17 oct 2012

PROGRESANDO COA NOVA PLANI ESTRATÉXICA:MISIÓN, VALORES E DEFINICIÓNS

MISIÓN


ESF é unha asociación independente sen ánimo de lucro baseada no voluntariado, que busca construír unha sociedade mundial xusta e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e poñendo a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano.



 VALORES


ESF considera o voluntariado como un fin en si mesmo: Entendendo ás persoas voluntarias como axentes de transformación social que constitúen unha forma de cambiar o mundo. Búscase a participación activa do voluntariado, perseguendo que éste sexa comprometido e que aporte pensamento crítico.

Promovemos a TPDH: Entendemos a tecnoloxía dentro do entorno cultural, político, social, económico e ambiental como unha ferramenta que se xera e que é xeradora e non como un fenómeno illado ou neutro. Incorporamos nos proxectos técnicas autóctonas e tecnoloxías apropiadas para non crear dependencias innecesarias e mitigar as existentes. Cuestionamos o uso histórico da tecnoloxía apostando por unha tecnoloxía participativa e non excluínte que permita mellorar a calidade de vida, que promova e permita alcanzar a xustiza social e a equidade, sendo sustentable no tempo e ambientalmente. Promovemos a educación e investigación para o desenvolvemento: ESF estuda as realidades onde leva a cabo a súa acción e xera coñecemento sobre as alternativas para paliar as principais problemáticas. ESF ten especial interese na divulgación e investigación sobre as posibilidades da tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano.

Cremos na participación dos axentes locais: Traballamos noutros países contando co protagonismo dos nosos socios locais, comunidades e grupos vulnerables, adaptando as intervencións no terreo ás peculiaridades culturais e aos ritmos que o desenvolvemento sustentable require para o seu empoderamento. A cooperación debe ser identificada como necesaria e plenamente aceptada polos socios locais, poboación destinataria e grupos vulnerables e procurar que sexa liderada por estes, os cales participan no seu deseño e desenvolvemento, así como polo resto dos axentes. Traballamos no noso país contando coa participación dos axentes locais, procurando con esta participación un modelo de sociedade activa, capaz de conseguir cambios.

Apostamos por ter unha concepción integral da cooperación para o desenvolvemento: Identificamos os factores sociais, económicos, técnicos, culturais, éticos, ambientais e políticos mediante equipos de traballo pluridisciplinares. Promovemos que os plans de acción sexan integrais e que persegan efectos multiplicadores para garantir a súa viabilidade e sustentabilidade unha vez rematada a acción cooperativa.

Somos unha organización aconfesional, apartidista e politizada: ESF non está asociada a ningunha organización política nin relixiosa, aínda que consideramos que a participación política de cidadáns e organizacións é a principal vía para acadar o desenvolvemento humano.

Cremos no asociacionismo: Todas e cada unha das persoas que compoñemos ESF consideramos o asociacionismo como unha ferramenta imprescindible, tomando como base a participación social de cada un dos seus membros (persoas voluntarias, socias e socios, persoas contratadas, donantes, copartes, etc.). Así, por medio do compromiso, o traballo e a participación dentro das actividades da asociación, perseguimos a transformación da sociedade para acadar a nosa misión

Defendemos a Equidade de Xenero: Consideramos imprescindible adoptar a perspectiva de xénero como eixo transversal e transformador en tódalas nosas accións (entendendo esto como o medio de acadar a a equidade entre homes e mulleres), non só no deseño dos nosos proxectos, senón tamén no día a día da asociación e nas relacións entre as persoas que a forman. Para iso, tratamos de orientar as nosas actividades cara a igualdade entre os sexos mediante o empoderamento da muller e a súa participación activa na sociedade; á igualdade de oportunidades á hora de acceder a recursos e beneficios; e, en definitiva, a concienciación da existencia dunha fenda de xénero e loita por reducila e eliminala.

