O Sáhara Occidental é un dos 17 territorios non
autónomos recoñecidos polas Nacións Unidas. Está ocupado ilegalmente polo Reino de Marrocos desde 1976, pero o Reino de España segue a ser a potencia administradora do proceso de descolonización. Este mes de decembro de 2016 correspóndelle a España a rotatoria Presidencia do Consello de Seguridade da ONU, e a Coordinadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara (CEAS-Sahara) organiza a campaña #EspañaNoDescoloniza co obxectivo de que as autoridades españolas fagan uso do cargo e asuman as súas responsabilidades: introducir o debate da cuestión do Sáhara Occidental, fixar a data do referendo de autodeterminación do Pobo Saharauí e incluír a vixilancia do respecto aos Dereitos Humanos nos Territorios Ocupados entre as competencias da MINURSO até a celebración do citado referendo.
Enxeñería Sen Fronteiras ten unha relación histórica coa causa saharauí e subscribe esta campaña, á que podedes acceder na seguinte ligazón: http://ceas-sahara.es/spip.php?article1388
Tamén vos recomendamos esta curtametraxe de animación, unha clara explicación do conflito do Sáhara Occidental: https://www.youtube.com/watch?v=fzsGYB4qF6U
Desexamos que pasedes unhas boas festas e que non esquezades o pobo "fillo das nubes", Sáhara libre!
26 dic 2016
21 dic 2016
Obradoiro "Entendendo onde e como está a auga no sur de Honduras"
Data e lugar:
Onde: Sala de ordenadores da Escola de Enxeñería de Camiños, A Coruña.
Cando: xoves 22 de decembro de 17 a 20h
Entrada libre
Programa:
Tras unha introducción nos dividiríamos en tres grupos para tratar tres temáticas:
1.- Calidade da auga
2.- Augas subterráneas
3.- Métodos innovadores de obtención de auga
Dada grupo preparará en hora ou hora e media unha presentación sobre ese tema para mostrar en plenario ao resto das persoas asistentes
Remataremos cunhas conclusións
Onde: Sala de ordenadores da Escola de Enxeñería de Camiños, A Coruña.
Cando: xoves 22 de decembro de 17 a 20h
Entrada libre
Programa:

1.- Calidade da auga
2.- Augas subterráneas
3.- Métodos innovadores de obtención de auga
Dada grupo preparará en hora ou hora e media unha presentación sobre ese tema para mostrar en plenario ao resto das persoas asistentes
Remataremos cunhas conclusións
18 dic 2016
Faladoiro "Da seguridade alimentaria á soberanía alimentaria en América Latina. Reflexións desde a perspectiva galega"
Data e lugar:
Obxectivos:
- Trátase de debatir sobre a necesidade de pasar do concepto de seguridade alimentaria ao de soberanía alimentaria (e como facelo) para garantir realmente o dereito á alimentación, a partir de reflexións e experiencias de traballo en América Latina e Galicia.
- Ademais, dende ESF Galicia quérese aproveitar para crear unha rede de persoas conectada cunha lista de correo-e para dinamizar debates cos que a asociación se atopa nestes temas no día a día das súas actividades en Galicia e Centroamérica, contando con persoas a modo de “asesoras” no eido do desenvolvemento rural. Este encontro serviría de punto de arranque para esta lista de persoas asesoras en desenvolvemento rural de ESF Galicia.
Metodoloxía:
Preténdese crear un espazo informal de faladoiro-reflexión-debate, onde haberá breves intervencións con temáticas predefinidas para ir fiando os contidos, moderadas por unha persoa de Enxeñería Sen Fronteiras. Serán ciclos de 20 minutos que se iniciarán con unha exposición-reflexión da persoa relatora sobre un aspecto determinado, para a continuación entrar nun debate común, que pode enlazar tamén cos puntos anteriores. Deixaranse ao final uns minutos para unha exposición consensuada de conclusións ou ideas forza que sairan ao longo da xornada. Ao final da mesma, haberá un espazo de conversa informal na comida, a base de petiscos.
Programa:
Modera: Raquel Zolle Fernández. Representante-país Honduras de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
- Venres 23 de decembro de 10:30 a 13:30
- Aulas 16 da Escola Politécnica Superior de Lugo (edificio da ampliación, onde está a cafetería).
- Gratuito, pero é necesaria inscrición en info@galicia.isf.es indicando se se vai participar na comida, para estimación de persoas.
Obxectivos:
- Trátase de debatir sobre a necesidade de pasar do concepto de seguridade alimentaria ao de soberanía alimentaria (e como facelo) para garantir realmente o dereito á alimentación, a partir de reflexións e experiencias de traballo en América Latina e Galicia.
