7 jun 2011

Formacion Xeral do Programa de Coñecemento da Realidade

O sábado 28 tivo lugar a primeira sesión de Formación para a xente que se vai de Programa de Coñecemento da Realidade a Honduras, neste verán e outono, se a financiación o permite...

A pesar duns pequenos problemas loxísticos, a formación foi un éxito (ou a xente mentiu descaradamente nas enquisas de formación). Máis haberá que esperar a avaliación a volta, que é cando se pode saber se os coñecementos impartidos valeron para algo (ou non).

Tras a usual dinámica de presentación, onde puxemos cara aos participantes do programa:
- Auga: Alex e Victor
- Desenvolvemento Rural: Alvaro
- Enerxia: Eric
e Belen como suplente de Desenvolvemento Rural e Auga



Esto lle serviría de introducción ao que alí se iba a desenvolver. Demos paso a José Manuel Vázquez, un dos nosos xa habituais colaboradores. Este antropólogo e catedrático de Historia, a través da súa formación e da súa dilatada carreira investigadora falounos sobre o choque cultural, poñendo como exemplo a un clásico do cine como Stromboli ou recurrindo ao síndrome de Stendhal. Para evitar estos males, recomendou informarse sobre a situación sociopolitica do país e sobre a súa historia, xa que é o condiciona a cultura. Unha páxina de onde se pode sacar moitísima información e actualizada é a da CIA.
Dende a xente de ESF tamén se recomendou visitar os blogues tanto o de Nicaragua como o de Honduras, xa que se pode un familiarizando co país, os proxectos e ca cultura.

Tras esta introducción teórica ao largo da cal enriquecido co intercambio de opinións e experiencias, e cun parón afroitado e doce para coller folgos, fixemos unha dinámica para intentar poñer en practica o que acabamos de aprender, a xa habitual dinámica dos Derdianos. O relator da primeira charla sobre interculturalidade, Jose M. Vázquez foi un derdiano máis.






A nosa seguinte relatora, sobre xénero, por diversos problemas loxísticos non puido acceder a dentro do edificio donde se estaba celebrar a formación, pero esto non impediu que tivéramos unha interesante reflexión sobre os comportamentos en cuestión de xénero e discriminación tanto no Sur como Norte. Ademais expuxéronse situacións as que tiveron que enfrentarse anteriores PCR's.

Tralo xantar por diversos compromisos, causaron baixa Eric e Belen. Aínda así, proseguimos ca nosa andaina formadora.




Juan Adolfo do grupo Auga, falounos sobre o compromiso PCR e Sabela ex-PCR de Honduras, dou unha charla moi práctica sobre seguridade e saúde. Se lles pasa algo, non será polos consellos que lle deron.




Tras un pequeno descanso, procedimos a falar sobre ESF. Unha primeira dinámica con sopa de letras incluidas para falar das siglas que usamos.





Despois decidimos sair a sombra a facer outra dinámica text sobre os conocementos que tiñan os PCR sobre ESF, a institución que van ter que representar no Sur.. tamén participaron Sabela e Juan Adolfo, sendo esta a gañadora indiscutible. Quedou demostrado que a implicación na vida ESF a todos os niveis (asistencia a Cósmicas, Xuntanzas, e vida da sede) da un bó coñecemento da Asociación e que pouco ten que ver co tempo que leves. De feito algun dos futurtos PCR e maís recén chegados estaban maís enterados das últimas novidades que están sucedendo en ESF que algúns que levan máis anos e só están nun grupo...




Volvemos ao interior para repasar conceptos básicos sobre cooperación e incluso dou tempo para ter un interesante debate sobre o mito do "bo salvaxe".





E como pechacancelas, a vertebración! alá nos fomos ver a segunda parte do partido onde o BarÇa se proclamou campión de Europa, para algúns o peche final perfecto dun día, polo menos, interesante.

Os primeiros días do movemento de indignados en ESF


Unha xente máis metida dende o principio, outra que se foi metendo, outra que foi saíndo ou se desvinculou, outra o seguiu máis pola rede (polos medios de in-comunicación habituais era complicado sobre todo nos primeiros días), algunha participou no debate nas listas de correo de ESF, doutra sabíamos a súa opinión polas redes sociais ou falando en persoa ou porque nos veíamos nas asembleas nas distintas cidades galegas... Nestes días produciuse ademais a votación da Xunta Directiva de ESF para adherirse a Democracia Real Ya (concretamente foi oficial o 16 de maio). Algúns escribiron recriminando nalgunha medida a "parálise" das "organizacións tradicionais" (partidos, ONG, etc.) á hora de tomar partido ante o movemento. 

A continuación podedes ver o movemento que houbo só nas listas (o resto sería imposible de captar aquí). Até 13 persoas distintas da base social de ESF: a permeabilidade co movemento si existiu, non credes?




Participante 0

se algún de vos está indo ás asembleas ou participa dalgún xeito no movemento de Democracia Real Xa avisade, que dende a Coordinadora galega de ONGD, comisión de incidencia, se están compartindo ideas de como apoiar, aportar ideas novas a través de participantes no movemento se é que vos molan e, en resumo, trasladar ás ONG o que está a moverse ahí e viceversa, ademais de apoiar a que o movemento se manteña máis aló destas eleccións, xa sexa como foro de discusión ou coa idea de lograr obxectivos máis concretos (mudar a lei de partidos ou o que se vaia decidindo).

Supoño que o saberedes, pero tanto ESF como a Coordinadora de ONGD adheríronse ao manifesto de Democracia Real Xa.