DEFINICIÓNS


Tecnoloxía apropiada (TA)
Entendemos a tecnoloxía apropiada como un conxunto de coñecementos técnicos, ordenados científicamente, que permiten deseñar e crear bens e servizos que facilitan a adaptación ao medio e satisfacer tanto as necesidades esenciais como os desexos das persoas, pero que deben estar deseñados con especial atención aos aspectos medioambientais, éticos, culturais, sociais e económicos da comunidade á que se dirixen. Atendendo a estas consideracións, a TA normalmente demanda menos recursos, é máis fácil de manter, presenta un menor custo e un menor impacto sobre o medio ambiente respecto a outras tecnoloxías equiparables.
Este concepto de “apropiada” ten, pois, en conta, os dous significados da palabra apropiada:
Diccionario de la lengua española © 2005 Espasa-Calpe: 
apropiado, da 
1. adj. Acomodado o proporcionado para el fin a que se destina. 
apropiar 
1. tr. Acomodar con propiedad. ♦ Se construye con la prep. a: debes apropiar tu comportamiento a cada situación. 
2. prnl. Tomar para sí alguna cosa haciéndose dueño de ella. ♦ Se puede o no construir con la prep. de: se ha apropiado el dinero; se ha apropiado de mis ideas. Proxecto Conxunto de actividades interrelacionadas para realizar nun prazo preestablecido e mediante a utilización de recursos predeterminados, englobadas baixo un obxectivo xeral cunha finalidade transformadora, desde unha perspectiva multidisciplinar e participativa.

Educación para o Desenvolvemento
Proceso educativo constante que favorece a comprensión sobre as interrelacións económicas, políticas, sociais e culturais globais, que promove unha conciencia crítica, así como valores e actitudes relacionados coa solidariedade e a xustiza social e busca vías de acción para alcanzar un desenvolvemento humano e sostible. Parte dunha análise en profundidade, que cuestiona o modelo de desenvolvemento e promove accións para o cambio a nivel individual, local e global a medio e longo prazo.

Sensibilización
Proceso divulgativo e informativo levado a cabo mediante accións puntuais, polo cal se pretende facer ver unha realidade e denunciar situacións de inxustiza, educando a través da profundización sobre un tema concreto, tentando despertar unha visión crítica no público xeral ou definido, empregando para iso calquer modo de difusión e esperando unha concienciación permanente.

Incidencia
Conxunto de accións encamiñadas a influir naqueles que, tanto dende o ámbito público como privado, toman decisións, elaboran leis, regulacións e distribúen recursos que afectan ao benestar das persoas . Perséguese un cambio social, incluíndo unha reforma lexislativa e política. O público obxectivo estará ben definido, así como debe estar claro a quén se está tratando de influenciar e qué política se desexa cambiar (centrarse nun contexto en particular).

Investigación para o desenvolvemento
Estudo, análise e desenvolvemento dos coñecementos, actitudes e procedementos, desde unha dimensión de cidadanía global, co obxetivo de definir e promover un desenvolvemento humano sustentable.

Desenvolvemento Humano 
Proceso de expansión das capacidades das persoas, de xeito que poidan elixir o seu modo de vida para a busca do seu benestar. Consideramos a satisfacción das necesidades básicas das persoas, medios de vida sustentable e a erradicación da pobreza as prioridades do mesmo, así como a equidade e o empoderamento da cidadanía. Cuestionamos que o desenvolvemento dependa fundamentalmente da expansión do capital físico. Defendemos que se fundamenta no capital humano e a ampliación de capacidades das persoas para o avance cara a unha cidadanía cosmopolita (con dereitos e responsabilidades). Todo iso sendo conscientes dos límites físicos da nosa contorna e a necesidade de asegurar as posibilidades de desenvolvemento non só á poboación actual senón tamén ás xeracións futuras. A procura deste desenvolvemento das persoas emana dos valores de xustiza e solidariedade, básicos no labor de ESF.

Xustiza social 
Pechada no obradoiro do día 19 baseándose nestes enfoques.
Finalmente definímola como:
ESF considera xusto o dereito das persoas a desempeñar tarefas na sociedade desde as que poda contribuírse ao benestar xeral de acordo ás propias capacidades, defendendo ademais o criterio absoluto de necesidade para repartir a riqueza e lograr a igualdade de condición en todo o que ten que ver co acceso aos servizos básicos, polo enfoque de Dereitos Humanos que se promove dende a asociación

Cooperación para o desenvolvemento 
Toda actuación de traballo en común, tanto nas nosas actividades en Galicia como en paises empobrecidos, co obxectivo final de acadar o desenvolvemento humano

Independencia
Enxeñería Sen Fronteiras entende a independencia como a non vinculación a ningún partido político nin relixión, así como a autonomía respecto aos poderes públicos e intereses privados para o deseño das súas accións e a definición das súas estratexias.

Redes de traballo 
Conxunto de persoas e organizacións da sociedade civil cunha mesma finalidade, que traballan paralelamente en base a súa especialización, e cunha estructura horizontal. Diferenciamos, redes formais, como aquelas que precisan necesariamente dunha coordinación e nas que os integrantes participan activamente, adquirindo responsabilidades e estructura organizativa para concluir nunha toma de decisións explícita. Por outra banda, as redes informais, son aquelas nas que os integrantes deciden o momento e a forma na que consideran conveniente participar e nas que se conclúe progresivamente nunha decisión, segundo a constancia na que participen os integrantes. Ambos modelos poden coexistir en moi diversas formas de interdependencia.