- Ademais, dende ESF Galicia quérese aproveitar para crear unha rede de persoas conectada cunha lista de correo-e para dinamizar debates cos que a asociación se atopa nestes temas no día a día das súas actividades en Galicia e Centroamérica, contando con persoas a modo de “asesoras” no eido do desenvolvemento rural. Este encontro serviría de punto de arranque para esta lista de persoas asesoras en desenvolvemento rural de ESF Galicia.
Metodoloxía:

Programa:
Modera: Raquel Zolle Fernández. Representante-país Honduras de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
- 10:30 Presentación do acto e das persoas asistentes
- 10:45 Mar Pérez Fra (Universidade de Santiago de Compostela). A soberanía alimentaria como base da agricultura galega e europea actual
- 10:55 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
- 11:05 Emilio Carral (Universidade de Santiago de Compostela). O pequeño é grande. Agricultura labrega e soberanía alimentaria en Galicia
- 11:15 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
- 11:25 Víctor Álvarez (Xunta de Galicia). A extensión agrícola e a soberanía alimentaria, experiencias en Galicia e América Latina.
- 11:35 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
- 11:45 Tecnoloxía na soberanía alimentaria. Pedro Revilla (Misión Biolóxica de Galicia-CSIC).
- 11:55 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
- 12:05 Sindicato Labrego-Vía Campesiña. A soberanía alimentaria, loita internacional.
- 12:15 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
- 12:25 Soberanía alimentaria en Centroamérica.Relatores por confirmar
- 12:35 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
- 12:45 Marcos e Almudena (Enxeñería Sen Fronteiras Galicia). A soberanía alimentaria en perigo. O caso de Honduras.
- 12:55 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
- 13:05 Clara Raposo. Consumo de cercanía na soberanía alimentaria.
- 13:15 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
- 13:25 Conclusións e ideas-forza xeradas. Despedida
- 13:30 Petiscos e espazo informal
16 dic 2016
Resultados do I certame de fotografía e poesía de ESF
Comprácenos anunciar que xa temos persoas gañadoras do I
certame de poesía e de fotografía organizado por Enxeñaría Sen Fronteiras Galicia e cofinanciado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
Lembramos
que as temáticas de ambos os dous concursos eran o dereito humano á auga, a
xestión dos recursos hídricos e a tecnoloxía para o desenvolvemento humano.
Houbo una gran acollida, cun alto nivel de participación (31 fotografías e 18 poesías) que nos sorprendeu ao ser a primeira edición, e unha gran calidade tanto en fotos como poemas presentados. Grazas polo voso esforzo e interese, tanto a participantes como a quen nos axudástedes a difundir!
EN FOTOGRAFÍA
![]() | ||
"Cocinando con menor gasto de leña", 1º Premio |
- Álvaro Trillo consegue o PRIMEIRO PREMIO de
fotografía coa súa "Cocinando con menor gasto de leña". Segundo comenta o seu autor "todo proyecto de cooperación al desarrollo debe tener el tema medioambiental como una cuestión transversal, pero en los proyectos de desarrollo rural con enfoque de microcuenca, como los desarrollados por Esf en el Rio Sasle, en las cercanías de Jinotega (Nicaragua), se convierte en cuestión principal, y la conservación de la vegetación es fundamental para garantizar un buen aprovechamiento de los recursos hídricos y la calidad del agua, así como para asegurar la retención del suelo. Las cocinas mejoradas contribuyen a ello al reducir considerablemente el consumo de leña para cocinar, frente a la forma tradicional de fuego abierto"
- O ACCÉSIT é para Ana Vázquez, con "A Gota da Vida".
EN POESÍA
- O PRIMEIRO PREMIO foi para Capetón, de Francisco
Javier Fernández Davila que, segundo o xurado, destápase coma unha epopea íntima de extraordinaria calidade que toca, aínda tanxencialmente, temáticas de Enxeñería Sen Fronteiras como son a Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano ou mesmo a pesca sustentable.
- Un dos accésits é Manando maino de Aura García Vilar que, a dicir do xurado, atrapa delicada e inexorabelmente a quen está lendo, e remata deixando un pouso de alegato polos recursos hídricos.
- O outro accésit foi para O dereito a sermos auga de Carlos da Aira Fernández, que consegue conxugar con brillantez, unha lírica fermosa e potente, co argumento do dereito á auga.
![]() |
"A Gota da Vida" , Accésit. |
Nota do xurado do certame de poesía: Para un certame que vén de nacer coma o noso, houbo un nivel literario e de compromiso moi elevado, que obrigou o xurado a un grande esforzo de análise. Parabéns e grazas a todas as participantes.
Tanto no certame de poesía como no de fotografía o premio consistiu nun lector de libros electrónicos que contiña unha colección de libros e material relacionado coa Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano xunto coa matrícula dun dos cursos en liña que organiza a Federación de Ingeniería Sin Fronteras. Esta derradeira parte do premio, unha beca para un curso en liña, é no que consistirán os accésits outorgados polo xurado.
