero; la apuesta por la diferenciación del producto, pues es clara la mayor calidad que puede ofrecer la pesca artesanal, y en relación con esto habría que hacer una buena labor de promoción de consumo responsable entre la población (tal y como defendía Rita Pesqueira, de O Canto da Balea), o la necesidad de definir y establecer claramente qué es la pesca artesanal y qué tipo de artes, variantes y formas de manejo dentro de las mismas se pueden considerar como sostenibles (como apuntaba José Luis Rodríguez, de ASOAR-ARMEGA, después de que María nos contara sobre las actividades de la asociación), pues esto podría ser una cuestión clave, una vez que existe un compromiso por parte de los/as pescadores/as, a la hora de defender y lograr mayores apoyos para la pesca artesanal sostenible en los estamentos que deciden las políticas pesqueras. Desde Centroamérica, Aleyda, Alejandra y Fátima contaron distintas experiencias de cooperativismo, superación y luchas (contra una sociedad patriarcal, amenazas de grandes empresas, falta de formación en algunas técnicas, etc.).

De izquierda a derecha: Rita, Elena, Alejandra, Fátima, Aleyda, María y José Luis

Pronto tendremos unas conclusiones a modo de manifiesto, que nos permitan seguir trabajando por la pesca artesanal y sostenible en Galicia y Centroamérica, que tanto deben a este sector.

23 oct 2014

I Xornadas "É neutral a tecnoloxía? As mil caras do feito tecnolóxico"

SÁBADO 22 DE NOVEMBRO
Salón de Actos da Facultade de Filosofía, Santiago de Compostela.
ENTRADA LIBRE.


9:30 Recepción de participantes

9:45 Presentación xornadas

10:00 Mesa redonda. Dimensión filosófico-ética da tecnoloxía


11:00 Mesa redonda. Dimensión socio-cultural da tecnoloxía
  • José Manuel Vázquez. Antropólogo e profesor xubilado de Prehistoria da Universidade de Santiago de Compostela
  • Vanessa Míguez. Socióloga especializada en fenda de xénero. Técnica da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña.
  • Carmen Novas, técnica da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO). Comunicación para o desenvolvemento.


12:00 Descanso


12:20 Conversa con Jorge Mira. Físico, investigador, divulgador científico e docente da Universidade de Santiago de Compostela. Ciencia para as persoas


13:00 Mesa redonda. O pequeno é fermoso 
  • Antón Ríos Hucha. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Membro de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Tecnoloxías apropiadas. 
  • Emilio Padrón. Enxeñeiro Informático. Investigador e docente da Universidade da Coruña e  membro do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux.  
  • Carolina Martínez García. Arquitecta técnica especializada en bioconstrucción, coautora do blogue Bioconstruirme.

OBRADOIROS PRÁCTICOS

O mesmo Sábado 22 de Novembro ás 16:30 en Santiago  no CIAC "Mantemento básico de bicicleta"  xunto cos compañeiros e compañeiras da Sociedade Cívica Composcleta aprenderemos os coidados básicos da bicicleta, xa que os axustes, o coidado e as reparacións da nosa montura son un factor crucial para facer dela un medio de transporte cotián, eficiente e fiable. O obradoiro é de balde e a entrada é libre pero será necesario realizar a preinscrición no correo electrónico compostela@galicia.isf.es.


ADEMAIS...

 En Santiago de Compostela

Martes 18 de Novembro, as 18:30  no CIAC. "Elaboración de productos de limpeza caseiros e ecolóxicos" . Almudena Ares, técnico superior de Xestión de Recursos Naturais, proporcionaranos receitas sinxelas, baratas e ecolóxicas para elaborar fácilmente os produtos de limpeza caseiros e así manter o noso fogar saudable e libre de tóxicos.
 

Martes 2 de decembro a partir das 17:00 tamén na Facultade de Dereito (Aula Informática 03) "Segunda vida para o teu ordenador". A Oficina de Software Libre do CIXUG axudarannos  instalar outros sistemas operativos que nos permitan seguir empregando ordenadores que xa non soportan os actuais.


Os obradoiros son de balde e a entrada é libre pero será necesario realizar a preinscrición no correo electrónico compostela@galicia.isf.es. 