Comunicación para o cambio social 
Trátase dun concepto vivo que define a un proceso social e educativo de carácter cíclico que busca a relación, a posta en común e a participación colaborativa entre as persoas. A comunicación para o cambio social baséase na tolerancia, o respecto, a equidade, a xustiza social e a participación activa de todos e todas. Deste xeito, este modelo comunicativo promove os procesos, non os instrumentos, e entende que o uso da tecnoloxía debe dimensionarse de acordo ás necesidades de cada proceso comunicacional e á capacidade de apropiación das persoas involucradas. A comunicación para o cambio social promove o diálogo e o debate, non só no interior do proceso de comunicación, senón cara outros procesos similares. Así, a constitución de redes contribúe á consolidación destes procesos, enriquecidos polo propio intercambio.

Sociedade civil 
Conxunto de cidadáns organizados para actuar no campo do público na busca do ben común, sen ánimo de lucro persoal nin buscar o poder político ou a adhesión a un partido determinado

Base social de ESF
A base social de ESF son tanto as persoas voluntarias (co seu compromiso de voluntariado asinado), como as persoas socias (co formulario de suscripción asinado) e o persoal contratado en nómina da asociación

Actualización: aproveitamos e engadimos tamén a VISIÓN que finalmente se aprobou 

En 2017, en ESF somos máis persoas militantes e críticas que continuamos aprendendo arredor da influencia das nosas accións no mundo e nos implicamos
activamente na creación de propostas para a construción colectiva dunha cidadanía global solidaria. Traballamos con persoas organizadas que constrúen e defenden o seu dereito ao acceso e á gobernanza dos servizos básicos para protagonizar o seu propio desenvolvemento. A calidade das nosas accións, a transparencia e a coherencia institucional son os nosos avais.

16 oct 2012

Experimentos peligrosos: ciudades modelo en Honduras

En Honduras hay bastante polémica por una iniciativa de crear ciudades modelo, regiones especiales de desarrollo o ciudades libres (tipo eurovegas, aunque otros como lo que adjunto prefieren compararlos con el "milagro de Hong Kong"). Nuestro socio hondureño CODDEFFAGOLF se posiciona en contra de esta iniciativa (muy similar a las zonas francas al lado del lago Managua en Nicaragua, pero más a lo grande, con sus propias leyes laborales-policía-tasas impositivas, etc.). Esta iniciativa está haciendo las delicias de los defensores del liberalismo a ultranza: aquí podéis ver una noticia sacada de la revista Actualidad Económica, que trata esta noticia de forma en mi opinión sesgada y muy superficial:


  • Uno: no veo muy replicable este modelo (aunque claro, ellos tampoco, se trata de competencia de unos territorios con otros en el mismo país, para crear una especie de "islas insolidarias").
  • Dos: tampoco me parece un milagro, porque aunque aumentó muchísimo su posición en el Indice de Desarrollo Humano, está entre las zonas más desiguales del mundo... (suele pasar cuando dejas al libre mercado hacer "milagros"). Aunque claro, depende de las prioridades de lo que cada uno entendamos como desarrollo...

También en la web de RTVE se ha tocado el tema recientemente.

¿Qué opinais de estos experimentos?

------
Opinión 1


Vino hoxe no País e pareceume que contestaba todo isto con poucas palabras:

8 oct 2012

Obradoiro Peche Planificación Estratéxica

O vindeiro 19 de outubro, venres,  de 17 a 21 no aula de proxectos da ETSE, Campus Sur de Compostela, celebrarase o obradoiro de peche da planificación estratéxica 2013-2016.

 É fundamental que acuda a máxima xente da base social de ESF Galicia (persoas voluntarias, socias..) dado que neste obradoiro decidirase a visión (cómo nos vemos e en que esperamos que se convirta a asociación dentro duns aniños ) así como, presentaranse as liñas estratéxicas nas que traballaron os distintos grupos de ESF. É dicir, veremos en que imos traballar e cómo. Xunto cas liñas estratéxicas veranse os resultados, actividades asi como indicadores e fontes de verificación, todo isto vai condicionar a  forma de traballar (en qué, cándo, cómo) dos vindeiros anos polo que é moi moi importante que estea consensuado por toda a asociación!!!

