Os primeiros síntomas negativos detectados foron aparicións superficiais de lodos non tratados na depuradora, que se acumulan nas zonas máis estancadas
Outro detalle, moi preocupante, foi a constatación de que a praga que aniquila os amieiros está tamén presente no Tambre; e noutra orde de cousas, tamén se pode atopar lixo no escondrixo menos pensado (por exemplo bolsiñas de ketchup nunha fenda entre as rochas, e é que McDonald's chega a todas partes!). A parte diso, a paraxe é ben fermosa, e así nos despedimos desta marxe do río, a vista de raposo
Xa na outra beira, medimos os niveis de acidez das augas, observamos que non ían turbias e cronometramos a velocidade do caudal co infalíbel 'método Ríos'
Máis tarde, río arriba, puxémonos á procura duns insectos cuxa presenza é o medidor natural da calidade da auga
A nova fichaxe Alicia destapouse como unha experta cazadora de tricópteros, e rexistramos unha grande variedade de exemplares
Moitos tricópteros -un deles púxose a facer flexións- xunto cun odonato de grandes dimensións, bolsas de larvas e unha flexible samesuga, adornaron o noso zoo-prato
Finalmente, xuntouse todo o lixo apañado para levar ao contedor, e emprazámonos satisfeitos para a seguinte convocatoria, agardando que sexa igual de entretida e amigable