E como reflexión, por xenerar debate:

Participante 1

Eu estou en Vigo pero non é un pouco precipitado ainda non sabemos ben non a onde imos ...De todos xeitos vou aclarar uns puntos DRY non convoca as asambelas nin acampadas tan so as apoia ...En Vigo aprobouse que a Asambela é A Asamblea de Vigo sen pertencer a ningun colectivo o manifesto no que supsotamente se vai a traballar coma documento de base é o de Asamblea de Sol intnetarei k mo envien por correo e e volo envio...

Se van a intentar facer debates para conciencian social antes de votar algo tanto de Banca Etica modelos económicos alternativos,consumo responsabel...alternativas enerxeticas,pero tamen esta no aire ..


Participante 2
Segundo teño entendido, este é o decálogo base en Santiago, que se tratará hoxe na asemblea. 


De todolos xeitos, tanto o manifesto como as propostas de DRY están na súa web, que como ben se dixo, este movemento tan só apoia as acampadas.


Participante 3

Eu estou acudindo as asembleas e participando nas actividades. Pero como se vai levar exactamente o tema? resumindo actas (podería trasladar anotacións), achegando actores...

O que sí podo case afirmar e que polo menos en Ferrol se está a fragmentar en dúas vertentes: a que persigue soamente os obxectivos do manifesto (que son a nivel estatal e da UE) e outro que ve con bos ollos achegarse cara @s poíticos locais (dentro dos parámetros da lei de participación cidadá do concello) para intentar cumprir as demandas d@s veciñ@s no tocante a este eido recollidas durante estes días. Unha mostra de grande debate que está haber foi a asemblea da tarde que durou 3 horas intercambiando posturas só desta reflexión. Os ánimo semellan seguir intactos a pasares do varapalo das eleccións (maioría absoluta do PP e escaso voto en branco).

Por primeira vez unhas persoas o calificaron como un movemento de xente que na súa maioría é de esquerdas. Antes evitábase dotarlle dunha ideoloxía concreta. Eu neste punto non estou para nada dacordo xa que penso que este postulamente podo ser perigoso e perxudicial, xa que coñezo persoas de dereitas e votantes do PP que asinaron o manifesto. Incluso o venres pasado había un cura participando xunto a feligreses. Cada ten a súas ideas e esta teoría da etiquetaxe non me mola e ese é un principio básico do manifesto.

Por último destacar que hoxe houbo como 150 persoas na asemblea da tarde-noite e durante o día se seguíu achegando moita xente, sen tanta reticencia como os días anteriores (dame a min a impresión).

En canto a xestión destacaría o ben coordinados en canto horarios, xa que se turnan para que todo o mundo poida descansar na súa casa algunhas hora o día e o resto das cousas se comparten con todo o mundo, incluso os gastos, non se mira quen pon máis ou menos :) É algo alentador!

Ah!! outra cousa durante a finde participei na de Monforte e alí houbo un concerto-concetración o venres pero a xente non estivo nada participativa e @s organizador@s estaba un pouco de baixón... O sábado sobre unhas 15 persoas estiveron dende a maña ata as 10 da noite dando información e animara aos/ás veciños/as a escribir as súas queixas e colgalas nos bancos da praza de España, e a verdade e que esta iniciativa tivo máis partipación da que esperábamos. Eu ao concerto non fun pero o sábado unhas horiñas e a xente estaba cada vez máis animada. Para o próximo finde teñen previsto unha acampada a partires do venres ou o sábado.

Teño que dicir que en Monforte a prensa se portou especialmente ben. Ata lle deron defusión na radio e na tele locais.

Participante 4

Eu […] estívenme achegando estes días ó Obradoiro. E alén de que se estean debatindo cuestións varias sobre cales son os puntos comúns dos que alí nos concentramos, o que está bastante claro, cando menos dende o meu punto de vista, e tamén dende o de outras persoas de participación en movementos asociativos coas que falei é que FAI FALTA FORMACIÓN en paralelo aos debates.

Hai moita xente alí que está/mos moi verdes en algún aspectos e hoxe, por exemplo, xa houbo un grupo de traballo e unha formación sobre xénero/ feminismo, dado que mañá se comeza a debater no Parlamento a Reforma da Lei da Familia (finalmente a asamblea decidiu apoiar a proposta de manifestarse alí diante ás 10 da mañá!).

Hai outro grupo que está buscando información/formación sobre o decreto do plurilingüismo e sobre a ley D'Hont.

E a min persoalmente paréceme básico dar formación sobre BANCA ÉTICA e alternativas de financiación. Por iso acudo a vós, por se alguén se ve con ganas e capacidade para facer unha pequena formación alí, ou sabedes de alguén que a poida facer. (eu pensara en participante 9, porque eu participara nalgún que ela dera, pero non sei como e por onde andas, eh rapazola??)

Pois iso, que eu creo que è o momento de que se empece a pedir axuda de xente con experiencia en organizacións de base como ESF!!! Hai xente alí agardando a ser sensibilizada e formada!!!

Participante 5

Sobre este tema, comentar que ESF Galicia se adheriu ao manifesto de Democracia Real Ya! (DRY) despois de que a Xunta Directiva o votara a petición de varias persoas voluntarias da asociación. A adhesión non é oficial aínda xa que cando a solicitamos o colectivo DRY estaba inmerso na preparación de actos, manifas, etc. e como é lóxico pospuxeron outras tarefas.

Agora ben, nós votamos adherirnos hai unha semana, cando a acampada en Sol aínda non era tan multitudinaria, cando a cobertura mediática do tema aínda non se disparara... votamos que si a adherirnos ao manifesto porque criamos que era acorde coa filosofía e valores de ESF Galicia.

Por iso creo que é moi importante que os que esteades seguindo o tema nos vaiades informando, porque como algúns dicides non sabemos que rumbo vai tomar isto, e se cadra nalgún momento preferimos desmarcarnos, como ESF, do movemento DRY.