Aqui deixamos o programa:


- 17:00-17:45. Visión. 45 min.

Dinámica sobre a visión da organización (aconsellable ter visto MATRIX ;DDDD).
Presentación dos resultados da enquisa personal.
Peche da visión.

- 17:45-18:45. Comunicación. 1 hora

O grupo de comunicación co apoio de expertas en comunicación para o desenvolvemento nos contarán brevemente as bases filosóficas da comunicación para o desenvolvemento, de cara a desenvolver liñamentos específicos para ESF Galicia de aquí a decembro.

- 18:45-19:00. Descanso. 15 min.

- 19:00-21:00. Liñas estratéxicas.

Presentarase de xeito áxil as liñas estratéxicas e resultados enviadas polos distintos grupos, comentando as dúbidas que poidan traer as persoas participantes no obradoiro (non dará tempo a leer as liñas, resultados, indicadores e actividades, senón que as dúbidas terán que traerse preferiblemente tras ler o documento de consolidación das liñas previamente enviado).

Estamos na recta final e necesitamos estar tdxs para completar este proceso!!!

3 oct 2012

Describe como te gustaría ver a ESF en el...


Con la Comisión de Planificación Estratégica facilitando la parte final del proceso de elaboración del 2º Plan Estratégico de ESF Galicia (cerrando la visión y el mapa estratégico), después de revisar mucha documentación antigua, me encontré con una pregunta que nos hicieron en el proceso de elaboración del primer plan (2007-2012), y que yo había contestado entre finales de 2006-principios de 2007, cuando aun era voluntario... La verdad es que aun comparto prácticamente el 100% (y muchas cosas se han ido logrando, no tanto otras).

Describe como te gustaría ver a ESF en el 2011 de manera realista.

Lo primero, que la gente tenga acceso transparente a la información de la asociación, que sepa en qué está trabajando de forma actualizada y en los distintos temas, así como el estado de cuentas, cómo se gastó el dinero y su procedencia (tanto a través de web como de boletines digitales o en papel). Si de propina viene todo lo de certificada por la AECI, lo de la Fundación Lealtad (pssss), utilidad pública y demás pues bienvenido, el esfuerzo para lograr esos certificados será muy bajo si se cumple lo mencionado al principio.

Además me gustaría que se hubiera definido la manera de crecer o no crecer, y también en donde crecer. La sede de Orense la sigo viendo como de interés estratégico por la distancia a otras sedes (no tanto la de Pontevedra por tener Vigo muy cerca, pero lo cierto es que ya existió y no estaría mal si se retomara). Aunque solo 5 personas se reúnan una vez al mes para hablar sobre TpDH y consigan hacer alguna actividad, exposición, vídeo forum, etc., ya estaría bien para ir creando red con ellas en los encuentros y por Internet.

Creo que a los profesionales (sobre todo a los desvinculados de la universidad) se les ha descuidado mucho en la asociación y me gustaría que para entonces eso haya cambiado y haya una cierta diversidad en el perfil de los voluntarios, y que además los que entren se sientan acompañados desde el principio e integrados en el grupo (en eso creo que se ha mejorado mucho, pero nunca es demasiado…).

Fuentes de financiación a nivel gallego identificadas y que nos conozcan y cuenten con nosotros. Tener un aporte por socios mayor al actual que dé credibilidad social y cierta maniobrabilidad económica, y haber explorado fuentes de financiación muy aceptables que pueden aumentar más esa maniobrabilidad (sobre todo colegios profesionales). 

Ser capaces de planificar antes de finales de un año lo que se quiere hacer el siguiente con fiabilidad. Empezar a pensar ya incluso tácticamente (en programas a 2-3 años vista para temáticas concretas).

Tener proyectos en marcha con el PCR integrado y generando incidencia y experiencias para contar en EpD, así como actividades de incidencia pura, IpD y EpD, sin crisis “estacionales” en su seguimiento (si hacen falta contratados, adelante, valorando cuidadosamente los perfiles y condiciones).

Y por supuesto, que se siga aprendiendo y creando sinergias con todo lo que hagamos (para lo cual la sistematización y el trabajo con otras ISFs u organizaciones aliadas es muy importante), y que siga el…, ¿puedo decirlo?... buen rollito que te cagas.

1 oct 2012

Resumo blogueiro: setembro 2012

CONTIDOS




  • Blogue de Vida Asociativa 
  • Blogue Honduras 
  • Blogue materia de cooperación da UDC 
  • Outros recursos 2.0 de ESF Galicia 
  • Outras canles ISFeras 
  • Enlaces de interese 
  • Publicacións en físico 
  • E no próximo mes ... 
  • A ESFrase do mes



BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA


Neste mes de setembro, abrindo o novo curso, temos unha nova entrega do resumo das actividades da Xunta Directiva de ESF. Tamén houbo tempo para unha reflexión baseada nunha recomendación bibliográfica.




