Hoxe chegaron a Honduras as primeiras participantes no programa PCR 2014, nas vindeiras semanas estarán alí as catro seleccionadas do programa. De momento, recén aterradas temos a:
- Sara González, coordinadora da sede de Lugo e agora PCR Auga. Aproveitamos para darlle os parabéns porque esta semana converteuse en Enxeñeira por partida dobre, Montes e Agrónomos.
- Raquel Zolle, PCR polo grupo Agro, aínda que levaba uns anos máis desvinculada de ESF é unha histórica da asociación, entre outras moitas cousas, foi presidenta fai uns aniños.
Esperemos que en breve nos empecen a contar as súas aventuras e aprendizaxes por terras hondureñas. A desfrutar da experiencia!
1 comentario:
Disfrutade da estancia!!
Publicar un comentario