30 nov 2010

A primeira charla sobre o concepto de EpD




Pois, por primeira vez chamaron a ESF para falar do concepto de Educación para o Desenvolvemento, un pequeno paso para ir cumprindo un dos obxectivos da Planificacion Estratéxia, convertirse nun referente da EpD na universidade! Esto xunto ca nosa proposta de dar un módulo sobre este tema dentro do Plan de Formación de Profesorado Universitario (PFID), son uns pequenos pasos.Ese é o camiño!!!

Gran parte do grupo de EpD estuvemos o venres 19 en Lugo e o sabado 20 en Santiago frente a uns 40 e 140 alumnos da USC respectivamente. E como o movemento se demostra andando, intentamos non só explicar na teoría o que entendíamos por EpD senon que o puxemos en práctica facendo participar ao alumnado en todo o momento, ata eles mesmos fixeron as definicións de EpD, sensibilización, incidencia e investigación.

Agora esperamos que todo esto deixara algo de poso e collan o camiño de convertirse en cidadáns globais...

29 nov 2010

Xuntanza Extratéxica!!!



O pasado sábado 27 de Novembro celebramos a Xuntanza, deste vez estratéxica, dado que estuvemos traballando sobre a Planificación Estratéxica. (PE)
Debido a nova modalidade de Xuntanza, dun único día onde gran parte da tarde a ocupou a Asamblea de socios, a actividade foi intensa e xa temos un punto de partida no que empezar a traballar.
1º Taller
Da primeira PE tiñamos definidos unha serie de definicións e principios/valores. Todos estos se repartiran entre os grupos/sedes de ESF para que cada un puidese defender manter ou cambiar a actual definición de 2 conceptos. A idea era que houbera unha reflexión previa das persoas voluntarias nos seus grupos e despois compartilas. Dado que se pretendía ser moi operativos non queríamos deixar listas as definicións, senon reflexionar e ver os puntos de diverxencia para que traballaran posteriormente.

2º Taller
Aproveitando a análise DAFO (Debilidades-Ameazas-Fortalezas-Oportunidades) feita fai uns anos, quíxose actualizar esa foto do entorno e da propia asociación. Dividindo a xente en grupos aleatorios pero intentando que foran representativos, sacamos unha nova foto!!!









Aínda quedan moitas dúbidas por despexar e sobretodo a asociación ten que demostrar que aposta pola PE e dedicar recursos a elo, xa que actualmente o grupo nin ten 2 persoas [ 1vogal (Santi) + 1/4 voluntaria (Carmen) + 1/3 voluntaria (Patriza)], nun mes o saberemos...

28 nov 2010

Xornadas de Enerxías Renovables e Desenvolvemento Humano

As últimas semanas na sede de Vigo están a ser dunha inusual e frenética actividade. O motivo non é outro que a preparación das Xornadas de Enerxías Renovables e Desenvolvemento Humano, que terán lugar no paraninfo da Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial de Vigo os días 15, 16 e 17 de decembro de 2010. Dende a súa web podemos ler:

Debido á percepción de abundancia enerxética que se ten dende os países ricos, a estreita relación entre as enerxías e Desenvolvemento non sempre é doada de visualizar en cifras ou en experiencias concretas. A través das Xornadas pretendemos amosar como a falta de acceso a recursos enerxéticos economicamente asequibles, fiables, seguros e respectuosos co medioambiente, crea severas restricións no desenvolvemento económico e social.

Se ben as xornadas terán un eixo principal que é a relación entre as enerxías renovables e a súa capacidade para promover o Desenvolvemento Humano, o obxectivo das xornadas é dar unha visión o máis global posible do modelo enerxético actual. Os distintos puntos de vista que os asistentes poderán coñecer a través dos poñentes invitados axudarán a ver o problema enerxético dende diversas perpectivas como pode ser a visión dos grupos ecoloxistas ou os productores de enerxías renovables.

Animádevos e, se es estudiante, lembra que a asistencia ás charlas será convalidada por un crédito de libre elección (en proceso de validación)

27 nov 2010

Y otro año más ¡Habemus Presupuesto!


Sin atrevernos a comparar la hora de la entrada del año anterior y la de este, nos complace anunciaros que ¡los números cuadran!.

24 nov 2010

27 Novembro: Xuntanza!!

pois aí vai a última xuntanza e asamblea deste ano 2010, a cal vai ser "estratéxica", dado que o tema estrela será a renovación da Planificación Estratéxica. As persoas voluntarias e/ou socias temos a oportunidade de decidir cara onde queremos ir como asociación e cómo. Asique animamos a todos a acudir a esta Xuntanza, máximo expoñente do asamblearismo e participación, pero dunha forma dinámica ;-)

Desta volta xuntarémonos en Coruña, na ETS de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, no campus de Elviña da Universidade de A Coruña, na sala de graos.