BLOGUE HONDURAS

En setembro as tres persoas participantes no PCR contáronnos de xeito moi ameno como van as cousas no peche do programa de auga en Coray, tanto nas comunidades como El Terrero ou Portillo Colorado en Coray, como na zona de Marcovia, onde se está a pechar tamén o programa de agua potable e saneamento. Tamén coñecimos os avances na construción do centro de acopio en Guameru cun par de entrevistas interesantísimas (a un dos técnicos e a unha das mulleres que o manexarán) e houbo tempo para visitar e aprender en Nicaragua sobre proxectos sobre acuicultura artesanal e cría de tartarugas.




BLOGUE DA MATERIA DE COOPERACIÓN DA UDC


Continuou a inactividade neste blogue, co grupo recargando as pilas para o inicio do novo curso, onde pode haber cambios nesta materia (que se impartirá só para as titulacións da Escola de Camiños, co novo Plan Boloña).




OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • Páxina de Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
  • DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo e participade!!
  • Slideshare ESF Galicia. Ven de cumprir un ano de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre temáticas de interese de ESF.
  • Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
  • Blogue de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
  • Blogue de Proxectos de Nicaragua como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2006 e 2010
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que compartan información, experiencias, etc.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
  • Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
  • Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.





OUTRAS CANLES ISFERAS



ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD



Educación para o desenvolvemento


Iniciativas



Investigación para o desenvolvemento 




Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado




PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións disponibles xa catalogadas

Este mes:





E NO PRÓXIMO MES ...



Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD




A ESF-RASE DO MES

Cando dous elefantes loitan é a herva a que sofre.
Proverbio de Uganda

27 sept 2012

Ciberpunk educativo e tecnoloxía para o desenvolvemento

Hoxe traemos un extracto dun interesante libro que trascende o xénero ciberpunk e reflexiona sobre a tecnoloxía para a educación e a súa compoñente cultural. Qué vos parece?

<< Yong é a manifestación externa de algo. Ti, a esencia subxacente. A tecnoloxía é un yong asociado con un ti particular que é —aquí o doutor detívose e, con un esforzo evidente, contívose para non empregar un termo pexorativo como bárbaro ou gwailo— occidental, e completamente extrano para nós. Durante séculos, dende os tempos das Guerras do Opio, temos loitado por absorber o yong da tecnoloxía sen importar o ti
occidental. Pero foi imposible. Do mesmo xeito que os nosos antepasados non podían abrir os portos ao oeste sen aceptar o veleno do opio, non podíamos abrir as nosas vidas á tecnoloxía occidental sen aceptar as ideas occidentais, que foron unha praga para a nosa sociedade. O resultado foron séculos de caos. Lle pedimos que lle poña fin dándonos a Semente.
   —Non entendo por que a Semente lles axudará.
   —A Semente é tecnoloxía enraizada no ti chinés. Vivimos pola Semente durante cinco mil anos —dixo o Doutor X. Axitou a man cara a fiestra—. Aquí había arrozais antes que aparcamentos. O arroz era a base da nosa sociedade. Os campesiños prantaban as sementes e tiñan a condición máis alta na xerarquía confuciana. Como dixo o Mestre: «que os produtores sexan moitos e os consumidores poucos». Cando a Toma veu dende Atlantis, dende Nipón, xa non tiñamos que prantar, porque o arroz viña agora dos compiladores de materia. Foi a destrución da nosa sociedade. Cando a nosa sociedade se baseaba na agricultura, podía dicirse realmente, como fixo o Mestre: «a virtude é a raíz; a riqueza é o froito». Pero baixo o ti occidental, a riqueza non ven da virtude senón da intelixencia. Así que as relacións filiais se trastornan. O caos —dixo lamentándoo o Doutor X, logo levantou a vista do té e moveu a cabeza cara a fiestra—. Aparcamentos e caos. >>

A ERA DO DIAMANTE. Manual ilustrado para rapaciñas. 
Neal Stephenson

9 sept 2012

Transición a divertill@s: la Xunta Directiva de marzo a mayo (III)

La tercera crónica de la transición en Xunta Directiva ya está aquí. No sigas leyendo si aún no te has leído la primera y la segunda parte... o sino, perderás el hilo ;)


A) LAS COSAS DEL DÍA A DÍA EN LA LISTA

Invitación al Consello Municipalista de Cooperación 

Es el órgano de participación sectorial con funcións consultivas y asesoras del Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Desde la Coordinadora Galega de ONGD nos llega la invitación para participar en la convocatoria con el siguiente orden del día:


1. Presentación do proxecto europeo “Redes para o desenvolvemento”.

2. Convocatoria de axudas a proxectos para o exercicio 2012.
3. O Fondo Galego e as Liñas Estratéxicas 2011-2015.
4. Outros asuntos.


