23 jun 2009

Curso "Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano" Domingo 19 de Abril"

e xa por último...

Proxecto de coñecemento da realidade de ESF en Nicaragua. Sabela Dávila e Raquel Rodríguez, membros do grupo Agro de ESF.

"Nun proxecto de coñecemento da realidade realizanse actividades de educación para o desenvolvemento, facendo colaboración no Sur e actividades de sensibilización e avaliación posteriores no Norte"

"A charla basouse principalmente no proxecto que levaron a cabo as poñentes en Nicaragua, cociñas melloradas, seguemento de árbores froiteiras, sensibilización ambiental, creación de biodixestores, "
"se notó que les gustó mucho la experiencia y que lo vivieron con intensidad"
"o uso de tecnoloxías apropiadas é fundamental para o desenvolvmento dos pobos máis pobres"




A Avaliación para o achegamento á realidade das actuacións. Patricia Fernández, ESF.

"unha avaliación implica un proceso, recollida de información, interpretación de resultados e unha emisión dun xuízo de valor"
"centrouse na forma de avaliar e a importancia que isto supoón a hora de realizar un curso, actividade, etc.. a partir dunhas dinámicas puidemos poñer en práctica o ensinado"

"o que máis me chamou a atención era que hai moitísimas formas de evaluar"
"sesión moi didáctica, define e afonda o concepto de avaliación xogando"
"me gustó aprender maneras de hacer que las evaluaciones no sean el típico rollo que nadie quiera hacer, sino algo útil, importante y puede que hasta divertido"

21 jun 2009

Curso "Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano". Sábado 18 de Abril

continuamos...


O modelo enerxético actual e alternativas. Sonia Ramos, grupo Enerxía de ESF Galicia.

"tamén hai que falar de pobreza enerxética"

"Pobre: aquel que non ten poder para participar na toma de decisións que afectan a súa vida" "Consumimos en recursos enerxéticos o que a natureza tarda un millón en producir"

"o modelo enerxético non é fiable e asequible para todos"

"o acceso enerxético non é un dereito básico, non é un dereito universal"

"o consumo enerxético aumenta anualmente (2,5%) máis do que aumenta a poboación mundial (1%)"

"el desarrollo económico no siempre implica desarrollo humnano"

"A aplicación de tecnoloxías apropiadas ten moitas barreiras xeográficas, económicas, etc.."


Movementos sociais no Norte. Participación social e militancia. Raul Asegurado, traballador social e sociólogo.

"o combate na vida do home ten que se contínuo, pa fracasar"

"Pertenecemos a un mundo dominado y a una minoría dominante"

"o proletariado é o principal creador de capital, polo tanto o motor do avance, pero que paradoxicamente tan só crea o 2% da riqueza total, sendo o outro restante por parte da especulacion financieira"

"Ningún movemento social pode ser transformador, non pode combatir o imperialismo confrontándose a el"

"na militancia o combate contra o modelo establecido é contínuo"

A comunicación como ferramenta no desenvolvemento. Andrés Maneiro, ESF Galicia.

"Hoxe en día existe unha rede distribuída de comunicación onde existe múltiples fontes de información ao servizo dos cidadans"

"me ha gustado la facilitación de páginas y blogs interesantes además de la metedología de movilización a través de internet"
"me gustó la idea de los blogs de comunicar desde lo personal y socializar la comunicación." "A comunicación xoga un papel importante no desenvolvemento, xa que a se a xente permanece informada pode chegar a producirse a acción"

"Claves: pensar en rede, alianzas temporais en torno a obxectivos concretos, comunicar dendo o persoal, empoderar ás persoas"

"Es impresionante lo que un simple blog bien usado, bien focalizado y bien documentado puede llegar a conseguir, la historia de las bombas de racimo así lo demuestra."


Ferramentas na cooperación: os proxectos. Introducción ao marco lóxico. Cristina Zolle, Adela Fernández, ESF Galicia.


"metodoloxía que se segue para a elaboración de proxectos: programación, identificación, deseño e formulación, execución e seguemento, evaliación."

"o que máis resealtaría é a dificultade que nos mostraron a hora de deseñar un proxecto, as distintas fases.."

"Importancia de atopar os problemas reais e asumibles polo noso proxecto. É importante non intentar atallar o problemas que se escapan do podemos facer"
"diferentes persoas poden ver diferentes problemas nun mismo caso"

"Nun proxecto de cooperación debe haber un obxectivo a cumprir, nun certo periodo de tempo, nunha zona delimitada e debe haber uns beneficarios"

"no sabía que detrás de un proyecto había tanta planificación"

19 jun 2009

UN MES DESPOIS DA MORTE DO POETA...