---------------------------------------------------
Tanto no certame de poesía como no de fotografía o premio consistiu nun lector de libros electrónicos que contiña unha colección de libros e material relacionado coa Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano xunto coa matrícula dun dos cursos en liña que organiza a Federación de Ingeniería Sin Fronteras. Esta derradeira parte do premio, unha beca para un curso en liña, é no que consistirán os accésits outorgados polo xurado.
Parabéns a todas as que participástedes! Agardámosvos na futura II edición!!
14 dic 2016
Formacións en Igualdade de Xénero en A Coruña

Ademais, o vindeiro venres 16 de decembro, o CEXEF organiza unha xornada con moi boa pinta de "As desigualdades nos usos e repartos de tempos e traballos".
Máis info en http://istoenormal.org/gl/actividades/xornada-as-desigualdades-nos-usos-e-repartos-de-tempos-e-traballos
ESF EN RED. CONAMA 2016
Hace unos días, del 28 al 1 de diciembre, gracias a la financiación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, me encontraba asistiendo al Congreso Nacional
del Medio Ambiente (CONAMA) en su XIII edición, cuyo lema aseveraba “La
respuesta es verde”. En dicho evento se desarrollaron sesiones técnicas, grupos de trabajo,
salas dinámicas, talleres y actividades especiales alrededor de nueve temáticas
principales. A lo largo de tres días he asistido a diversas sesiones técnicas
relacionadas con cinco de ellas: ‘energía, eficiencia y cambio climático’, ‘desarrollo
rural’, ‘economía y sociedad’, ‘agua’ y ‘residuos’.
En la sesión sobre ‘desarrollo rural’ participé como trabajo
en red de Enxeñería Sen Fronteiras, la cual llevaba como título “Agricultura,
suelos y cambio climático” y, como apuntaba el programa, tenía el objetivo de
mostrar la relevancia que debe tener en los próximos años la agricultura en la
lucha contra el cambio climático, tanto con iniciativas públicas como privadas.
En primer lugar, y para entrar en materia, el catedrático de
edafología Rafael Espejo Serrano de la Universidad Politécnica de Madrid, una
representante de la Oficina Española de Cambio Climático del Ministerio de
Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente (OECC-MAPAMA) y Nuria
Parpal, directora del programa LIFE CLINOMICS de la Diputación de Barcelona, definieron el marco general alrededor del cual se desarrollaría la sesión. Como
primera idea, latente a lo largo de toda la mesa, se comentó ampliamente la
grave problemática de la pérdida de materia orgánica de los suelos, abandonando
de esta manera el concepto de los mismos como almacén natural de carbono, tan
necesario en la lucha contra el cambio climático. Gran parte de este carbono
almacenado se pierde en forma de emisiones de CO2 a la atmósfera en
el proceso de aireación provocado por el laboreo. Por tanto, se toma como
alternativa acercar el ecosistema agrario al ecosistema natural, de cara a
conseguir un balance más cercano a la realidad… ¿Cómo? A través de la
denominada “agricultura de conservación”, basada en una mínima alteración del
suelo, una cobertura permanente y la rotación de cultivos, todo ello adaptado a
las diferentes zonas y sistemas de producción. En esta línea, se ha lanzado la Iniciativa
4x1000 (+ info) como plan de acción voluntario en el marco de la Agenda de Acción
Lima-París. Por otro lado, el programa catalán LIFE CLINOMICS (+ info), cofinanciado con
fondos europeos, es un buen ejemplo de una manera efectiva de fomentar la
participación, implicación y concienciación de entidades locales de los sectores agroforestal, turismo y pesca en la adaptación al cambio climático.
Tras esta primera toma de contacto, la siguiente mesa
consistió en la exposición de una serie de prácticas agrarias para la
mitigación y adaptación al cambio climático. En primer lugar, un representante
del Departamento de Producción Agraria de la Universidad Politécnica de Madrid
expuso diversas técnicas del cultivo tradicional. Seguidamente (en mi opinión
los minutos más interesantes de la sesión), se dieron a conocer diversos
Proyectos LIFE por sus propios representantes (coordinadores, investigadores o
responsables), tales como Operation CO2 (+ info), Regenfarming (+ info), Climagri (+ info), SOSTRICE (+ info) y AgriClimateChange (+ info).