Por falta de capacidad, no hay asistencia por parte de ESF Galicia. 



Propuesta de Sergio en el informe de actividades


La red se ralentiza cada vez más frecuentemente, haciendo por momentos el trabajo bastante complicado. Parece que wifi o conector están al límite. Podría ser interesante comprar una cámara de vídeo y otra de fotos para ESF para poder documentar las actividades y compartirlas, así como un mini-portátil para presentaciones en ferias y eventos, o incluso como apoyo para PCR y visitas técnicas al terreno

Para solucionar el tema de la wifi se ha decidido comprar más capacidad. La compra de una cámara de vídeo, otra de fotos y un mini-portátil parece interesante. Se decide que se puede meter en la planificación del año que viene.




Votación urgente sobre convenio con ALTOP 

ALTOP es una empresa que entre sus actividades alquila equipos de topografía. Como últimamente tienen poco trabajo y tienen muchos equipos parados su intención es cederlos a ISF para que los use en los proyectos de cooperación de forma gratuita. O sea, que en vez de alquilarselos nos los dejan. Siempre en función de la disponibilidad de los equipos, claro. Son equipos que parece ser que no son de última generación pero que están bastante bien y en buen estado.

Además ofrecen un descuento a personas socias de ISF que quieran comprar equipos de estos. Para profundizar: 


http://www.al-top.com/convenio-entre-el-coitt-y-al-top-topografia

La propuesta sale adelante por parte de ESF Galicia.

Votación urgente sobre convenio de secretaría ejecutiva

Es un convenio de colaboración entre la federación española de Ingeniería Sin Fronteras y ESF Cataluña. Gracias a este convenio se facilitará la representación institucional de la federación en los foros habituales de la Federación que suelen tener lugar en horario laboral en Madrid. En Madrid tienen lugar mensualmente las reuniones de la CONGDE, también está la AECID, donde muchas ISF pedimos proyectos; los Colegios y las asociaciones de ingeniería de mil cosas. También entes como el Instituto de la Ingeniería de España o asociaciones de pequeñas empresas que llaman y preguntan qué hacemos. Ministerios y Agencias públicas. Y sin olvidar otras ONGD, que muchas veces llaman para hablar algún tema político y no estamos respondiendo (alianzas, apoyos para algún proyecto al parlamento, socios para campañas, etc). 

Este convenio permite a todas las ISF moverse en este complejo ecosistema. Cuando haya personas voluntarias con posibilidades de acercarse a Madrid a alguna reunión se dará preferencia. Pero con el convenio también se puede pasar a tomar una actitud más activa en estos ambientes. La propuesta sale adelante por parte de ESF Galicia.


B) UN GRUPO CUALQUIERA: PREPARAMOS REUNIONES Y ASAMBLEAS

Acta da reunión 25 de abril

Se proponen algunas modificaciones. Cierta persona de la Xunta Directiva quedó trastocada tras corregir el acta. He aquí las pruebas: 

Vou cear, pero non sei en qué vou cociñar porque se me fui a olla (JAJAJA).
Que chispa teño. Non me acerquedes a produtos infamables.

Asistencia a la Asamblea Federal

La próxima Asamblea Federal es el 16 de Junio en Valladolid.

Las previsiones de actividades de momento son:

10:00 - 14:30 h        ASAMBLEA EXTRAORDINDARIA
14:30 - 16:00 h        COMIDA
16:00 - 18:00 h
18:00 - 21:00 h        SORPRESA
21:00 -                VERTEBRACIÓN

Por asuntos personales y académicos no puede asistir nadie de la Xunta Directiva.


3 de junio - próxima reunión de XD

Se propone la sede de Ourense para ir dando visibilidade á XD como grupo de traballo e estrear sede (e sofá de escai vermello)!!!! :-)!! 


C) TAMBIÉN LE DAMOS VUELTAS AL COCO... 

Campaña de personas socias de ESF Cataluña

Dado que este tema está en debate estos días en Galicia, os reenvío el correo de arranque de la campaña de socios, con los enlaces correspondientes.


