3 ene 2011

Resumo blogueiro mensual: novembro e nadal 2010

CONTIDOS


* Blogue de Vida Asociativa
* Blogue Nicaragua
* Blogue Honduras
* Blogue asignatura de cooperación da UDC
* Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
* Outros blogues ISFeros
* Outros enlaces de interese
* Novas publicacións en papel
* E no próximo mes ...
* A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA


En novembro e nadal houbo unha frenética actividade, con charlas de presentación en distintas sedes (en ocasións, con disfraces incluidos), reunións en tódalas sedes (Vigo, Coruña, Compostela, Lugo e Ferrol que repuntan e Ourense, que nace, e a quen lle desexamos moita sorte na andaina esfeira!!!). Tamén houbo una actividade remarcable de denuncia do que estivo e está a ocorrer no Sahara Occidental con exposicións e actividades en Compostela, Ferrol e Ourense, e participación en actividades e cursos promovendo actividades e contidos de temas tan variados como a Educación para o Desenvolvemento (incluido a participación no Foro Mundial da Educación cunha actividade autoxestionada), Tecnoloxías Tradicionais,  Auga e Saneamento, Programas de Coñecemento da Realidade e Desenvolvemento Rural en Ourense, Compostela, Lugo e Coruña, e a actividade estrela das Xornadas de Enerxías Renovables e Desenvolvemento Humano en Vigo. Tamén se participou na VI Feira de Asociacións da Universidade de A Coruña. Destacar tamén a Xuntanza da base social de ESF en Coruña, onde se comezou o traballo na próxima Planificación Estratéxica de ESF.

BLOGUE NICARAGUA

Nestes meses de novembro e nadal neste blog se falou de actividades como a capacitación en uso racional de auga, así como a entrevista ao Cacique Maior da Comunidade Indíxena de Jinotega, (que tamén e participante no proxecto) e un resumo das actividades que se estiveron a realizar na FASE III e o peche do traballo en Nicaragua cunha visita ao terreno do técnico de proxectos. En xaneiro se pechan 3 anos de traballo en Nicaragua, aínda que o blog continuará para informar de novas e das leccións aprendidas uns meses máis. O traballo en rede coas nosas copartes FIDER e La Cuculmeca continuará, queremos ser as súas voces en Galicia, e apoialos no que sexa necesario para difundir propostas, revisalas e crear nodos. Ata sempre!!!!



BLOGUE HONDURAS


Nos meses de novembro e nadal houbo moito traballo de desenvolvemento co CartoLab da ferramenta de sistema de información xeográfica para os Plans de Manexo de Fincas que se están levantando nun dos proxectos co noso socio local CODDEFFAGOLF, e tamén se pode ver a crónica da viaxe ao Golfo de Fonseca do técnico de proxectos, coincidindo coa avaliación intermedia do programa de auga e saneamento, coa que se pode ter un bo vistazo xeral do que se está a facer.

BLOGUE DA ASIGNATURA DE COOPERACIÓN DA UDC

Sen moito movemento, xa que o forte chegará no segundo cuatrimestre, a partir de febreiro, cando comece unha nova edición da asignatura.


OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • DESTACADO. Páxina de Facebook de ESF Galicia. Creada o 24 de xullo e conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
  • Wiki de ESF Galicia. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo!! Neste mes houbo un crecemento importante de seguidores e seguidos.
  • Slideshare ESF Galicia. Creado en maio, ahí podedes ver algunhas presentacións sobre temáticas de interese de ESF.
  • Blog de Enerxías, estos meses estiveron coa organización dunhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que pronto se poderán ver na televisión da UVigo.
  • Blog de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya.
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
  • Podomatic de ESF Galicia. Recén creado. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
  • Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.