Por último, y para fomentar diálogo y debate, tres
agricultores españoles hablaron de su amplia experiencia en llevar a la
realidad las técnicas expuestas anteriormente y tras años de trabajo basado en técnicas de laboreo. Destacaron el comienzo, el cambio de prácticas y técnicas
(en definitiva, el cambio de “chip”) como un proceso lento y duro, sobre todo
de cara a la polémica que desataron en su día entre los profesionales del
sector. Sin embargo, han expuesto con claridad, gran seguridad e incluso
cifras, los resultados de la agricultura de conservación, muy positivos en cuanto a conservación, buen estado de “sus” suelos y productividad, la cual, lejos
de disminuir, aumentó considerablemente tras el cambio. Además, han reflexionado
sobre temas vitales: la toma de conciencia del agricultor como gestor temporal
del suelo (no como dueño de él) y la importancia del conocimiento de las
consecuencias de las técnicas utilizadas para trabajarlo y sacarle el máximo rendimiento,
de cara a evitar “tirar piedras sobre nuestro propio tejado”.
13 dic 2016
ESF EN REDE: EIMA-CONAMA 2016. AUGA
Estímase que en
2050 máis da metade das cuncas hidrográficas do planeta sufrirán estrés hídrico,
240 millones de personas seguirán sen acceso a auga potable e 1400
millones sen acceso ao saneamento básico. O reto está na organización e planificación entre comunidades e estados, dende
unha visión inclusiva e non extractiva da xestión da auga. Esta foi unha das
principais debilidades identificadas: a coordinación entre comunidades,
entidades e organismos xestores, é dicir, unha adecuada gobernanza da auga. As
consecuencias son a falta de planificación real, a baixa eficiencia na xestión
e finalmente na falta de accesibilidade da poboación á auga potable. A
oportunidade, por tanto, estaría en conseguir entender a necesidade da
adaptación das sociedades ao territorio e non o territorio ás sociedades, así
como en ampliar o coñecemento do recurso e do estado do mesmo, necesariamente
no actual paradigma de cambio climático.
![]() |
Fonte: http://www.eltiempo.com/ |
![]() |
Fonte: http://www.eltiempo.com/ |
Paradoxicamente,
aínda sendo un territorio con abundante auga, aló menos durante parte do
ano, as secas son cada vez máis
frecuentes. Cambio climático e gobernanza real son os principais retos na
xestión da auga no futuro próximo, non só en Colombia.
9 dic 2016
II Xornadas de bioconstrución en Vigo - Visitas técnicas
O sábado 22 de Outubro, como estupendo complemento ás Xornadas de bioconstrución en Vigo, tiveron lugar as visitas técnicas, que comezaron no mesmo Instituto Politécnico coa explicación por parte de Juan Bello da exposición de materiais de bioconstrución.
Distintos illantes e materiais construtivos a base de materias primas naturais: madeira, corcho, la, fibras vexetais...
Xeso e mostras de minerais que aportan tinturas naturais:
Continuamos no Ecolectivo, onde ademais de mostrarnos diferentes instalacións de bioconstrución como un forno rocket/chileno ou un sistema de saneamento con biofiltros e de explicarnos "in situ" o concepto de permacultura, tivemos a oportunidade de xantar ao aire libre unha deliciosa comida vexetariana.
Moi recomendable a visita a este espazo do Ecolectivo, na parroquia de Sárdoma en Vigo. Un moi bo sabor de boca que de seguro nos levará a compartir de novo actividades con eles e elas.
Rematamos a xornada noutra parroquia de Vigo: a activa Valadares. Alí visitamos o espazo que o Centro Social e Cultural cedeu para a realización dun curso de Bioconstrución. Este curso, financiado pola Xunta de Galicia e dirixido a persoas en risco de exclusión social, foi solicitado especificamente pola propia veciñanza.
E tamén en Valadares estivemos no Alg-a Lab, unha edificación tradicional recuperada como laboratorio de creación artística e destinada a actividades culturais, nun de cuxos locais puidemos observar as distintas fases de construción de tabiques de barro e/ou palla.
II Xornadas de Bioconstrución en Vigo - Construción de banco de cob
Paralelamente ao ciclo de conferencias das II Xornadas de bioconstrución en Vigo, nesa primeira semana iniciouse o Obradoiro teórico-práctico de construción dun banco con técnica cob no recinto do Instituto Politécnico de Vigo.
Das primeiras sesións do Obradoiro, e mediante o traballo en grupos con posta en común final, saíu o deseño definitivo do banco que se ía construír.
E nas fotos móstrase parte do proceso de construción, que ocupou os catro fins de semana posteriores.
Desde a sobrecimentación con pedra e recheo con grava...
...ao levantamento da estrutura do respaldo con listóns de madeira.
Elaboración de cob coas súas proporcións adecuadas de area, arxila, auga e palla, para despois aplicalo no banco:
E os revoques e pinturas finais:
Co banco rematado, debemos agradecer ao Instituto Politécnico de Vigo a súa paciencia, dispoñibilidade e amabilidade por ter compartido as súas instalacións e servizos para este Obradoiro.