Futuro da materia ICD: 

Tivo lugar unha reunión cos profesores de ICD (que agora chámase Cooperación para o Desenvolvemento na Enxeñería Civil). 

O próximo curso entrará como optativa no grado de obras públicas e dentro de dous no grado de camiños pero seguirase mantendo como materia de oferta xeral mentres se poida. Isto quere decir que sobre o papel coexistiran ata 3 materias diferentes de cooperación pero na práctica será unha soa: un mesmo temario, un mesmo horario para as 3 materias e unha mesma aula para todo o alumnado.

Impartirase no segundo cuatrimestre, un día a semana e tres horas por día tal e como viña sendo. Son 40 horas de clase. O desenvolvemento das mesmas será como ata o de agora: ponencias, dinámicas/vídeos e traballo para facer na casa que complemente o visto en clase. Organizarase entre os profesores e 2-3 voluntarios de ESF tal e como decidiramos propoñerlle. Actualmente organizábaa ESF e os profesores revisaban o programa cando este estaba completo.

Non hai orzamento. Pode contarse con conferenciantes externos se veñen voluntariamente. Tanto o cadro de obxetivos e a proposta temática que fixemos na reunión da Comisión de Accións do Norte estanse usando como base para elaborar o programa do curso (con algúns matices).

Dedicaránselle 5 clases a falar das desigualdades, a causa das mesmas e a introducir conceptos e coñecementos básicos de cooperación, así como a dereito a auga, ODM, AOD e axuda humanitaria. Estas 5 clases son para as que contaremos con ponentes externos ou profesores da UdC non vinculados a materia.
Dúas clases serán de TpDH que serán impartidas polo Cartolab.
As 6-7 restantes a falar de proxectos e a contar experiencias de traballo nos mesmos (tendo en conta en todo momento os enfoques transversais cos que adoitamos traballar). Estas sesións dividiranse en subbloques de dúas sesión que serán impartidas por ESF, Cartolab e GEAMA.
A parte de asociacionismo e iniciativas no Norte bótase en falta... Se falou na reunión pero á hora de elaborar o borrador do programa non foi incluído. Na seguinte reunión poderemos expoñer isto e intentar que teña máis peso. De todos modos sempre poderemos falar de iso nas clases que imparta ESF.

Proxecto Cárcere

A Plataforma Proxecto Cárcere (BLOGUE Proxecto Cárcere) está a elaborar o Plan de viabilidade de Proxecto Cárcere para presentar á sociedade e autoridades competentes para solicitar a cesión do antigo Cárcere da Torre da Coruña á cidadanía como Centro sociocultural e da memoria.

Varias persoas voluntarias de ESF participamos activamente deste proxecto e aceptaron que os seus nomes estean incluidos no Plan como pertencentes á Plataforma, a cuestión é: estaría a masa asociativa de ESF interesada en aparecer como colectivo incluído na mesma con vistas a participar no futuro mediante actividades da sede Coruña?

É unha grande ocasión para traballar en rede na Coruña, pois hai moitas organizacións implicadas e trátase dun proxecto multidisciplinar. 

Hai xa varias propostas e deberiamos decidir se queremos participar como colectivo, que creo que é unha oportunidade de crear redes. Ter xente implicada xa temos así que toca decidilo/votalo non ??

Se puede preparar una propuesta entre la gente interesada y sacarlo de nuevo en la lista Xeral pero ya comentando el interés de adhesión y pasarlo a XD 

Para xuntar info, aquí vai a listaxe de persoas e colectivos adheridas até o momento: http://proxectocarcere.blogaliza.org/quen-somos-3/

O antigo cárcere provincial da Coruña, actualmente en desuso, preséntasenos hoxe como un desafío á cidadanía coruñesa para intentar acadar a súa transformación, dun espazo de represión noutro representativo da convivencia libre, onde primen os usos sociais, culturais e educativos e onde a memoria histórica estea sempre presente. Con este obxectivo formouse a Plataforma Proxecto Cárcere hai xá mais dun ano na que participan colectivos e persoas a nivel individual da nosa cidade e arredores.
Para facer mais forte esta iniciativa, para que se enriqueza das diferentes perspectivas que cada unha e un de nós podemos aportar, así como para que poda chegar ao maior número e diversidade de xente da cidade e arredores…

Cursos federales y fundación Tripartita


Por parte del equipo de formación de la federación se llevan algunos meses intentando que las matrículas de los cursos federales se puedan bonificar a través de la Fundación Tripartita. La importancia de la Fundación Tripartita es muy grande ya que se trata de una gran plataforma de lanzamiento de los cursos y la posibilidad de incrementar la cantidad de alumnos que los hagan.