Neste sentido, non se enviou aínda un correo informativo aos socios da adhesión de ESF ao manifesto -tamén porque aínda non é oficial- creo que está ben esperar a que o DRY defina mellor o seu futuro para ver se se axusta aos obxectivos de ESF.

Que vos parece? estaremos atentos ás informacións, saúdos!


Participante 6

eu so asistín a unha asemblea en Vigo, o xoves pasado, na que estaba participante 1 axudando a levar o debate ó terreo da productividade jeje.
A miña impresión é que, aínda que se reuna un grupo bastante heteroxéneo de xente, a maioría ten claro que os puntos que se aprobaron en Sol, con engados e matizacións dependendo da Asemblea son un bo denominador común das reivindicacións sobre as que se pode traballar.

Aínda que había xente que se lle notaba certo sesgo ideolóxico-partidista, en xeral case todo o mundo tiña claro que é un movemento apartidista, que non apolítico, que ten como obxectivo principal, rematar coas eivas do sistema democrático que se estableceu trala transición que ten como resultado un sistema político bipartidista na práctica, moi pouco representativo e cunhas taxas de corrupción e inoperancia inadmisibles. Esta crítica tamén se fai extensiva ós axentes económicos responsables de problemas endémicos e globais.

Eu penso que polo simple feito de ser unha inciativa que implicou un espertar e mobilización de gran parte da sociedade, que moitos crían durmida xa que aceptaba sen case resistencia inxustizas flagrantes, debe ser apoiada por ESF, polo menos eu me sinto cómodo sabendo que o apoiamos este movemento dende o ppio. Por outra banda, polo que vexo, penso que ninguén ten moi claro cara onde vai a cousa, e qué cousas van saír del, pero o que si está claro é que "sin caminante no hay camino".

Coincido en que é moi importante a opinión da xente como Participante 1 ou outros que están diariamente nas Asembleas, pero coido que facemos ben e somos coherentes coas nosas ideas coa adhesión ó Manifesto de DRY!. Tamén sería bo escoitar algunha crítica, se as hai, sobre algo que non convenza a alguén sobre o que se fala ou non fala nas acampadas.

P.D. no micro aberto antes da asemblea de Vigo do xoves, un neno duns 6 anos dixo que había que "non se pode botar lixo ó mar, que se non nos quedamos sen calamares", ad litteram, tomade nota, as novas xeracións veñen pisando forte e teñen as cousas claras ;-)

Participante 7

Eu fun a un par delas (en Vigo) e a verdade é que me encantou o ambiente. O que vin foi un espazo aberto de debate onde cada un expresa as súas opinións, inquedanzas, solucións, etc. sobre a política actual. Moi distinto das aparicións televisivas dos líderes políticos onde parece que o obxectivo é despreciar ao "rival", dicir branco onde o outro dixo negro, cun discurso na meirande parte das veces demagóxico e vacío de contidos.

Entre os pasos a dar agora, eu diría de centrar os esforzos o máis posible nun poucos puntos onde a maioría da xente estea dacordo para así manter a masa crítica e non perder o impulso inicial. Eu diría,
1) cambiar o sistema electoral -> para levar a bó porto propostas máis ambiciosas é imprescindible poder promovelas "dende dentro" e iso pasa por eliminar a lei d'Hont
2) creación de comisións de seguimentos do gobernos. Moito máis ambiciosa... pero é que sen algo así, os gobernos agora mesmo son algo así como unha tarifa plana para a prevaricación :S

Participante 1

Boas
Participante 6 xa me explicaras iso da productividade pk a verdade aparte de gañarme o mote de rompe asambleas(se é k o micro aberto se pode chamar asamblea ,pk para eles ese micro aberto era a Asamblea) ese dia non habia orde do dia pk para algúns de DRY unha asamblea era iso micro aberto asi k ese dia saiu ben eu creo pero bueno hoxe foi un desastre

Criticas pufffffffffff unha ristra delas e mais ..
Eu non vexo hacia onde caminha é apartidista certo pero non por iso imos caer na trampa de non politico ,pero alomenos en Vigo hai xente interesada en que non se dean determinados tema por consideraros de esquerdas coma A nacionalizacion da banca ,outros tipos de modelos económicos ,ectttt..........

So estan interesados en aprobar manifestos para min sin sentido sen unha formacion previa ..Ptos minimos pro exemplo Reforma electoral e Circunscricion única ..Aver pensemo para iso hai que reformar a cosntitución por tanto moitos deles de iso non queren falar porue é un discurso da esquerda radical (me rio eu se foi unha das propostas en Vigo mais votadas)..entón en Vigo estamso intentando facer foros de debate sobre diversos temas antes de pasar a dar votación..pk creemso que é esencial se se kere manter no tempo ...Hai xente que realemtne non saben o que queren os de DRY (QUE VOLVE DICIR ESTAN DESVINCULADOS DO TEMA PARTICIPAN A TITULO INDIVIDUAL )e eu creo ue se se fan debates profundos marcharan ..polo menos pola xente que hai en Vigo ,porue isot e crimeta de bebe ..e se entras a debatir cuestiosn como o Capitalismo xa esta xa eres un izquierdoso que ueres reventar unah asambela co teu discurso ........pero bueno a xente de sempre esta hai hoxe se nos unio Kike Ortiz asi k guay ..............hoxe foi caótico pero buenoc ada vez tenho mais impresión k van a pasar duas cousas ou se radicalizan no discurso ou isto e xogar a facer a revolución e seguir a vivir nun estado paternalista


Participante 4

Por se os interesa, xenero tamén en acampada Sol:


Participante 8

Ola, como dixo participante 1, creo que as asembleas do Obradoiro e do Obelisco están traballando con autonomía e independencia con respecto a DRY. Con respecto ao comentario de participante 1 sobre a ideoloxía de esquerda, penso que non discrimina as persoas de pensamentos conservadores, senon que as medidas que se perseguen son basicamente de esquerdas pero está moi ben que persoas doutros espectros socio-políticos as apoien; dariame moito medo un movemento que procura mudanzas sen ideoloxía (a que recurriría? á violencia?). Por favor, que alguén lles explique a quen fai proclamas "apolíticas" que se pode ser apartidario pero moi politizado, como reza nos principios de ESF. A asemblea é política en si mesma, ou teño un diccionario defectuoso.
Otra cousa moi importante, nas asembleas do Obradoiro estanse acordando puntos moi importantes ademais de Sistema electoral e Sistema bancario (feminismo, comercio xusto...) pero tamén se acordaron puntos nos que ESF non conseguiu posicionamento, como a derrogación da Lei de Augas. Hai que ter isto en conta á hora de suscribir manifestos. Isto tamén vai pola CGONGD.

Ah! levaron proxector ao Obradoiro, por se Sensi quere solicitar facer proxeccións sobre temas que traballa ESF.
E este sábado ás oito en Compostela o grupo de facebook #galicianrevolution vai facer unha asemblea sobre estes problemas desde a perspectiva galega. Están a decidir o sitio e os temas no taboleiro.

P.S.: e no Obelisco está un PCR-Nica (creo que foi con ACSUR-Las Segovias), na comisión de comunicación, que nos enviou fotos e unha nota de prensa de como se está a vivir este movimento 15M tamén diante da embaixada española en Nicaragua


Participante 9

Uy participante 4, case me fas suar frío!!! Eu intento estar ao tanto do que vai pasando pero non estiven directamente en ningunha das asembleas. A miña dispoñibilidade de tempo é limitada [...], pero me afronta un pouco poñerme a falar diante de toda esa xente que seguro que alguén sabe máis ca min!

Por outro lado, vendo os temas que se van introducindo tanto en BCN, como en Sol como nas galegas, creo que estamos abrindo moito o tema e estame comezando a dar medo que abarquemos demasiado e quede todo en nada.

Vaia por diante que estou dacordo con todo o que vimos falando, pero creo que polo menos habería que separar algunhas cousas para que poidan ter algún tipo de resultado. Por exemplo, eu creo que das propostas que enviei á lista que chegaron de DMY, polo menos creo que con máis da metade estaría dacordo a maior parte da poboación e iso é importante para ir dando pasos ( propostas de lei,...). Un cambio radical de sistema como o que estamos debatindo para min é un soño e, chamádeme augafestas, pero non creo que se vaia a implantar así polas boas (nin por moito que acampemos). Pero si que son posibles (igual agora son optimista) pasos moi concretos e importantes (lei electoral, privilexios políticos, control bancario,...), cousas ás que dificilmente se pode dicir que non sen sentir vergoña creo eu.


Participante 4

Estou contigo en moitas das cousas que dis. E de feito era algo que se estaba debatendo onte na comisión lexislativa para levar propostas de mínimos e comúns a todos á asamblea de hoxe (tipo 3 puntos. Unha proposta por exemplo era: democracia política-comezando coa reforma da lei electoral; democracia económica- comezando co control dos bancos e financieiras; democracia social- coa implantación de salarios máximos). Non sei ben como quedou a cousa porque tiven que marchar.

Sinceramente eu non sei se isto quedará en nada ou non, e penso que eses pasos concretos dos que falas non son tan fáciles de dar, porque realmente se precisa de moito apoio no parlamento para cambiar, por exemplo, a lei electoral.
Por iso creo que hai que aproveitar este movemento mentras continúe para, cando menos, formar á xente para que coñeza alternativas que xa existen, como é o caso da banca ética.

Isto non se faría na asamblea grande, se non que se plantea como un pequeno grupo de traballo ao que se pode ir unindo a xente que queira.

Participante 10

Ola,
en canto a Banca Ética no movemento está moi metida Panxea [...] e son unhas das asociacións que están moi involucradas neste tema, como por exemplo en Fiare. Asique non creo que sexa liderar nada simplemente apoiar.. Non sei se no resto de cidades hai xente que controle deste tema.

con respecto a unha cuestión máis xeral e filosófica do movemento, creo que a unión fai a forza, polo que se debe camiñar da man sen menosprecio da reinvidación do local (a nivel concellos, e nivel Galicia) para ir cara o global. Tal como dixestes, partir duns mínimos de consenso xeral e loitar por acadalos. Despois xa se verá.. que con eso estamos sendo xa suficientemente ambiciosos!


Participante 1

Isto vai por participante 8, ..eu non creo que por que tomo un cariz de eskerdas ...E que a súa natureza pedir un novo sistema financiero e algo da esquerda non de conservadores e socialdemocratas ....pero iso non quere decir que eles non estean tamen dacordo ...eu creo qu ea violencia non é o camiño en vigo ahi anarquistas ue tenehn moito en comun con nos de introducir o Comercio Xusto ,Banca Etica ...Sustentabilidade ect...pero de verdade e que con determinado crepusculo de DRY é imposible ........seguiremso ahi pero con escepticismo Gostariame aclarar unha cousa ...Os manifeesestos stos de Sol non son de DRY...e por moitas das cousas que se estan propondo en Compostela qu eestou totalmente dacordo ....DRY querese desmarcar ...se lles foi das mans e o levar un manifesto tan asumibel por moitos colectivos socias e partidos piliticos que levan moitos anos incidindo nalgusn temas calquer cousa que saia do seu esquema ou mellore sa din que se esta a deriva hacia a esquerda ...pois eu creo que se siguen asi case todo o mundo se lles marchara ....