II Xornadas de bioconstrución con Espiga en Vigo
Este mes de novembro rematou o intenso programa das II Xornadas de Bioconstrución desenvolvidas xunto con Espiga en Vigo. Puido deste xeito dárselle continuidade ás Xornadas que se levaron a cabo na Coruña e, desta vez, nun espazo diferente á Universidade, pero tamén moi apropiado, como foi o IES Politécnico de Vigo. Así, aínda que entre o público asistente predominaban persoas de maior idade, con formación en arquitectura ou motivación persoal cara a bioconstrución como tecnoloxía acorde cun xeito de construír e de vivir máis sustentable, tamén asistiu alumnado do propio Instituto e doutros Centros de formación profesional da rama técnica de varios puntos de Galicia.
O ciclo de conferencias comezou o día 30 de setembro con unha xornada introdutoria protagonizada por Juan Bello, do CIFP Someso, probablemente o principal embaixador en Galicia da divulgación da bioconstrución e do aproveitamento das enerxías renovables na vida cotiá, convencido da importancia de introducir estas filosofías no modelo educativo. Ademais, o público participante tivo a oportunidade de degustar diferentes manxares preparados nas súas cociñas solares.
Na segunda semana de conferencias, adicada ás tecnoloxías apropiadas, contamos coa participación de CasaBío, Bambusa e Javier Ovejero, que nos falaron da construción con madeira, a construción con bambú e a construción con terra, respectivamente. O seu gran coñecemento destes materiais contribúe a desmontar algúns mitos respecto á súa "non adecuación" aos requirimentos estruturais e resistentes da construción actual. O comportamento da madeira ante o lume, por exemplo, é moito máis progresivo ca o doutros materiais, soportando ben entre 30 e 60 minutos sen que colapse a estrutura. A silvicultura orientada á produción de madeira, ben ordenada, ademais de resultar rendible, contribúe ao mantemento dos servizos ecosistémicos do bosque; en Lugo establecéronse os primeiros experimentos con castiñeiro en Galicia. En canto ao bambú, con unha forza máxima admisible case equiparable á do mesmo aceiro, cómpre resaltar que distintos ensaios verifican o seu cumprimento do Regulamento colombiano de construción sismorresistente. E da terra, en concreto da arxila como material máis apropiado para a construción polas súas propiedades eléctricas que contribúen á cohesión, destacouse a súa regulación da humidade, capacidade de transpiración, regulación térmica e ser, ademais, un material non alérxico. A mestura ideal sería o adobe, que está composto por un 85% de area, un 15% de arxila e fibra (en forma de esterco, palla, herba seca...)
Pechou a xornada a presentación da historia e desenvolvemento das instalacións do Centro de Formación e Educación Ambiental das Corcerizas, como exemplo vivo de que a bioconstrución e o uso de enerxías renovables, en harmonía co entorno, son conceptos posibles.
Na seguinte sesión de conferencias, baixo a temática da eficiencia enerxética, participou, en primeiro lugar, Casadobe, que nos falou do concepto de casa pasiva, aquela que consume menos de 15 kWh/m² de enerxía ao ano: un edificio de consumo enerxético case nulo é aquel no que é posible aportar a enerxía necesaria para calefacción e refrixeración simplemente a través da ventilación de confort, incidindo en tres elementos fundamentais: o illamento, as fiestras e a ventilación con recuperación de aire. Para saber máis, aquí a Guía do estándar Passivhaus. A continuación, Óscar Nogueira, de Galivoltaica e presidente de AGAEN (o Clúster Galego do Autoconsumo Enerxético), analizou na súa intervención o balance económico da subministración de enerxía eléctrica mediante tecnoloxía fotovoltaica no hipotético caso práctico dunha vivenda na área de Vigo. Atinxido xa o momento no que o desenvolvemento desta tecnoloxía permite a súa instalación con unha inversión asumible na maior parte dos casos, a regulación española non vai precisamente na liña de fomentar o autoconsumo, pois aínda que o termo fixo de potencia na factura eléctrica se duplicou en tan só 1 ano o custo de producir enerxía eléctrica equipara ou mesmo penaliza o autoconsumo fronte a unha gran central. Finalmente, pechouse esta xornada coa conferencia de David Camiños, que nos falou das utilidades da domótica na bioconstrución.
