2 jun 2012

SEDE DE VIGO: CHARLA TECNOLOXÍAS APROPIADAS

Está ben, unha imos facer unha entrada curtiña dende a sede de Vigo.Que mellor maneira de estrear o cargo de comunicador vigués que coa charla presentación da sede no Café Uff. Tal e como publicara o noso compañeiro Andrés no blogue o tema a tratar forón as "Tecnoloxías
apropiadas".
O noso novo coordinador de sede Ton Ríos obsequiounos cunha entretida presentación chea de profundas reflexións, divertidos vídeos e algunha que outra dinámica que
puxo a proba a atención dos asistentes. Foi unha charla ben interesante que nos fixo reflexionar acerca da conveniencia dos adiantos que coa intención de mellorar as condicións de vida dunha determinada sociedade  poderíamos tratar de introducir. Coma sempre a boa intención non o é todo. Compre analizar en profundidade o impacto e sostibilade da mellora que pretendemos implementar.

Unha aperta dende Vigo!
 


1 comentario:

Anónimo dijo...

da gusto ver a Tom outra vez por Vigo!