Prégase difusión!  

21 oct 2014

Experiencias de EpD na Universidade da Coruña

As tres universidades galegas participan na Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento, froito do Convenio de Colaboración que asinaron o 16 de xuño as tres Universidades, a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. Deste proxecto xorde ,entre outras actividades, un calendario de formación moi amplo, no que está encadrado un curso de Introdución á Educación para o Desenvolvemento o cal está a impartir ESF.

A primeira sesión, que contou co apoio do CUFIE e a OCV, tivo lugar na Coruña o pasado 10 de outubro. Entre outras cousas nela explicouse a evolución da EpD e as conclusións obtidas nas entrevistas que lle levamos facendo ao profesorado universitario. Ademáis expuxéronse catroce iniciativas relacionadas ca EpD que se están a levar a cabo na Universidade da Coruña para poder debatilas, buscarlle obstáculos e facerlle propostas de mellora, aquí vai unha listaxe das iniciativas e  as conclusións obtidas:



Presentación de exemplos de EpD existentes e propostas de mellora:


 Materias específicas sobre cooperación e educación para o desenvolvemento:

O profesorado non coñece ou non ve a relación ca temática. Deberíanse crear xornadas participativas.
Son conceptos novos, o alumnado pode estar perdido ante estas materias. Sería positivo vincular as materias obrigatorias cas optativas.
Dificultade ou medo entre profesorado para completar o número de créditos necesarios.
De ser necesario presentar a materia sería unha gran oportunidade para dar a coñecer novas metodoloxías docentes, non só os contidos da materia.
Máis problemas entre profesorado que problemas burocráticos á hora de introducir novas materias.
Estase a pasar de Bolonia2 a Bolonia3, isto pode abrir un espazo para poder introducir novas materias.


Colaboración con ONGD para organización de cursos con recoñecemento académico sobre esta temática:

A propia ONGD ten aptitudes e coñecementos adecuados?
Como se estimula a organización desde tipo de actividades, tanto polas ONGD, as escolas, o profesorado, e o alumnado?
A actividade que se está prantexando ten que ver cos estudos que se están impartindo na escola?
O alumnado está saturado de horas de clase que son obrigatorias para poder aprovar e non ten tempo para isto. Cando realmente pode prefire descansar e relaxarse.
Complementar actividade académica e formativa.
Establécense redes.


Xeneración de materiais que permitan transversalizar elementos da EpD na práctica docente habitual, estando a promoverse tamén o APRENDIZAXE-SERVIZO:

Falta de información e recursos.
Barreira comunicativa.
Reacción de compañeiros e profesores, barreira psicolóxica.
Non se coñecen as necesidades do colectivo (descoñecemento mutuo).


Alianzas con ONGD para proxectos de investigación para o desenvolvemento (exemplos: solidaridade internacional: proxecto de estudo dos seus propios proxectos de EpD con departamento de comunicación, ESF-Cartolab, etc). Deste xeito a investigación pode ser moito máis aplicada.

Falta de información e recursos.
Barreira comunicativa. Descoñecemento mutuo.
Barreiras psicolóxicas, medo a que a situación nos poida superar ou dar máis traballo do que tiñamos pensado.


Acceso a subvencións específicas para universidades para proxectos internacionais de cooperación ao desenvolvemento ou para accións de EpD ou IpD, en Galicia este ano por primeira vez por parte de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Falta de tempo para levar a cabo unha acción conxunta entre dúas entidades que se descoñecen por completo.
Barreira comunicativa propiciada por un descoñecemento mutuo.
Barreiras psicolóxicas, medo a que a situación nos poida superar ou dar máis traballo do que tiñamos pensado.


Dirección de tesinas ou proxectos fin de carreira con contidos de EpD ou cooperación para o desenvolvemento.

Falta de formación e información entre profesorado, tutores e tribunal.
Falta de experiencias previas e de bibliografía.


Rede galega de educación para o desenvolvemento na docencia universitaria. 

Non resulta de rentabilidade económica inmediata
A universidade é moi competitiva e a actividade docente moi mercantilista, os docentes orientan o seu traballo a como se os vai avaliar, non a mellorar como profesores.
Os docentes poden pensar que isto non forma parte da súa labor docente.
A universidade ten que contribuir á transformar a sociedade e non ten sentido traballar illado, a rede pode ser imprescindible.
Proponse facer un congreso que sirva de arranque.