O ciclo de conferencias pechouse o día 20 de outubro coa xornada adicada á construción saudable. Desde Bioconstruir, Xulio Fernández falounos da influencia das radiacións electromagnéticas, a falta de transpirabilidade e os materiais e aditivos químicos ou tóxicos nas enfermidades asociadas ao hábitat. De aí a importancia da xeobioloxía (análise das fallas, fluxos de auga e radiacións existentes no terreo) á hora de deseñar a configuración dunha vivenda, e da elección de materiais naturais e acordes coa nosa bioloxía; destacou como curiosidade o caso da cal, un material que xera emisións durante o proceso de cocción pero que son absorbidas posteriormente na fase de carbonatación. Pola súa parte, Cruz Iglesias, catedrática da Universidade da Coruña, ofreceu unha didáctica conferencia sobre as magníficas propiedades dos revoques de barro: excelentes reguladores das condicións de confort higrotérmico e con gran capacidade de deformación, o que resulta nun material ideal para acabados exteriores. Por outro lado, durante a presentación da súa Guía para determinar se a madeira construtiva precisa dun tratamento protector, cabe destacar a condición de pinus pinaster e castanea sativa como especies de moi alta durabilidade natural fronte aos fungos. Rematou a xornada coa divertida intervención do Pintor de Quins, un mestre do oficio que tras sufrir unha seria enfermidade respiratoria converteuse nun embaixador do uso das pinturas, vernices, disolventes e secantes procedentes de materias primas vexetais e minerais.
O ciclo de conferencias combinouse cun Obradoiro de construción dun banco de cob e con unha exposición de materiais de bioconstrución no mesmo Instituto Politécnico.

5 dic 2016
ESF EN REDE: CONAMA 2016. INFRAESTRUTURAS VERDES
Entre o 28 e o 1
de decembro celebrouse en Madrid a XIII
edición do CONAMA, o congreso español de medioambiente de maior traxectoria no
país. A programación do congreso dividiuse en 9 eixos: enerxía, eficiencia e
cambio climático, mobilidade, renovación urbana, desenvolvemento rural,
biodiversidade, auga, calidade ambiental, residuos e economía e sociedade1.

1 Para máis info, consultala web do congreso.
2 O ano pasado publicouse a Lei 33/2015, de 21 de setembro, pola que se
modifica a Lei 42/2007, de 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da
Biodiversidade, que lle dá de prazo 3 anos para que se aprobe a Estratexia
estatal de infraestrutura verde e da conectividade e restauración ecolóxica. Na lei non se define a infraestrutura
verde, só di para que serve. Máis info no MAPAMA
2 dic 2016
BOLETÍN OFICIAL ESFEIRO: decembro 2016
CONTIDOS
- Blogue de Vida Asociativa
- Blogue Honduras
- Enlaces de interese
- Publicacións en físico
- E no próximo mes ...
- A ESFrase do mes
BLOGUE DE VIDA
ASOCIATIVA
Novembro foi un mes con moitas actividades na asociación. Comenzamos con recomendacións, a do libro O pequeno é grande. A agricultura familiar como alternativa e as películas Noviembre e Carancho. Tamén temos a crónica da charla sobre "Miradas ecofeministas para transitar un mundo xusto e sostible" impartida por Yayo Herrero en Vigo. Ademais, anunciáronse distintos eventos que tiveron lugar en novembro, como as presentacións de ESF en Compostela e Lugo (con 6 novas persoas interesadas en colaborar en ESF), os faladoiros sobre electrónica ética e obsolescencia programada en Coruña e Vigo colaborando con Amigos da Terra, a Xuntanza da base social de ESF Galicia (facemos dúas ao ano) e a axenda das actividades que tiveron lugar na segunda quincena do mes. Tamén podes escoitar ao noso vogal de comunicación na Radio Galega falando sobre ESF e electrónica ética e disfrutar do relatorio e a comunicación sobre "Infraestructuras enerxéticas, muller e desenvolvemento
que a nosa compañeira Sonia presentou no congreso ArcaDia4. Remata o
mes Iria, participante no Programa de Coñecemento da Realidade 2016, que
ampliou a súa estancia en Nicaragua pola súa conta e nos conta a súa experiencia cunha admirable asociación de mulleres: As Venancias.BLOGUE HONDURAS
En Honduras
estase a traballar intensamente no peche de 3 proxectos que rematan a
finais de ano, dous dentro do noso programa de desenvolvemento rural (un
financiado pola Xunta de Galicia e outro pola Unión Europea), e outro
dentro programa de promoción do dereito á auga financiado pola Xunta. No
marco do programa de desenvolvemento rural continuamos colaborando coa
Misión Biolóxica de Galicia no programa de mellora participativa de sementes. Ademais, temos a boa noticia da concesión dun pequeno proxecto
dentro tamén do programa de desenvolvemento rural, financiado polo
Concello de Lugo, no que tivemos a dificultade de ter que executalo moi
rapidamente dado que o Concello resolveu o 15 de novembro e obligaban a
rematar e entregar a documentación xustificativa o 30 de novembro do
mesmo ano. Pensamos que non son boas prácticas na xestión dos cartos
públicos traballar con estes prazos e que podería terse resolto moito
antes. Esperamos que o ano que vén non volva pasar.