Participante 11

Cando lin o correo de participante 5 non me pareceu boa idea o de "esperar a que Democracia Real Ya defina mellor o seu futuro". Asinei o manifesto a nivel individual uns días antes do 15 M porque me sentín completamente identificada. Pasaron os días, chegou a enorme repercusión do movemento, que foi medrando durante toda a semana pasada e hoxe volvín entrar na súa páxina e ler as súas propostas e, sen esquecer que se podería debatir e matizar moito sobre algunhas delas, sigo mantendo o meu nivel de identificación co movemento.

Durante a semana pasada a mediatización das Asambleas obrigou a moitos, portavoces ou non, a definirse sobre posturas concretas. Os medios preguntaban, eles respondían: Procurei non darlle máis importancia a tales declaracións, non porque non a teñan, porque en xeral se manifestaron opinións e posturas exemplarizantes pola súa sensatez, pero non hai que olvidar que eran opinións persoais e en certo modo "forzadas" polo feito de que un periodista che puxo o micrófono ou a grabadora na boca. O que quero dicir: que non me parece urxente esa DEFINICIÓN EN PALABRAS do que defende este movemento, da súa postura OFICIAL. Poñéndome un pouco filosófica, idealista ou como queiramos chamarlle, penso que o que nos une é un "sentimento".

E, para rematar, que suscribo totalmente o correo de participante 6. Se ESF se adheriu ó manifesto é porque se creu que había valores e obxectivos coincidentes; atreveríame case a asegurar que no futuro non vai haber demasiadas disidencias neses obxectivos. Agora tratase de facer o camiño xuntos, como nunha democracia participativa real, non? É posible que ninguén saiba exactamente a onde se quere chegar, pero a veces neses casos é precisamente cando se consigue chegar.


Participante 0

Hola!
polos últimos comentarios que estou vendo, polo menos na de Obradoiro, creo que habería que distinguir moi ben entre os obxectivos que son consensuados dende inicio e foron a razón de ser do movemento (polos que hai que pelexar para conseguilos e propoñer accións) e os foros e debates paralelos sobre temas diversos que se xeneren aproveitando a efervescencia e as gañas de cambiar cousas que todos temos. Se non se separa isto, cada un quererá vender o seu discurso e se perderá forza (e moitos cabrearánse e marcharán ou deixarán de ir ás asembleas, como xa está pasando).
Agora é posible que os desaloxos fagan unirse aos que siguen acampados, pero se non se traballa polo manifiesto inicial que era o que unificaba a xente de distintas ideoloxías e "pelaxes", isto desaparecerá (máis aló de que o feito até o dagora foi chulo e sacou a moitos do letargo, coma Galeano comentaba).


Participante 1

Boas

        O manifesto de DRY leva puntso moi dispersos e bueno agora dende algunha asamblea se esta a debatir so 4 puntos de minimos os cales dan que pensar por pertencer todos eles ao programa de un mesmo partido e como ben se informou nesta canle e outroas a firma de dito partido aparecia en DRY.

        Isto non pode ser tomado pro ninguen para facer politica para seu partido pero o que si que tampouco me parece ben polo ue estou a ver e escoitar e ue se demonize a xente de esquerdas por ter discurso ,ou un posicionamento mais anticapitalista en referencai a banca ue outros ...eu creo que o debate e constructivo pero tamen creo que existe moito intolerante dentro ...e confunden ter unha ideoloxia con ser de un partido ..algo que so beneficia a dereita ..en Vigo se intentou facer charlas de xenero con referencia a Ley de Familia e case nos comen ....pero bueno os contactos con outras acampadas coma Salamnca ,Zamaro incluso BCN indica que isto debe ser unha indiosincrasia do caos k sempre e Vigo :)

         Polo demais onte tivemos unha charla de Banca Ética e moi ben

Participante 0

Hola!
pois eu creo precisamente que
o problema está sendo que non se está sendo capaz de separar o que son debates "aparte" do movemento (entendéndoos como temas non tocados nos puntos do principio do movemento DRY) do que son os puntos centrais que o movemento demanda e polo que xurdiu. E creo que as propostas son bastante claras dende o principio... http://www.democraciarealya.es/?page_id=234

Xa sabemos que a acampada e as asembleas non "é" DRY, pero parece ser que o movemento si apoiaba ás persoas acampadas como xeito de visualizar o descontento. Se se quere que ao final as acampadas non "agoten" o movemento,
eu creo que debe separar moito isto, e deixar os outros temas que foron xurdindo só como "foros de traballo aparte" sen tratar de influir demasiado insistentemente no que son as asembleas das acampadas, senon propoñéndoos como espazos paralelos de reflexión e movilización.

Na miña opinión, tratar de insistir e influir neste movemento para facer unha manifa contra a lei da familia (iso se tratou de facer nalgún sitio) ou de "no nacionalismo" ou calquer outra cousa, se ben pode ser algo necesario e loable dende o punto de vista de moita xente, é contraproducente porque se misturan temas doutra índole coa "liña central de denuncia" do movemento, que pode molestar a xente que ten outra opinión neses temas concretos aínda que compartía esa liña central de denuncia e as propostas que puxen máis arriba, e que fai que o movemento se sesgue e perda forza.