Novas ferramentas didácticas distintas ás tradicionais, que xa se están a utilizar aínda que non de xeito xeralizado (xogos de rol, exposicións, relatorios...).
    As dinámicas teñen a traba de que non estamos acostumados a opinar en público e empobrecense os resultados obtidos. As veces obrígase a participar e isto desmotiva, non se pode obrigar a ninguén a nada.
    Profesorado encerrado en clases maxistrais e posiblemente non teñan as ferramentas necesarias para romper ca súa forma de ensinar se así o desexaran. *O CUFIE ten cursos formativos sobre isto, e a fundación universidade-empresa, tamén.
    Os profesores están sobrecargados de traballo, non teñen tempo para preparar as clases e preparalas con novas medotoloxías e casos practicos leva o triple de tempo.
    O sistema de avaliación actual non sirve para producir cambios reais, o profesorado “caca” seguirá estando sempre aí e facendo o mesmo. Pouca xente cubre as enquisas, polo tanto non se toman en serio porque a mostra non é suficientemente ampla.
    Profes convencidos de que é posible e fácil levar a cabo melloras nas metodoloxías pero o alumnado non ve esas “facilidades” no seu día a día de aulas.


Cursos de formación de formadores.

Dificultade de compatibilizar docencia e investigación: o profesorado busca accións para mellorar na súa carreira persoal e non en mellorar a docencia. Conta moito máis as publicacións e patentes que a docencia, polo tanto para acreditarse deixan de lado a docencia. 


Diagnose sobre a educación para o desenvolvemento na universidade pública galega: proceso interesantísimo ao falar co profesorado, e coñecer outras ideas. No estudio presentouse ao profesorado se consideraban que a universidade debe estar comprometida. 
    A hora de facer enquisas o grupo mostra sempre é o máis accesible e maís positivo, máis sensibilizado.
    Demasiados emails, estamos expostos a unha excesiva comunicación. Borramos mails sen lelos e é complicado establecer novas comunicacións.
    A hora de facer enquisas pódese pecar de facer esquisas moi ambiciosas con un número de ítems excesivo que leven moito tempo e desanimen a participación. Facer entrevistas en persoa pode axudar a superar esta barreira.





E como o tempo de traballo non é eterno, aquí van actividades que se están a levar a cabo na universidade da Coruña pero que non dou tempo a traballar.
  • Colaboración con ONGD para que “veñan a aula” (lectorado):
  • Estancias de investigación para docentes ou estudantado no marco de programas internacionais de cooperación que poden estar vencellados a proxectos de investigacións ou proxectos de fin de carreira.
  • Prácticas para alumnado, convalidación de créditos ETC por horas de voluntariado ou formación externa (pode ser en ONG con convenio coa universidade).
  • Facilitar loxística para eventos relacionados (ciclos de cine, exposicións, relatorios...)



Bonus Track: novas propostas.Para finalizar unha listaxe de iniciativas que non se están a levar a cabo pero que nos gustaría que si se fixese:

-Fomentar realmente unha das 14 propostas xa existentes. Difusión das opcións que xa temos.
-Máis espazo para a sensibilización, as 14 propostas existentes son de EpD (que asisten os xa convencidos), necesítase espacio para a educación non formal.
-Crear un blogue (ou web) aberto entre o alumnado e os docentes. Aproveitamento das TIC.
-Xornadas dende a propia realidade, sair e ver o que hai fóra e non estar na burbulla da aula.
-Campañas de prevención e sensibilización por parte do alumnado para o alumnado.
-Buscar unha forma de consenso, buscar obxetivos conxuntos.
-Apertura de espazos a ONGD ou outros colectivos para que leven a cabo actividades e facilidades horarias aos alumnos para que poidan asistir.
-Cursos con créditos ECTS.
-Adaptacións curriculares para todas as titulacións con algunha práctica obrigatoria relacionada ca -EpD ou cooperación.
-Prácticas en ONGD ou outros colectivos.
-Creación de asignaturas multidisciplinares que involucren aspectos de EpD ou cooperación.
-Mobilizar ao alumnado ante situacións de exclusión.
-Fomentar dende o PAT axuda e coolaboración entre alumnos.
-Seminario OBRIGATORIO de EpD para profesorado.
-Formación de gabinete para atender dúbidas de profesorado.
-Achegarse aos problemas de cidadanía. Levar a universidade á cidade e que as actividades da universidade se convirtan en actividades da cidade.
-Favorecer relación e achegamento entre profesorado e alumnado.
-Obrigatoriedade do ano sabático e aproveitamento dese ano.
-Inserir poboación civil entre a poboación asistente ás presentacións de traballo fin de grao ou teses.