ENLACES DE INTERESE
Auga
- Documentos y ponencias Encuentro Ciudades por el Agua Pública
- La
ONU alerta de la "insostenible" situación del acceso al
agua potable
Comunicación para o (como) desenvolvemento
- De Biafra a Yemen: 50 años explicando el hambre igual (de mal)
- Angélica
Dass: la fotografía como herramienta de cambio contra la
discriminación
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
- La UE no cumplirá la Agenda 2030 si no da un giro a sus políticas
- El
paradigma donante-receptor: origen, muerte y
alternativas
Educación para o desenvolvemento
- ¿Qué piensa la Universidad del término ‘soberanía alimentaria’?
- "El
Buen Vivir como paradigma societal alternativo".
Dossieres Economistas Sen Fronteiras nº 23, Otoño 2016
Iniciativas
- #CoopsFor2030
- Sistema
participativo de garantía A Gavela
- Lichess.org (xadrez en liña en software libre)
- Co-Lab: Un laboratorio para construír cidade dende o colectivo
- El nuevo
C.S.O. (Comandancia de Obras), el Proxecto Cárcere y el
Laboratorio Cidadán Co-Lab como
infraestructuras/herramientas de producción social y
cultural
- Queremos Software Libre para las Administraciones Públicas
- Solidaridad
derecho humano
Investigación para o desenvolvemento
- Net Neutrality| The Debate Nobody Knows: Network Neutrality’s Neoliberal Roots and a Conundrum for Media Reform
- Un modelo a escala muestra como los manglares protegen la costa de la erosión de las olas
- El
'corta y pega' llega a los genes humanos (a
tecnoética será máis e máis importante...)
Mundo
- Italia difunde la tragedia argentina de los agroquímicos
- El boom del gas i del carbó a Moçambic: oportunitat o maledicció?
- Mini-documental. Tijuana Border Mex-USA: is not a matter of walls 2min 22seg
- Así
frenó una comunidad indígena los planes de la empresa
española Ecoener-Hidralia en Guatemala
- El
Gobierno polaco pretende aumentar el control sobre los
grupos de derechos humanos
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Por qué comprar un Fairphone no va a cambiar el Congo
- El
exceso de dominación se vuelve contra el dominador
- ¿Qué tiene que ver el impuesto al sol con las migraciones?
- La
economía social y solidaria se sigue abriendo hueco en
la agenda de los ayuntamientos
Sensibilización
- Kilovatios de sentido común, el lío de las renovables por Marta Flich
- Pobreza energética
- Queres
axudar ás persoas refuxiadas? Algunhas ideas
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Microsoft se une a la Linux Foundation
- Por
qué las mujeres dejaron de programar en 1984 (y todo
cambió)
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Bicimáquinas en Guatemala. Tecnologías para la autonomía y la soberanía campesina
- El poder de los algoritmos: cómo el software formatea la cultura
- Las
bragas que te harán olvidarte de compresas y tampones
son españolas
Voluntariado e Persoas
- Enganchadas al voluntariado
- "La
'robolución' es irreversible e indispensable"
- Este artista convierte armas en instrumentos musicales
- Chema Vera: Las ONG coherentes bajan al barro
- “La
gente feliz genera vínculos; la infeliz compra
compulsivamente”
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:
- Documental. Formación de mulleres como mestras e animadoras en Honavar (India). Con guía didáctica. Intered Galicia.
- El impacto del Prestige. Análisis y evaluación de los daños causados por el accidente del Prestige y dispositivos para la regeneración medioambiental y recuperación económica de Galicia.
- Resumen informe Alimentos kilométricos. Las emisiones de CO2 por la importación de alimentos al Estado Español. Amigos de la Tierra.
- De agricultor a consumidor: apoyo ciudadano a los
alimentos de producción local y sostenible. Amigos de la
Tierra Europa.
E
NO PRÓXIMO MES ...
- 1 de decembro: Día Mundial da Loita contra o SIDA
- 1 de decembro: VII Feira da Sustentabilidade da Oficina de Medio
Ambiente da Universidade da Coruña na Facultade de Dereito, onde
impartimos un faladoiro sobre electrónica ética con Amigos da Terra.
- 2 de decembro: Día Internacional para a Abolición da Escravitude (segue habendo moitos tipos dela...).
- 3 de decembro: Día internacional das Personas con Discapacidade
- 5 de decembro: Día Internacional do Voluntariado para o Desenvolvemento Económico e Social
- 5 de decembro: Día Mundial do Solo
- 9 de decembro: Día Internacional contra a Corrupción
- 9 de decembro: pecha o prazo para participar nos certames de fotografía e poesía de ESF Galicia
- 9 de decembro: Día Internacional para a Conmemoración e Dignificación das Víctimas do Crime de Xenocidio e para a Prevención dese Crime
- 10 de decembro: Día dos Dereitos Humanos
- 17 de decembro: Asemblea Xeral da Coordinadora Galega de ONGD
- 18 de decembro: Día Internacional do Migrante
- 19 de decembro: Día das Nacións Unidas para a Cooperación Sur-Sur
- 20 de decembro: Día Internacional da Solidariedade Humana
A ESF-RASE DO MES
Na última década, caracterizada por un masivo repunte da cantidade e a sofisticación do control de internete, os rexímenes autoritarios demostraron ser moi creativos á hora de reprimir a disidencia grazas a medios non necesariamente tecnolóxicos. Como tal, a maioría dos cortalumes que deben destruirse son de naturaleza máis social e política que tecnoloxica.Eugeny Morozov (do libro O desengano de internete).