O programa (apretadiño) vai ser:

9:30 - 11:00 Dinámica de Presentacion
11:00-13:30 Dinámica conceptos/principios de Planificación Estratéxica
13:30 -14:00 Dinámica DAFO Planificación Estratéxica (I)

Xantar vertebrativo!

15:30 - 16:00. Dinámica DAFO Planificación Estratéxica (II)
16:00 - 17:00 Dinámica Avaliación Planificación Anterior
17:00 Asamblea

Se tedes calquera dúbida escribide a info@galicia.isf.es


ANIMÁDEVOS!!!!!

23 nov 2010

Máis eventos ESFeros: exposición de Sáhara

Boas a todos!!

O grupo de SensiCom Compostela (Sensibilización e Comunicación) quere facervos saber que con motivo dos acontecementos que se están dando entre Marrocos e Sáhara Occidental, estamos levando a cabo "actividades de emerxencia".
Polo tanto, ademáis de colaborar e apoiar campañas que se leven a cabo por outras ISF ou outros grupos dentro de Galicia, en Compos, o propio grupo de Sensi que naceu con Sáhara, movilizouse e decidimos dar uso á "Expo Sáhara" que temos.
Íamos comezar pola ETSE, pero como a recente biblioteca Anxel Casal se mostrou interesada, xa temos os permisos e mañá quedará exposta alí. Será un bo sitio apra que se visualice debido á afluencia de xente e diferentes eventos que nela se levan a cabo. Ademáis, coincide coa celebración de CineEuropa en Compostela que tamén ten alí unha zona, polo que seguro tamén hai máis xente do habitual!

Esperemos que sirva para que a xente se informe máis e coñeza a realidade dende outros puntos de vista!

Xunto a "Expo" haberá tamén unha mesa con manifestos e demáis material da nosa colleita e non tan nosa informando sobre os últimos acontecementos.
Así mesmo, tamén poñeremos o cartel de apoio ás RASD para seguir contribuíndo coa campaña que ISF Asturias leva a cabo!!

Animámosvos a ir!

Saúdos,
Grupo de Sensibilización e Comunicación Compostela (SensiCom)


21 nov 2010

Lugo rexurde?


Pois fai xa unhas semanas, incluso diria xa que pasa do mes, voluntariado Compostela fixo unha visita a sede de Lugo para ver cómo respiraban e ofrecer o noso apoio a que unha vez máis intente rexurdir, xa que a marcha de Erasmus de Rebeca (actual vicepresidenta en Holanda) e Angeles (responsable de voluntariado en Portugal) deixou ao grupo un pouco tocado.

Pero agora podemos dicir que si! Lugo rexurde! Agora mesmo están Anxo (coordinador de sede), Marcos (coordinador de voluntariado) e María voluntaria dende finais do curso pasado, entre todos fixeron a planificación da sede e contan con novas persoas voluntarias. Agora necesitan o apoio de toda a asociacion e se conocedes a calquera persoa que lle poida interesar o tema de voluntariado e ONGD e que residan en Lugo pois animádeos!!!

ESF na III Feira de Asociacións da UDC

O pasado mércores, 17 de novembro de 2010 celebrouse na Facultade de Sociloxía da Universidade da Coruña a 3ª edición da Feira de Asociacións na que se deron cita numerosas entidades do mundo universitario, entre as que se atopaba ESF Galicia como asociación convidada.

Un importante número de persoas, a maioría estudantes, interesáronse en coñecer cousas de ESF Galicia. Aspectos como o funcionamento interno, as actividades que realiza, os proxectos e campañas nas que traballa e como colaborar, foron algunhas das explicacións máis demandadas.

Tamén se tratou de deixar claro que non é preciso ser enxeñeiro para colaborar ou participar en ESF Galicia. Dende o stand ESF Galicia, repartíronse trípticos explicativos e documentos coa memoria das actividades realizadas ao longo destes últimos anos.

Tamén se ofrecía a posibilidade de ollar algunhas publicacións que informan sobre as actividades e proxectos levados a cabo por ESF Galicia así como aqueles onde se mencionan os posicionamentos de ESF Galicia ante determinados temas, como a situación do Sahara Occidental.

Ademáis, para dinamizar, amenizar e incentivar a participación tamén se convidaba aos interesados que visitaban o stand a participar nos xogos e actividades . Todos os voluntarios que participaron na organización e formaron parte do stand de ESF Galicia, coinciden en que foi todo un éxito, pois cumplironse os obxectivos fundamentais: promocinarse, darse a coñecer e informar sobre as actividades que se están a levar a cabo dende ESF Galicia.