Cualquier empresa, si manda a sus trabajadores a hacer un curso, el coste se le descuenta de lo que paga a la Seguridad Social por sus trabajadores. La cosa es así:

- El empleado va al curso.
- La empresa paga el curso.
- La Seguridad Social le devuelve a la empresa lo que pagó por el curso.

O sea, el curso le sale gratis al empleado y a la empresa. Es una forma de fomentar la formación en las empresas. Las empresas tienen que tener un convenio con la fundación para poder mandar trabajadores. Además, hay un tope de dinero por año que la fundación puede financiar. 

ISF debe gestionar las bonificaciones. El problema es que no se sabe a nivel de trabajo qué carga supone (horas de dedicación) y por tanto, no se sabe si se puede asumir. Se ha contactado con una empresa que nos podría hacer esta gestión a un módico precio. La propuesta que se presenta por parte del equipo de formación de la federación sería comenzar en mayo los dos cursos de energía y hacer una difusión especial entre empresas de energías renovables o gente del sector, además de la difusión normal entre ONGD y estudiantes.


La primera propuesta es subir la matrícula de los cursos para esta gente que puede bonificarla y así podríamos conseguir tres sueldos, que son los que realmente necesitamos para hacer los cursos. Además, la propuesta pasa por que estudiantes y gente que se encuentre en situación de desempleo pagasen lo mismo que personas socias de las ISF. 


Se debe validar o rechazar esta propuesta en el plazo rápido para comenzar con las gestiones. La propuesta salió adelante por parte de ESF Galicia.

Otro tema ligado a éste que hay que introducir en el debate de cara a futuro es el incremento de las matrículas de los cursos en general. Los cursos no se sostienen económicamente con las matrículas que se pagan actualmente (se cubre un 50% del coste aproximadamente) y la financiación pública que teníamos está bajando. Para poder seguir haciendo cursos federales de formación habrá que repensar la financiación de los mismos, de manera que uno de los elementos de discusión será el posible incremento de las matrículas para que sean más sostenibles económicamente.
 

3 sept 2012

Resumo blogueiro agosto 2012

CONTIDOS


  • Blogue de Vida Asociativa 
  • Blogue Honduras 
  • Blogue materia de cooperación da UDC 
  • Outros recursos 2.0 de ESF Galicia 
  • Outras canles ISFeras 
  • Enlaces de interese 
  • Publicacións en físico 
  • E no próximo mes ... 
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA


Neste mes de agosto, aínda sendo un mes tradicionalmente con pouca actividade, tivemos tempo de organizar un obradoiro para intercambiar ideas sobre comunicación para o cambio social nas ONG, do que xa se pode ver a crónica. Ademais, en nome da Alcaldía de Marcovia (un dos nosos socios locais nos proxectos en Honduras), entregamos unha placa de agradecemento á Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia (o noso principal financiador). Non deixamos de estar pendentes das posibilidades de formación, imprescindible para unha base social activa e crítica.





BLOGUE HONDURAS

Neste mes en Honduras puidemos coñecer o avance dos diversos proxectos, coa presenza de 3 persoas que participan no Programa de Coñecemento da Realidade 2012. Puidemos coñecer o xeito de traballar dos pescadores de El Cuco en El Salvador e tamén os avances no Municipio de San Francisco de Coray en sensibilización e nun proxecto dun sistema de abastecemento e saneamento na comunidade de El Terrero. Con todo isto, tamén houbo tempo para coñecer o carnaval en San Lorenzo.





BLOGUE DA MATERIA DE COOPERACIÓN DA UDC


Continuou a inactividade neste blogue, co grupo recargando as pilas para o inicio do novo curso.





OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • Páxina de Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
  • DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo e participade!!
  • Slideshare ESF Galicia. Ven de cumprir un ano de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre temáticas de interese de ESF.
  • Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
  • Blogue de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
  • Blogue de Proxectos de Nicaragua como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2006 e 2010
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que compartan información, experiencias, etc.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
  • Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
  • Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.




OUTRAS CANLES ISFERAS



ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD



Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 


Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado




PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións disponibles xa catalogadas

Este mes:



E NO PRÓXIMO MES ...


Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD




A ESF-RASE DO MES

Non aceptedes o de sempre como cousa natural, pois en tempos de violenta desorde, de confusión organizada, de coñecida arbitrariedade, de humanidade deshumanizada, nada tería que parecer imposible de cambiar.
B. Brecht