19 oct 2014

Charla sobre Tecnoloxías Apropiadas no Porto

Roberto, Isa e Teresa
Máis internacionais que nunca. Roberto dixo non lembraba a última vez que fixo unha viaxe tan longa. E é que en ESF, algún xa temos a sorte de poder dicir que damos conferencias noutros países, ainda que esas conferencias duren 15 minutos (repartidos entre tres poñentes) e que ese outro país sexa Portugal, no cal moitos de nós (entre os que me inclúo) non teñen sensación ningunha de estar non estranxeiro. E mais cunha acollida tan calida como a que nos brindou a nosa colega de Porto, Teresa (a podedes ver na foto, a dereita). Sen dúbida, temos moito que agradecerlle pola súa amabilidade e hospitalidade.


Pero non vaiamos tan rápido. Comece-
mos as cousas polo principio. Este fin de semana, o sábado 18 de outubro, a ONG Engenharia para o Desenvolvimento e Assistência Humanitaria (EpDAH), os nosos colegas en Portugal, convidáronnos a compartir a nosa experiencia nun encontro acerca de coñecemento local e capacitación para o desenvolvemento (na foto, podedes ver o título en portugués) na Fundaçao Serralves, na cidade do Porto.

Fomos tres persoas: Roberto Roget (Santiago), Isabel Somoza e un servidor, Miguel Pino (os dous de Vigo). Alí tivemos a oportunidade de ver pequenas charlas sobre o Proxecto Ríos en Portugal (En Galicia existe un proxecto co mesmo nome, no que de feito participa ESF Galicia!), consistente en tratar de fomentar que a xente se reapropie e revalorice a paisaxe 'apadriñando' treitos de ríos, tratando de manter o seu estado natural ou recuperándoo. Outra charla trataba sobre a recuperación de bosques autóctonos no entorno do Porto, tamén tratando de involucrar activamente á cidadanía. En fin, temas interesantísimos. Entre os poñentes, atopábase o mesmo Padre António Fontes, pioneiro na investigación e difusión do coñecemento e cultura local.

Isa durante a súa intervención
O encontro tamén nos permitiu coñecer os proxectos que están a levar a cabo no núcleo de Porto (núcleo equivale alí as nosas sedes, os grupos de Coruña, Santiago... etc.), que son moi interesantes e moi diversos. Sen dúbida, temos boa relación e esperamos poder recibir unha boa comitiva deles na nosa próxima xuntanza (mensaxe subliminal).

A nosa charla saiu bastante ben, a pesar de que o día anterios parecíanos que se ía acabar o mundo. Nós decidimos falar sobre tecnoloxías apropiadas, que é do que máis sabíamos e así quedábamos ben. Como soamente íamos falar 15 minutos, ía parecer que éramos uns cracks. Ao final, coa xente que falou no encontro, debimos parecer calquer cousa menos uns cracks. Pero bueno, a xente aplaudiu, que é o importante. E Roberto parecía importante e todo, como se ve na foto.

Ao acabar, tivemos a oportunidade de facer unha pequena visita guiada polos xardíns da Fundaçao Serralves. Habendo aprendido moitas cousas, na compañía de xente tan amable como os nosos colegas do Porto, impregnados da maxia desa cidade, regresamos no comboio rumbo de Vigo moi cansos pero moi satisfeitos. Esta charla foi toda unha experiencia na que eu aprendín moito, e que espero que se poida repetir moito. Espero tamén que os nosos colegas portugueses, que tan ben nos trataron, lean este post, e não tenhan problemas en percever o galego, que é cuase igual á súa lingua portuguesa!