... lembramos unha das súas poesías que un día empregouse para comenzar un dos Proxectos Fin de Carreira que se fixeron en ESF:

Aguas


Dicen que el agua será imprescindible

mucho más necesaria que el petróleo

los imperios de siempre por lo tanto

nos robarán el agua a borbotones

los regalos de boda serán grifos

agua darán los lauros de poesía

el nobel brindará una catarata

y en la bolsa cotizarán las lluvias

los jubilados cobrarán goteras

los millonarios dueños del diluvio

venderán lagrimas al por mayor

un capital se medirá por litros

cada empresa tendrá su remolino

su laguna prohibida a los foráneos

su museo de lodos prestigiosos

sus postales de nieve y de rocíos

y nosotros los pálidos sedientos

con la lengua reseca brindaremos

con el agua on the rocks


Mario Benedetti

18 jun 2009

Curso "Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano". Venres 17 de Abril

Educación para o desenvolvemento (EpD). Francisco Valverdú, Educación Sen Fronteiras.


"A educación é esa ferramenta que pode chegar a ser capaz de erradicar a pobreza"
"A EpD é un proceso para xerar conciencias críticas, facer unha persoa responsable e activa co fin de construir unha nova sociedade civil."

"Os proxectos non son mais que vehículos de desenvolvemento. Non son por si mesmos desenvolvemento e a xente existe e pode existir sen eles"

"Estudar non é un acto de consumir ideas, senon de crealas e recrealas"

"Alfabetizarse no es aprender a repetir palabras nin a dar tu propia palabra"






Enfoque medioambiental no desenvolvemento. Xosé Mª García, Verdegaia. Judith Sing, Amigos da Terra.


"Tecnoentusiasmo :ter fé plena en que chegado o momento de especial gravidade no medio ambiente vamos a dispoñer da tecnoloxía axeitada."


"A xente informada é a xente que pode actuar"

"O impacto ambiental.. está relacionado ca forma que temos de vivir"

"Cando nos enfrentamos os problemas medioambientais, pretendemos cambiar os efectos sen cambiar as causas"

"Os países do Norte extraemos os recursos de todo o mundo e devolvémoslle residuos"

"Non é posible un cremento infinito nun planeta finito"

"Por qué el medio ambiente no se considera una necesidad básica?"

"El enfoque medioambiental debe ser un objetivo claro de la cooperación, no sólo un tema transversal."

"Hai 6 millóns de persoa no planeta e só 1 millón causan a crise ambiental "



Movemento sociais no Sur: O Movemento dos Sen Terra. Eva Gil, Amarante

"Os seus principais obxectivos foron a reforma agraria, reparto de terra igualitariamente e transformación social."
"O máis importante dun movemento social é a PARTICIPACION, para o cal é necesaria unha coordinación, ter claro o obxectivo e cal é a transformación que e busca."

"En Brasil, o 50% da terra está en mans do 1% da poboación."



"Movementos no Sur: Vía campesiña, EZLN, Marcha mundial das Mulleres, Foro Social Mundial "





A prespectiva de xénero na cooperación. Andrea García, Implicadas no Desenvolvemento

"As mulleres, neste caso as do Sur, son o motor de cambio"

"Non pode haber desenvolvemento senon hai igualdade de xénero"

"Alguns dos problemas das mulleres son: sobrecarga de traballo, falta de acceso a recursos, violencia,.."

"O patriarcado afecta a todas as nosas pautas de conducta e en moita maior medida nos países empobrecidos"

"Es importante diferenciar en un país le desarrollo de los hombre y mujeres ya que viven realidades distintas. "



Tecnoloxías de Información para comunicación (TIC's). Pepe Vara, ESF Galicia.

"A información e a comunicación non son necesarias para vivir, pero sí para ser persoa."

"A información e a comunicación están en toda as facetas da humanidade: saúde, educación, economía e producción, organización, etc."




"El acceso a una información global puede ayudar al desarrollo "

Implicación persoal na cooperación ao desenvolvemento humano. Gonzalo Gesto, Panxea.
"Qué consumo facemos? irresponsable, incosciente, desinformado."

"Actualmente so o 20% do gasto é destinado para alimentación, cando fai 35 anos era do 40% e no s. XIX do 70%."