28 nov 2016
LAS VENANCIAS
El
día 2 de noviembre llegué a la ciudad de Matagalpa (Nicaragua) con
la idea de ampliar mi estancia en Centroamérica por un mes y medio
más; se terminaba mi experiencia en Honduras como PCR y
Nicaragua me causaba curiosidad.
Claro
que antes de hacer el viaje hubo grandes dudas y miedos con respecto
a viajar sola y separarme de mis compañeros PCRs que durante el
tiempo en Honduras fueron un gran apoyo. Pero aprendí que
precisamente ante el miedo y la inseguridad hay que tomar este tipo de decisiones.
Unos
días antes contacté con un colectivo de mujeres conocido como Las
Venancias y allí me fui, a colaborar como voluntaria, sin saber en
ese momento muy bien qué iba a hacer ni en qué podría ayudar.
La
primera semana en el grupo fue intensa, adaptándome a su ritmo, que
no paran quietas y tienen una energía impresionante y contagiosa.
![]() |
Mujeres fundadoras del Grupo Venancia |
Las
Venancias nacieron en Matagalpa en el año 1991 y desde
entonces llevan trabajando para que la sociedad respete la voz, las
decisiones, los cuerpos y la vida de las mujeres. Conocidas también
como Grupo Venancia, su nombre viene de María Venancia
Aguilar que fue una líder sindicalista campesina perteneciente
al grupo de mujeres de El Cuá, perseguidas y reprimidas por la
dictadura somocista antes del triunfo de la Revolución.
El
grupo Venancia contribuye a desarrollar el Movimiento de Mujeres
en Nicaragua, un movimiento amplio y diverso compuesto por
mujeres apropiadas de sus derechos y con argumentos para defenderlos. Forma parte también de la Red de Matagalpa, de la Red de Mujeres del Norte y de la Red contra la Violencia, todas ellas continuamente activas en la defensa de nuestros derechos.
Desarrollan
acciones para el cambio, individuales y colectivas, tanto en
comunidades como en ciudades, mediante propuestas diversas. Es muy difícil relatar todo lo que han hecho, pues es una larga lista pero quiero destacar algunas en las que he podido participar y otras que se han realizado otros años:
- Distintos talleres para fortalecer la autonomía y el crecimiento personal de mujeres en comunidades, tratando temas como "el amor romántico", "el placer como derecho humano", "métodos anticonceptivos" o "maternidad como opción y no como destino".
- Grupos terapeúticos con niñas y adolescentes y procesos de recuperación emocional.
- Concursos para promover producciones artísticas que visibilicen y promuevan ideas, actitudes y comportamientos positivos frente a la cultura machista y la violencia sexista.
- Foros con otros colectivos y redes.
- Talleres culturales con grupos de jóvenes, sobre teatro, fotografía, manejo de cámara, batucada, graffiti... como herramientas de sensibilización y generar conciencia crítica.
- Grupo de biodanza.
- Distintas campañas de sensibilización, como por ejemplo la campaña"De esto sí se habla”, para brindar información y análisis sobre sexualidad responsable y prevención de embarazos en adolescentes, sobre prevención de la violencia en el noviazgo y cómo vivir el amor en libertad.
- Curso de autodefensa feminista.
- Marchas reivindicativas por la defensa de los derechos de las mujeres, como la Marcha del Silencio el 11 de noviembre o el Carnaval Contra la Violencia Machista el 25 de noviembre.
Otra de las iniciativas que ha tenido el grupo es el Centro Cultural Guanuca. Es un espacio de encuentro, expresión y disfrute de diversas iniciativas culturales y artísticas en la ciudad de Matagalpa. Desde que estoy aquí, son varias las actuaciones y eventos que se han realizado y siempre se llena de gente de distintas edades y lugares que vienen a disfrutar de una noche distinta. Además, el recinto es un lugar precioso, con un patio que invita a quedarse y a disfrutar del arte con una cerveza en la mano, o con un jugo de tamarindo con chía, para gusto de cada una.
Merece la alegría aprender más del grupo así que a quienes por distancia no tienen la suerte de poder acercarse hasta aquí, les invito a conocerlas en sus enlaces web: http://grupovenancia.org/ facebook:https://www.facebook.com/centroculturalguanuca/
![]() |
Compañera bruja en el Carnaval Contra la Violencia Machista |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)