Non esa nada mal discutir sobre ideoloxías e movilizarse por elas, pero se se quere manter vivo o movemento e avanzar cara cousas concretas (e que realmente isto, ademais de para ver que na rúa se fala de cousas que atá agora no se veía falar, sirva tamén para mudar algunhas leis ou malas prácticas) é importante manter o eixo unificador ben claro e telo todos na mente.
Ao redor, facer e promover tódolos foros sobre xénero, nacionalismo, anarquismo e autoxestión, comunismo, falangismo ou o que a xente queira, pero marcando ben as distancias  (e eu diría máis, sen dar lugar a malos entendidos nas Asembleas, que logo ahí cada un chega e "fala do seu libro", e iso acaba por cansar).

Por certo, se vos chegou o dos 155 euros que saibades que non partiu de DRY: http://www.democraciarealya.es/

Participante 1

Eu o que vexo dende dentro polo menos en vigo e que existe un crepúsculo cuns intereses moi partidistas ...a ver eu creo que apoiar unha reforma electoral sin ser unha ILP leva en primeiro lugar unah reforma da constitución ..segundo debatir circunscrición única primeiro eu necesito infromacion eu o vexo como unha concienciación social a verdade o de propor puntos a levar a cabo ect...inminentemente e menos os 4 que se estan a tratar na maioria das asambleas non levan a nada,por que ademais de ser subpuntos dos puntos a xente se uniu por un conxunto d e puntos.Nos non estamos a tratar os r 4 en Vigo estamos cos 8 porque se decidiu xa dende o principio na primeira asamblea  ....eu creo que os debates paralelos coma dis ti son mais que necesariso para crear masa critica e social e que a xente sepa que existen outras posibilidades ademais que as veces non se ten pk facer todolos dia  unha asamblea ,non creo que o da Lei da familia sexa minar algo pk e k masi e nada e un dereito das mulleres eu creo que os k poidan estar en desacordo de dende calque ideoloxia non van estar ahi ..o que pasa que eu creo que temos k ainda pulir moitos prexuizos ...

En Compos lles vai mellor pero bueno aqui ....non sei todo e moi caótico coma Vigo en Xeral pero tamen supoño k é pk a acampada cansa ...pero bueno


Participante 0

como dije en un correo-e anterior, esto (lo de los 155 €) no lo promueve DRY (podéis verlo en su web http://democraciarealya.es/ ). Además,dicho sea de paso, no me gusta que el creador de la iniciativa hable en nombre de un movimiento si no ha sido consensuado por el mismo, por muy buena idea que me pueda parecer. Estoy un poco harto de "despotismo ilustrado" y de que nos engañen como para que también ande por ahí gente hablando en nombre de un movimiento social. Así que solo por esto no pienso participar en esta actividad


Participante 1

Efectivamente non foi promovido nin por DRY nin por ningunha acampada ,mais ben o contrario estou buscando un enlace das posibeis consecuencias a iso e de verdade se todos sacamos esa cantidade de cartos dos bancos podemos colpasar o sistema financiero español o cal se foran os bancos privados dende a minha perspectiva persoal daríame igual...pero unha das consecuencis seria que o Banco de España teria que pedir cartos o BCE  contraendo unha débeda publica ...o cal creo que eu polo menos non quero ter enriba da minha cabeza 

Cando tenha o enlace envioo 


Participante 0

Hola!!

aquí van un par de enlaces sobre o que se vai opinando do 15M dende distintas ideoloxías ou persoas con certa influencia ideolóxica:
- http://info.nodo50.org/Los-anarquistas-y-el-15M.html
- El 15-M: Visión de un anarcosindicalista  http://www.alasbarricadas.org/noticias/?q=node/17750
- Carlos Taibo: “El futuro del movimiento 15-M” http://www.rojoynegro.info/articulo/ideas/carlos-taibo-%E2%80%9Cel-futuro-del-movimiento-15-m%E2%80%9D
- Lo que hablan los comunistas: http://www.forocomunista.com/t10749p10-comunicado-del-pcpe-en-contra-de-las-movilizaciones-iniciadas-el-15-m
- Los liberales rancios (este me llamó la atención especialmente, sobre todo los comentarios... http://bajurtov.wordpress.com/2011/05/27/el-manifiesto-comunista-aprobado-por-los-perroflautas-del-15-m/) y los otros http://www.periodicoliberal.com/2011/05/25/%C2%BFel-espiritu-del-15m/  o si no http://www.eleconomista.es/opinion-blogs/noticias/3103933/05/11/15m-savia-vieja-en-odres-nuevos.html
- Carlos Fernández Liria: http://asambleaencuentro.blogspot.com/p/metafisica-4.html

E tamén podedes descargarvos aquí o libriño (só son 12 páxinas) Indignaos, que foi unha das orixes do movemento Democracia Real Ya:
www.attacmadrid.org/wp/wp-content/uploads/Indignaos.pdf

Participante 1

Ein ¡¡¡¡¡¡¡¡

 http://bajurtov.wordpress.com/2011/05/27/el-manifiesto-comunista-aprobado-por-los-perroflautas-del-15-m/ esta paxina e Sionista 100% ..eu nin lle daria a mais importancia a súa opinión  e me falan de non expropiar pero se eles son espertos ..............           pufffff eu non os poñeria nin onde os liberais radicais lendo os post vese algunha herdanza do socialismo xudeo dos kitbuz se é k é posible k algo kede....................

Los anarcosindicalistas na súa linea tenho que decir que dende as diferentes acampadas coas que me levo comunicando todos alaban o compromiso que estan a ter ..........