"Actuar a nivel local pero pensar e traballar a nivel global"

"Tres ou catro compañías son capaces de controlar case todo o comercio de café ou cacao no mundo"

"Aprendí 1 montón de cosas que no sabía sobre formas de consumir adecuadamente."

"os productores son os máis importante do comercio sen embargo son os que obteñen menos beneficio."

15 jun 2009

Xornada de Avaliacion PCR's 2008


O pasado domingo 14 de xuño, celebrouse un acontecemento histórico para ESF Galicia, por primeira vez realizouse unha verdadeira avaliación obxectiva (ou eso se intentou) das persoas que se foron de PCR o ano anterior.

Tras solventar problemas de axenda e nunha xornada menos ambiciosa do que se planteaba nun principio a anterior comisión, pero pola contra si moi operativa, tivo lugar unha interesante reflexión que abarcou dende a pre-estancia, a estancia no país do sur e o período posterior a chegada dos distintos participantes no programa. Así a través dunha enquisa que serviu de fío conductor, intentouse avaliar entre outros aspectos do programa, a convocatoria, a selección, a formación e información previa, a estancia colaborando en distintas actividades do proxecto e posterior acollida e desempeño no grupo de traballo.
As conclusións tras analizar a información xerada, serán recollidas nun informe que presentará a comisión ao seu debido tempo... (ou eso esperamos)

De esquerda a dereita momento "xeado" : Sabela Dávila (PCR Nicaragua), Xavier Loureiro (PCR Honduras), Isabel Somoza (representante Comisión PCR e ex-PCR), Sergio Fernández (técnico de proxectos e membro da comisión), Santiago Girón (PCR Salvador), Raquel Rodriguez (PCR Nicaragua)

Só queda dicir que de seguro que os resultados da avaliación se incorporarán a este programa PCR 2009 (de feito xa se fixo na selección dos candidatos) en busca da mellora contínua e de ofrecer as persoas seleccionadas este ano unha mellor formación, información, planificación e integración nos grupos. Que así sexa... creo que anterior comisión pode "descansar en paz" ;-)

Curso "Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano". Domingo 29 de Marzo

Máis vale tarde que nunca, e aquí continúan os comentarios sobre as charlas do curso..

O acceso a auga como dereito unversal. Marta Santiadrián, ESF Galicia


"Me ha gustado mucho el vídeo (Niños del auga), es el mejor medio para mostrar la situación de los que no tienen acceso a un agua adecuada para el consumo humano y que es un derecho básico."

"Una de las cosas que más me impactó fué que cada año mueren 1,6 millones de niños por falta de saneamiento, 8 veces más que en Tsunami de 2004. Otro aspecto es que la OMC considere el agua como el bien económico."

"Chamoume a atención que a auga se vexa como unha mercadoría en contraposición no concepto de auga como dereito universal básico.
"

"El agua no debe tratarse jamás como un instrumento de presión política."

"Non se nombra dereito a auga ata o ano 2002"

"Elevado precio del agua en Bolivia, 20€/mes de unos ingresos de 100€/mes"



"Acceso=cantidad, calidad, distancia"



O papel da agricultura no desenvolvemento humano. Franciso Solano, ISF e Asamblea da Cooperación pola Paz.

"Me ha desbancado ideas preconcebidas.."

"Con el café, la banana, el cereal y el chocolate se explica la historia de la deuda externa."

"Resulta que ahora hay más gente con hambre que cuando se fijaron los Objetivos del Milenio"
"Lo que más me gustó de la charla fué sin duda el ejemplo de los plátanos, parece increíble que nos puedan tener engañados de semejante modo cuando en realidade se trata del mismo producto, sólo para obtener más dinero en decrimento del mercado latinoamericano."

"El entramado comercial que existe provoca que cada día aumente más la hambruna en los países productores de centroamérica."

"La agricultura nace como un método arraigado a la cultura para alimentarse pero en los países del Norte lo convierten en un mercado, en un modo de presionar y crear dependencia."

"Convertimos os países do sur en exportadores agrícolas e dependentes do Norte."

"Exito del desarrollo rural: participación, pertinencia y viabilidad"



Ordenación territorial e fortalecemento constitucional. Sergio Fernández, técnico de proxectos de ESF Galicia.



"A ordeación territorial trata de encontrar a harmonía entre o benestar da poboación e a optimización no uso de recursos."