17 oct 2014

Ejemplos de gestión del común en el rural gallego



Galicia, región autonómica situada en el extremo Noroeste de España, se ha caracterizado hasta hace poco tiempo por una población de campesinos con explotaciones de tipo minifundista y una enorme dispersión del hábitat en muchas pequeñas aldeas lo que ha generado estrategias cooperativas adecuadas para hacer frente a los problemas de las explotaciones campesinas pequeñas en especial la escasez de recursos. Aunque, hoy en día, el mundo del campo ha cambiado radicalmente, influido por el desarrollo de la industria agroalimentaria y la globalización se han mantenido hasta el presente o hasta fechas muy recientes una serie de sistemas cooperativos que permitieron durante siglos sobrevivir a las duras condiciones del campesinado tradicional. Los que se describen a continuación son aplicables para resolver problemas parecidos a otras zonas del mundo:

1. Mutuas voluntarias de seguro ganadero.

A este sistema dedicamos recientemente esta entrada


2. La vecera o gestión común del ganado.

Para el cuidado extensivo del ganado, en especial el de tipo menor, se emplea el sistema de la “viceira o veceira “, vecera, en las comarcas donde hay abundantes pastos comunales, como sucede en las montañas. Los vecinos hacen un acuerdo a nivel de aldea para el pastoreo comunitario por turnos de todas sus reses, de modo que todos los días uno de ellos tenía que cuidar el ganado de todos los demás, a mayores del propio, sacándolo de la aldea, llevándolo al monte y devolviéndolo al atardecer a cada casa. En el caso, muy frecuente, de que los distintos vecinos tuviesen un número diferentes de animales se establecía un módulo, de modo que por ejemplo, el que tuviese siete reses tenía que hacer un turno de un día, el de catorce dos y así sucesivamente, de modo que una persona dueña de veintiocho ovejas tenía que cuidar las de todos durante cuatro días.

Cuando se trasladaba a los animales a los pastos de altura, desde finales de primavera hasta comienzo del otoño, se aplicaba el mismo sistema y cada encargado del turno del cuidado del rebaño pasaba los días correspondientes en los pastos de la montaña viviendo en una pequeña choza, hasta que le llegaba el relevo, a cargo de otro miembro de la comunidad.

Otra fórmula alternativa, aún en uso en las montañas orientales de la región, es la del pastor asalariado por los miembros de la comunidad vecinal ganadera. Se hace un contrato con el pastor, al que se le suele abonar el salario mínimo interprofesional que marca el derecho laboral español, por el cual se compromete a sacar a pastar todos los días el ganado de todos los vecinos de la aldea que participan de la comunidad, y éstos se comprometen, a mayores de pagarle el salario en proporción al número de animales que aportan al rebaño común, a alojarlo en su casa, y mantenerlo también de acuerdo con lo anterior.
Cuando el ganado sube a los pastos de montaña, el pastor asalariado, que también puede llevar un cierto número de ovejas propias, vive en una cabaña, y cada cierto número de días recibe comida fresca, y a veces la ayuda de alguno de los ganaderos que participan en el trato.




3. La gestión de los montes comunales.

Hay dos tipos de montes comunales que se explotan de modo colectivo sin partir definitivamente su propiedad o sus derechos de explotación. En unos tienen derecho a acceder a sus recursos todas las casas que tiene asiento conocido en la aldea, comunidad o parroquia a la que pertenecen, en otros solo pueden utilizarlo aquellos que tienen derecho a hacerlo no siendo suficiente para ello el estar avecindados dentro de la comunidad que lo usa.
En ambos casos los usuarios lo hacen de un modo colectivo formando una asociación que se encarga de la gestión mancomunada de este recurso común, al menos para la mayoría de los vecinos de la comunidad. Se regula el acceso a los diferentes recursos siempre con la filosofía de la igualdad de oportunidades de los comuneros.
En el caso de la explotación agrícola se procede a dividir el monte en parcelas temporales que se sortean entre los usuarios quienes después proceden a las labores propias de la rozas, el sistema tradicional de cultivo mediante el uso del fuego, consistente en cortar y quemar la vegetación para dejarlo de este modo despejado y abonado y poder proceder a la siembra.
Por este sistema se obtiene una primera cosecha que puede ser importante dependiendo de las condiciones del lugar y de la climatología del año, en años sucesivos los rendimientos son decrecientes al punto de que en algunos sitios la tercera cosecha ya no se considera rentables. Agotada o notablemente disminuida la fertilidad inicial del suelo se abandona el lugar hasta que la recupera para lo que pueden pasar cinco, siete o en algún caso más de catorce años.