Onte seguin a sasamblea de Madrid ..e a verdade da animos para ter algo de ilusión


Participante 12

Eu o que vexo é que a través de distintos medios (liberais ou máis minoritarios- anarquistas ou comunistas) están intentando acercar os froitos do esforzo popular ás súas propias causas, sendo esto bastante repudiable.
O que quitei en limpo dos blogs e de todas as noticias e tertulias que vemos na televisión ou escoitamos na radio é que as dereitas están dicindo si si si.... o que queiras pero nós gañamos as eleccións e que vos vaia valendo o sistema que hai... ademais escoitase continuamente nos medios de comunicación que o tema estase a deshinchar e que xa se lles pasará, entre tanto...facémonos có pais.
En canto ós movementos de ultraesquerda paréceme mal que intenten facer súa a loita da xente (pobo do que tamén forman parte, pero coma unha voz máis, non coma representantes). Claro está que cando opino esto refírome ós dirixentes, non á xente que está a pé de acampada.
A xente do movemento do 15M non quere amos e creo que todos os partidos están tratando de telos de maiordomos.

6 jun 2011

Golfo de Fonseca. A loita por un futuro sostible

A semana pasada presentouse en Vigo o libro de fotografías e o documental do proxecto "Golfo de Fonseca. A loita por un futuro sostible", traballo realizado por Agareso e Amigos da Terra. Acudimos á mesma unha boa parte da sede de Vigo e poidemos aprender moito sobre lugares moi próximos aos que os nosos compañeiros dos grupos de Desenvolvemento Rural e Auga centran os seus proxectos. Concretamente no documental introducíanse problemáticas e cuestións do día a día das comunidades de pescadores nas beiras no Golfo de Fonseca. Entre elas:
  • a falta de coordinación entre os países do Golfo (El Salvador, Nicaragua e Honduras) á hora de establecer ás vedas, as cales non son coincidentes no tempo. A consecuencia de esto é evidente: non existen períodos de rexeneración das especies no Golfo;
  • o impacto que ten sobre a pesca en xeral e sobre as técnicas de pesca artesanais o emprego de técnicas invasivas como os explosivos;
  • como os pescadores se agrupan en cooperativas para tratar os problemas de maneira conxunta;
  • a contaminación producida polos fertilizantes que se botan dende avionetas sobre campos próximos ao Golfo.

31 may 2011

Auga e Obxectivos do Milenio: a cousa non vai todo o ben que podería...

A continuación, deixamos uns grafiquiños moi reveladores do estado do cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio no eido da auga e o saneamento, comparando 1990 e 2008, extraído do Informe Objetivos de desarrollo del Milenio INFORME 2010 

En ESF pensamos que, técnicamente, sería posible para 2015 (data límite para acadar estes ODM) mesmo superar os propios indicadores dos ODM no eido da auga e o saneamento se se apostara con convencemento por acadalos dende 1990. Agora só quedan 4 anos e, se ben houbo progresos, queda moito traballo e xa hai que mirar máis aló (e falar de dereito ao auga e saneamento e boa gobernanza do recurso, calidade axeitada da auga e os problemas para medila pola falta de recursos para realizar análises completas en moitas zonas, planificación participativo do recurso hídrico, impacto do cambio climático no acceso ao auga, etc.).

No Golfo de Fonseca en Honduras, ESF desenvolve dende 2008 un programa coa auga como eixo principal, onde ademais do acceso ao auga e saneamento mellorados, se traballa tamén con alcaldías, institucións locais e organizacións da sociedade civil nestes novos (ou non tan novos) retos.






23 may 2011

CICLO DE AUDIOVISUAL

Os DÍAS 24 E 26 DE MAIO de 18:00 a 21:00 horas, o grupo de

SENSIBILIZACIÓN-COMUNICACIÓN en colaboración co grupo de PROXECTOS

de ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS - Santiago organiza un CICLO DE CINE

no que se proxectarán cortos e películas que pretenden achegarnos e

facernos coñecer outras realidades como a de Centroamérica ou o

Sáhara.

Ademáis, haberá tempo para reflexións, debate, comentarios e mesmo

contaremos coa presenza do profesor de Xosé Manuel Vázquez que nos

dará outra visión sobre os proxectos de cooperación: o impacto nos

lugares onde se levan a cabo e a importancia que ten o coñecemento do

contexto político e social de ditos lugares.

Por todo isto e por moito máis animámosvos a virdes!

Lembramos que os dous días será de 18.00 a 21.00 horas:

- Martes 24 de maio----> na aula A7

- Xoves 26 de maio------> na aula A9


Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, nº 1
Santiago de Compostela

20 may 2011

Formación "Coñecemento Realidade" ..

Este é un borrador da formación que se celebrará en Santiago o fin de semana do 28-29 para a xente que se vai de Proxecto de Coñecemento da Realidade pero que está aberta a todo o mundo, por suposto! porque son temas o sufientemente interesantes e as persoas relatoras do sábado pola maña todo un luxo.



SABADO 28
Dinámica de presentación


- 10:00 Interculturalidade

Introducción teórica a cargo de José Manuel Vázquez con coloquio-debate (1,5 horas)
Descanso
Dinámica Derdianos (1 hora)

- 13:00 Xénero
Introducción teórica a cargo de Vanessa Míguez con dinámicas e coloquio-debate (1 hora)

14:00 - 16:00 Xantar

- 16:00 Que é un PCR?
30 minutos

- 16:30 Seguridade e Saude

Recomendacións sobre Seguridade e Saúde 1 hora

- 17:30 Conceptos básicos de cooperación: 1,5 horas
- visión eurocéntrica da cooperación
- etapas da cooperación
- Introducción a EpD, sensibilización e incidencia
- Principios dos proxectos de cooperación internacional (Manual de Proxectos de ESF)

- 19:00 ESF
- Dinámica ¿conoces ESF? 1 hora


DOMINGO 29


- Etapas e fases do proxecto
- Principios dos proxectos de cooperación internacional (Manual de Proxectos de ESF)
- Que é unha contraparte? Estructura
- Introducción ao marco lóxico
- Introducción ao país: Honduras

Animádevos!!!