"Me gustó mucho que nos pusiese la misma explicacion que le ponen a la gente del lugar donde se realizó el proyecto."


"Me llamó la atención todo el proceso previo a la aplicación de un proyecto, porque hasta ahora nunca me había parado a pensar en lo difícil que es y su importancia."

"La aplicación de la acción participativa es fundamental"

"Ser consciente de lo importante que es planificar antes de actuar"




E así rematou o primeiro fin de semana do curso en Compostela..

6 jun 2009

Charla "Como nos afecta o Tratado de Lisboa? Impactos das políticas da Unión Europea"


O pasado martes, 2 de xuño, como parte da nosa formación interna, organizouse unha charla aberta sobre un tema moi intersante nestos días que corren, as eleccións europeas. Cómo nos afecta? Tom Kucharz de Ecoloxistas en Acción, deunos a súa visión.

O Tratado de Lisboa, un lavado de nome da Constitución Europea, exemplifica unha Unión Europea insostible, antidemocrática, insolidaria e militarista.

É insostible como o testemuña o sua crecente aposta pola enerxía nuclear e a súa imposibilidade para cumprir o Protocolo de Kioto sen recorrer a mecanismos de mercado. Tamén o é xa que a UE é o segundo maior acredor mundial de débeda ecolóxica.

É antidemocrátrica, só o Parlamento, unha das 5 institucións que forman a Unión Europea, elixirase por sufraxio universal directo. E o Parlamento non ten case capacidade lexislativa e está excluído da política exterior. Foméntase a "Europa de varias velocidades", que permitirá que as decisións importantes se tomen entre un número reducido de países ricos. Ademais, a repartición de votos permite que os países máis poderosos (Alemaña e, en menor medida, a Francia, Reino Unido e Italia) teñan máis peso nas decisións, para que estas non se entorpezan polos máis débiles.

É insolidaria xa que está impulsando a nivel internacional a firma de Tratados de Libre Comercio que beneficiarán fundamentalmente as súas transnacionais en detrimento dos sectores máis desfavorecidos do planeta. Outro exemplo do seu insolidaridad é a Directiva da Vergoña que criminaliza a inmigración.

Finalmente é militarista, xa que está facendo un esforzo importante por incrementar os seus recursos bélicos mentres rebaixa as partidas destinadas á Axuda Oficial ao Desenvolvemento. Ademais insta a que se pode intervir militarmente en terceiros paises se os recursos naturais están comprometidos. (ver http://www.statewarch.org/ -- Ben Hayes)

A todo esto hai que engadir que recorta os dereitos sociais. Hai dereitos, como o dereito á saúde, á vivenda ou a un salario suficiente que nin se mencionan, e outros dereitos aparecen devaluados.

Ante este panorama, qué podemos facer? Intentar cambiar a actual Unión Europea, cómo? informándonos e informando xa que a UE é unha gran desconocida para a maioría da poboación. E sobretodo, nestos días votando a partidos que se neguen a seguir estas regras do xogo e buscar unha verdadeira democracia participativa. Está nas nosas máns...

4 jun 2009

LECCIÓNS DE REUTILIZACIÓN: O GSI

Para quen non o saiba, o GSI é o Grupo de Sistemas de Información, e se na Universidade de A Coruña deran medallas pola reutilización de materiais, eles serían os gañadores sen dúbida. Nas derradeiras semanas, o GSI da sede de Coruña, ademais de organizar un curso de iniciación ao software libre, converteu o local nunha especie de "caverna electrónica", onde en calquer momento podería aparecer tanto A Bruxa Avería como Terminator. Tratábase de "volver á vida" a unha serie de ordenadores aproveitando para iso pezas doutros que ían ser desbotados pola universidade e que nos cederon, creando unhas "supermáquinas" (bueno, ou polo menos mellor que o que había ;-D). Pero é mellor que o vexades...(e iso que cando fixemos as fotos xa se podía camiñar polo local)

Ahí temos a Iván, coordinador do GSI en Coruña, o noso Frankestein informático

Contou co inestimable asesoramento de Tsao, presidente do GPUL, cos que temos en marcha a firma dun convenio. Nunca vira a alguén facerlle unha foto a un microprocesador antes de coñecelo...


A esquerda aparece tamén Alberto, que nos botou unha man a pesar de que "aínda" non é voluntario de ESF. No fondo, Paola e máis eu, que non somos "oficialmente" do GSI.

Por certo, non vos aconsello mencionar Windows na súa presencia...