4. La gestión de los sistemas de riego.

Galicia, el país de los mil ríos y la lluvia, tiene problemas con la gestión del agua de los regadíos en especial desde la época en que a causa de la importancia creciente de la ganadería se incrementó la expansión de los prados de pasto que necesitan ser regados, en especial durante los períodos de relativa sequía estival. Para solucionar el problema de la escasez temporal de agua se han desarrollado sencillos sistemas de reparto mediante pequeñas canalizaciones hechas con medios sencillos por los campesinos que requieren, no tanto una labor costosa de mantenimiento que cada uno suele hacer en el tramo correspondiente a sus fincas como un control riguroso de los turnos de aprovechamiento.
Aquí el acuerdo de los vecinos que emplean el mismo recurso común en un lugar concreto resulta fundamental para el mantenimiento del sistema. A lo largo de la historia la ausencia de un poder inmediato consensuado y aceptado por los regantes ha dado lugar a numerosos litigios que han sido llevados ante los tribunales de justicia ordinarios con el correspondiente gasto de dinero y de energía.
En líneas generales la conflictividad no parece excesiva en un país de minifundio con innumerables explotaciones que requieren regadío y en las que el recurso a la ley es una costumbre tradicional como forma de mantener los derechos y el prestigio de las personas o familias envueltas en el problema.
Quizás la existencia de un órgano más próximo para resolver los problemas derivados de la gestión del agua, como por ejemplo el tradicional Tribunal de las Aguas de Valencia, adaptado a las condiciones del país hubiese contribuido a la minimización de los incidentes.

En algunos casos donde la inversión fue más costosa, como en la comunidad de regantes del valle de Lemos, con una gran presa y varios canales (construidos durante la dictadura), abarcando varios municipios, la gestión se hizo mucho más compleja. Al entrar en la gestión la administración pública (actualmente la Confederación Hidrográfica Miño-Sil), se produjo un cierto abandono del sistema de autogestión a medida que se iba abandonando el cultivo, sin actualizarse la base de datos de regantes y sin que quedase claro el papel de la propia comunidad de regantes y del ente público en el mantenimiento del sistema. Esta ambigüedad fue llevando a un cierto desgobierno, que se mantiene actualmente (con tímidos esfuerzos desde la administración por regularizar la situación, que nunca llegan a completarse por falta de apuesta política real).


Estás fórmulas, exitosas a lo largo de siglos en los lugares de montaña de amplias zonas del mundo, permiten obtener una cierta ganancia sin demasiado esfuerzo ni inversión inicial.
Parece muy probable que, con la ayuda de los microcréditos (o algún tipo de capital semilla), para tener los animales necesarios para que el procedimiento sea viable, se pueda obtener un beneficio adecuado con una pequeña inversión puesto que la filosofía de los sistemas de gestión comunitaria de los animales de las pequeñas explotaciones ganaderas, es la de una inversión mínima de la que se puede obtener un beneficio seguro, de un modo cooperativo, que fomente la solidaridad social y económica dentro de las comunidades.


José Manuel Vázquez Varela
Catedrático jubilado de Prehistoria y Etnología, colaborador de ESF.

Sergio Fernández Alonso
Técnico de proxectos de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

15 oct 2014

e xa están todas as PCR 2014 en Honduras!!!

A principios desta semana chegou a que faltaba, Almudena Rodríguez, participante no PCR polo grupo Agro.



E aqui rematan as presentacións deste 2014. Agora só faltan que nos manden unha foto as 4 xuntas dende alá :-) e que por suposto, nos conten as súas experiencias polo medio que máis rabia lle de (blogue, facebook, twitter..) pero que conten!!!

A desfrutar da experiencia!