18 may 2011

Ensilado anaeróbico ¿tecnología apropiada?

No hace mucho colgábamos un vídeo donde nos explicaban como construir silos metálicos en Nicaragua, para almacenar grano básico. A continuación contamos paso a paso como hacer otro tipo de ensilado, que se usan en muchas zonas de clima templado para almacenar hierba, maíz, etc. para que, bajo unas condiciones determinadas (tras fermentación sin oxígeno), se conserven durante más tiempo y se supere la época invernal, cuando no hay alimento suficiente para el ganado. Este silo se emplea como complemento para el alimento sobre todo de ganado bovino, especialmente de leche, y hay que calcular las dosis más adecuadas para mezclar con otros alimentos como pienso o mezclar distintos tipos de silo como el de hierba y el de maíz, pero se ahorra dinero en insumos externos (piensos o alfalfa si no se da bien en la zona) si se cuenta con una extensión de cultivo o pradera (en Galicia suele ser rotacional maíz-pradera) suficientes.

En zonas tropicales se ha empleado bastante poco, pero sí hay estudios y algo de difusión sobre el tema, incluso vinculados a la protección de suelos contra la erosión empleando cárcavas como contenedores naturales, y se considera una buena técnica para adaptar en otras zonas, como pone de manifiesto algunos estudios.

Hay de muchos tipos (incluso de material animal como silos de pescado, que pueden ser muy útiles en zonas como las que trabajamos en Honduras, del Golfo de Fonseca) pero a continuación veremos el "de morea" (montón), el más habitual en Galicia junto con el "de bolo" (que son como bolas). Se realizan tanto con hierba como con maíz. Este ejemplo es con hierba, que suele hacerse en abril-mayo (la condición es que el material no debe estar empapado de lluvias recientes). Puede dar tiempo a hacer otro antes de la época más seca si la hierba crece suficiente. Después se planta maíz, y en septiembre-octubre se ensilaría el maíz.

La hierba tiene que situarse sobre un plástico grueso que la separará del suelo.


Esta hierba (o maíz) se irá extendiendo bien triturada, en distintas capas...

... con máquinas como esta o usando herramientas desde algún remolque o medio de transporte de la hierba. El trillado o partido del material vegetal no debería presentar problemas con algún tipo de máquina sencilla si no se cuenta con la máquina que recoge la hierba segada y la corta para pasarla después a los remolques. Hay remolques que trituran, aunque trituran peor, y antes ni siquiera se trituraba, sino que se echaba tal cual se segaba (aunque el proceso de ensilado es peor)



Según se van echando las capas, es importante esparcirlas adecuadamente, aquí emplean un esparcidor, construido en la zona.


Se va esparciendo el material vegetal echado en cada capa...


...y simultáneamente, tanto mientras se echa como mientras se esparce, se va colocando el material vegetal de los laterales con herramientas tipo tridente para que tenga una forma adecuada (hay quien realiza la operación entre muros de tierra u ladrillo-hormigón, que facilita muchísimo la operación al no caer por los lados)

Una vez echada cada capa y bien dispersa, se aplana concienzudamente


Un tractor sirve perfectamente, haciendo varias pasadas intentando también pasar lo más cerca del borde posible (con cuidado...)

Al trabajar con varias máquinas, se aprovecha mejor el tiempo si se hacen simultáneamente al menos dos silos. Aquí véis como según sale la máquina que trajo una capa en el silo del fondo ya va a pasar la esparcidora, mientras en el silo del primer plano el tractor está aplanando...

... y en ambos silos hay personas dando la forma adecuada en los laterales.


Cuando se haya recogido el material se mide el silo a lo ancho y a lo largo, para saber el tamaño del plástico superior que necesitaremos. Si tenemos el almacén cerca, alguien puede acercarse a buscarlo mientras se realizan los siguientes preparativos. Los silos de este ejemplo midieron 23x9 y 21x8 metros respectivamente.


Mientras se va preparando el plástico de encima del tamaño adecuado, se remueve el suelo alrededor del silo (con cuidado de no dañar el plástico sobre el que descansa el material vegetal) y se excava...

...una pequeña zanja todo alrededor (40 cm de profundidad es más que suficiente)


Se desenrolla el plástico y se estira, cubriendo perfectamente todo el montón...


...y se mete el extremo del plástico todo alrededor en la zanjita, cubriéndolo bien de tierra para que no pueda entrar aire


Aquí se ve como, a pesar de tener cuidado, si hace mucho viento puede ser complicado colocar el plástico sin que quede aire dentro. Pero echando algo de peso como un poco de tierra o unas llantas viejas irá asentando en los próximos días...


... y si es necesario se deja una salida sin tapar con arena en sentido contrario al que venga el viento, para que vaya saliendo el aire que quede dentro

17 may 2011

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

Esta entrada é para convidarvos a todos, ESFeiros e non esefeiros a visitar a Exposición Fotográfica que o grupo de SENSICOM terá colocada esta semana!

O título de dita "expo" é o mesmo que leva o noso proxecto este ano:

"Achégate a coñecer outras realidades"

En que consiste??
Enxeñería Sen Fronteiras terá exposta unha mostra gráfica dos seus proxectos internacionais:
-Honduras e Nicaragua.
-Así como a problemática Saharaui en Sáhara Occidental

CANDO?
Durante os días 18, 19 e 20 de maio.

ONDE?
Podes visitala no 3º andar da Biblioteca Anxel Casa situada en Xoán XXIII, Santiago de Compostela.

Horario: o mesmo que o da biblioteca.


NON TE QUEDES Ó MARXE, COÑECE OUTRAS REALIDADES!!