OUTROS BLOGUES ISFEROS


OUTROS ENLACES DE INTERESE

Auga

Vídeo. Mujeres y Agua
¡Cuidado! El Banco Mundial financia un saqueo masivo corporativo del agua
El agua embotellada, oro líquido
Independent Expert on the issue of human rights obligations related to access to safe drinking water and sanitation (con dos ejemplos de buenas prácticas desde Nicaragua promovidos por nuestros socios de La Cuculmeca).
China, agua, agua, agua
La crisis del agua en la India

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Wikileaks: ¡Pongan fin al asalto!
¿Tenemos miedo las organizaciones sociales a ejercer el poder a través de la tecnología? (en tres entregas)
¿Quien está detrás de Wikileaks?

Consumo responsable

Bicis compartidas en 100 ciudades europeas
¿Alguna vez te has preguntado de donde viene tu ropa?
Consumir menos, vivir mejor. Libro pdf.
Pescanova, el gigante camaronero de Nicaragua
DESTACADO. La economía solidaria, en marcha

Cooperación e ONGD

Dándole vueltas al impacto

Educación para o desenvolvemento

Vídeo. Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

AidData. A maior base de datos pública de Axuda Oficial ao Desenvolvemento.
Biblioteca Abierta. The Open Library
Rede Galega Contra a Pobreza
De la soberanía digital al Movimento de los Sin Satélite

Investigación para o desenvolvemento 

Observatorio de la Cooperación Universitaria al Desarrollo
80 herramientas para el desarrollo participativo
La fusión ha dejado de ser un sueño

Mundo

Territorios ocupados minuto a minuto (Sahara Occidental).
Vídeo. Caribeños del Sáhara (2007)
Objetivos de Desarrollo del Milenio en Honduras 2010. Informe.
Pescanova, el gigante camaronero de Nicaragua

Políticas e modelos de desenvolvemento

Design thinking en la práctica
Algunos criterios para el modelo (desenvolvemento rural)
Desarrollo: ¿Hay vida más allá de las ayudas gubernamentales?
Ayudas agrícolas europeas: los nuevos fondos reservados

Sensibilización

Observatorio de la deuda en la globalización
¿Por qué se ha permitido la entrada de cinco millones de inmigrantes en España?
Activistas universitarios madrileños deportados desde Liboa
Lo que consume una bombilla
La defensa de WikiLeaks y el bautismo de fuego de las primeras Ciber-guerrillas
¿Qué hacer ante controles, redadas y detenciones basadas en el perfil étnico?

 

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Vídeo. Campesinas semillas de cambio.
Vídeo. Hambre de soja.
El informe del Banco Mundial sobre acaparamiento de tierras: más allá del humo y los espejos

 

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

La ONU y una Fundación "ficticia" impulsan School 2.0 de Microsoft en el Tercer Mundo
Volviendo en Software Libre el Cebo Libre de Linux. Igual linux no es tan libre como creíamos...
El camino hacia la soberanía digital
Manifiesto por una red neutral
¿Tienen derechos los usuarios de facebook?

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se vos interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podedes solicitalas para préstamo).



E NO PRÓXIMO MES ...

- 9 de xaneiro: formación xeral sobre seguemento de proxectos e planificación grupal. Ás 15:30 na ETSE de Compostela.

- Reunións para rematar a formulación de dous proxectos en Honduras (un sobre auga e saneamento na comunidade de San José de las Conchas e outro sobre diversificación productiva de familias de pescadores no Golfo de Fonseca), e outro en Galicia sobre promoción de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano.


Para máis info sobre cursos e eventos consultade a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD


ENVIADE AS ACTIVIDADES DOS VOSOS GRUPOS!!!





A ESF-RASE DO MES

A tecnoloxía é só unha ferramenta. A xente usa as ferramentas para mellorar as súas vidas.
Tom Clancy

1 comentario:

Anónimo dijo...

La nota de rebelión sobre "linux no libre" me parece una patochada. Decir que porque existan blobs en el kernel linux no es libre es una cuestión muy de matices. Una explicación razonada sobre el asunto:

http://libresoft.es/Members/herraiz/blog/linux-is-not-free-software